[go: up one dir, main page]

Un tribunal é un órgano da Administración de Xustiza, que en sentido propio se identifica cos órganos xurisdicionais pluripersoais, é dicir, os formados por varios xuíces, actuando de xeito colexiado.

Sede do Tribunal Supremo de Cabo Verde en Praia.

Funcionamento e características

editar

A expresión tribunal pode ser utilizada en sentido amplo para comprender calquera órgano xudicial, tanto os tribunais propiamente ditos como os orgános xurisdicionais unipersoais ou xulgados. Neste sentido é utilizada a palabra nalgunhas leis e tamén en expresións como "levalo aos tribunais". Por extensión, tamén se denomina tribunal ao conxunto de persoas reunidas para xulgar exames e concursos ou para outorgar premios.

 
Procesión dos xuíces do Tribunal Supremo de Sheychelles.

Maxistrados

editar

Os xuíces que forman parte nos tribunais teñen a categoría de maxistrados. De ordinario son tres os maxistrados que forman tribunal para administrar xustiza, aínda que para determinados asuntos e sempre en instancias superiores, incluída a constitucional, o número é maior, dependendo do ámbito xurídico do que estemos a falar, pero sempre en número impar, para evitar empates nas votacións.

Na función de maxistrado dun tribunal cómpre destacar como roles específicos o de presidente do tribunal e o de relator. O cargo de presidente ten vocación de permanencia e accédese a el a través de concurso ou outros mecanismos de provisión de postos de traballo; o presidente dirixe os debates nos xuízos e vistas públicas e ten funcións de carácter orgánico. En cambio, o relator desígnase para cada preito ou causa, a designación efectúase entre os compoñentes do tribunal segundo unha quenda preestablecida; o relator informa dos recursos interpostos contra as decisións do tribunal e propón e redacta os autos e sentenzas.

Administración galega

editar
 
Entrada principal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Administración de xustiza galega está integrada por cinco tribunais xurisdicionais: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e as catro audiencias provinciais.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar