Silleda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2022 tiña 8.860 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Silleda | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.876 (2023) (52,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 169 km² | ||||
Altitude | 524 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Paula Fernández Pena (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Silleda | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36540 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36052 | ||||
Sitio web | silleda.gal | ||||
En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.
Xeografía
editarSituación
editarSilleda localízase preto do centro xeográfico de Galicia, no norte da provincia de Pontevedra. Os seus 169 km² están delimitados pola Serra do Candán e o San Sebastián de Meda, que o separan polo oeste e sur dos concellos de Forcarei e A Estrada; o río Ulla polo noroeste, que separa Silleda de Boqueixón; e o río Deza, que fai de linde con Vila de Cruces polo norte e Lalín ao leste. Foi este último río o que lle dá ás terras de Silleda o nome de Trasdeza.
Hidrografía
editarAdministración
editarO seu territorio repártese en 33 parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar San Martiño, patrón de seis parroquias, Santa María, con cinco, San Miguel con catro e San Salvador con tres. Como dato curioso, é necesario sinalar que, aínda que a práctica totalidade das parroquias pertencen á diocese de Lugo, as de Cira e Dornelas pertencen á arquidiocese de Santiago.
Accesos
editarEste concello está atravesado pola estrada N-525, que une Ourense con Santiago de Compostela, situándose a capital municipal a 40 km de Compostela; e pola autoestrada central galega, que tamén une as devanditas cidades. Conta con dous enlaces a esta última.
No tocante ao transporte por tren, por Silleda discorren dúas vías do ferrocarril: a primeira, inaugurada en 1958, unía Ourense e Santiago dentro da liña Zamora - A Coruña; e a segunda, inaugurada no 2011, trátase da liña de alta velocidade entre as mencionadas cidades galegas.
Demografía
editarCenso total | 8.687 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.068 (12.3 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.237 (60.29 %) |
Maiores de 65 anos | 2.382 (27.42 %) |
Evolución da poboación de Silleda Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
11.483 | 12.532 | 13.490 | 9.980 | 9.089 | 9.248 | 9.199 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Principais núcleos por habitantes do concello:
|
Parroquias do concello máis poboadas:
|
Variación da poboación entre a ano 2000 e o 2011 das 33 parroquias que compoñen o concello:
|
|
Historia
editarA denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.
No século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto, como denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.
A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta xurisdición eran vinte e cinco das actuais parroquias; as demais pertencían ás xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo; a de Parada, antes parroquia, á xurisdición de Deza e a de Refoxos ao Couto de Acibeiro.
No actual territorio do concello houbo, a principios do século XIX, oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecéndose, desde aquel momento, unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou en 1853 ao adoptarse como nome definitivo o de Silleda.
Cultura
editarPatrimonio
editarPatrimonio histórico, artístico e natural
editarNa parroquia de Abades atópanse:
- O Santuario da Nosa Señora dos Remedios, templo neoclásico do século XVIII, de grandes proporcións construído seguindo os planos de Melchor de Ricoi.
- A igrexa parroquial de Santa María, templo románico do século XII.
- A Chousa Nova, dolmen escavado durante as obras da liña do AVE Ourense-Santiago e reconstruído e considerado o dolmen máis antigo de Galiza.
- A Estación da Bandeira, con parada de trens da liña Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Ansemil:
- A igrexa de San Pedro de Ansemil, templo románico que formaba parte dun mosteiro medieval.
Na parroquia de Breixa:
- A Igrexa de Santiago de Breixa, templo románico.
Na parroquia de Carboeiro:
- Ao pé do río Deza, atópase o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais.
- Cruzando o Deza a carón do mosteiro, a Ponte do Demo.
Na parroquia do Castro:
- A igrexa de San Mamede, templo románico medieval.
- A Copa do Castro, asentamento castrexo.
- A Estación de Silleda, na liña do ferrocarril Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Cira:
- A Fortaleza de Cira, construción medieval.
- O Pazo de Paizás, casa señorial do século XVIII.
Na parroquia de Dornelas:
- A igrexa de San Martiño, construída no século XII.
Na parroquia de Escuadro:
- A Igrexa de San Salvador de Escuadro, templo románico do século XII
- O Pazo de Cascaxide, casa señorial do século XVIII. É de propiedade privada.
Na parroquia de Fiestras:
- A Igrexa de San Martiño de Fiestras, do século XII.
Na parroquia de Graba:
- O Coto do Castelo, restos dunha antiga construción.
- Outeiro Verde, monte compartido coa parroquia de Aciveiro (Forcarei)
Na parroquia de Pazos:
- A Fervenza do Toxa, salto deste afluente do Deza, considerado o máis alto de Galiza.
Na parroquia de Ponte:
- A Igrexa de San Miguel de Ponte, templo dos séculos XIX e XX.
- A Ponte do Pozo Negro, que cruza o Deza cara San Pedro de Losón (Vila de Cruces).
Na parroquia de Siador:
- O Pazo de Sestelo, casa señorial do século XVI.
Na parroquia de Silleda:
- O Pazo de Trasfontao, casa señorial do século XVIII.
- O Castro de Toiriz, sitio arqueolóxico da Idade de Ferro.
Na parroquia de Taboada:
- A Igrexa de Santiago de Taboada, templo románico.
- A Ponte Taboada, construción do século X.
- A Estación da Ponte Taboada, na liña férrea Zamora-A Coruña.
Na parroquia de Xestoso:
- As Brañas de Xestoso, espazo natural LIC, dentro da que se atopa a Lagoa Sacra.
Patrimonio cultural
editarActualmente, existen dúas agrupacións bandísticas, a Banda Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, aínda que tamén existiron outro par, a Banda de música de Cira, que esmoreceu na segunda metade do século XX, e a Banda de música de Lamela, que desapareceu na década de 1910.
Etnografía
editarFestas e celebracións
editar- En Abades celébrase a festa da rosquilla.
- En Piñeiro ten lugar a festa da carne ó Caldeiro.
No mes de xullo:
- En Silleda celébrase a festa do lacón.
- En Cortegada celébrase a festa da paella.
No mes de agosto:
- En Laro celébrase a romaría da tortilla.
- Na Bandeira celébrase a festa da empanada.
No mes de setembro:
- En Ponte celébrase a festa do chourizo ao viño.
E no mes de outubro:
- En Breixa celébrase a festa da castaña.
Ademais, o derradeiro domingo do mes de xuño, o contorno do Santuario da Virxe da Saleta, en Siador acolle a Romaría do Rapaz. Tamén se celebra nesta mesma parroquia a romaría da Saleta, no mes de setembro, sendo o día máis importante o 19 de dito mes. Na parroquia de Escuadro, celébrase a romaría de santa Isabel o día 2 de xullo e o domingo seguinte.
Silleda na literatura popular
editar- Nosa Señora de Abades/ ¿qué lle dás ós teus romeiros?/ Agoiña da miña fonte,/ sombra dos meus castiñeiros [1].
Economía local
editarO motor principal da economía trasdezá son as industrias do sector primario, secundario e terciario vinculadas ao sector agropecuario. Sector que, se ben segue a manter no Concello unha intensa actividade, debido as súas numerosas crises afectou a moitos pequenos gandeiros. Isto pode explicar o decrecemento demográfico do Concello nas últimas décadas, pois, aínda que a vila de Silleda medrou en poboación, no total do Concello, maioritariamente rural, a poboación total descendeu ata os albores do século XXI, cando se rachou con esta tendencia negativa, coincidindo coa construción da autoestrada Santiago-Ourense e posteriormente do mesmo tramo Santiago-Ourense do ferrocarril de alta velocidade (AVE) que supuxeron unha activación da economía do Concello. En parte por isto e pola auxe do sector inmobiliario, o Concello acolleu a nova poboación emigrante, principalmente dos países do Leste e Suramérica, o que permitiu esa ruptura da tendencia de decrecemento demográfico recuperando poboación moderadamente durante a primeira década do século XX.[Cómpre referencia]
As industrias metalúrxica, da construción ou da imprenta, entre outras, tamén forman parte da actividade económica do Concello xunto cos servizos, con pequenos comercios especialmente na vila de Silleda e da Bandeira. O polígono industrial situado preto da vila de Silleda recentemente empezou a estar ocupado por industrias e negocios.
Servizos públicos
editarEducación
editarNeste concello existen varios centros de ensino: o CEIP de Silleda, o CEIP da Bandeira e o IES Pintor Colmeiro, todos eles de carácter público; e o Colexio María Inmaculada, centro concertado. Ademais, a carón do CEIP da capital atópase a Escola Infantil "Galiña Azul".
Sanidade
editarO concello conta con dous centros médicos, un en cada núcleo urbano: Silleda e A Bandeira.
Política
editar- Artigo principal: Eleccións municipais en Silleda.
Tradicionalmente, o PPdeG obtiña folgadas maiorías absolutas neste Concello. No 2003 a maioría absoluta do PP xa non é tan folgada coma en lexislaturas anteriores ao ser conseguida por poucos votos e grazas tamén ao voto emigrante, que resultou decisivo. No 2007 o PP perde a Alcaldía, cando o PSdeG-PSOE empatou en escanos co PP. Foi entón cando o BNG co seu único escano apoiou a Paula Fernández, da lista do PSdeG-PSOE, como Alcaldesa. Porén, o BNG e PSdeG-PSOE non chegan a pactar en ningún intre un goberno de coalición e Paula Fernández Pena formará un goberno sen maioría absoluta dende o comezo da lexislatura. Pese a isto, e aos conflitos que se manifestan entre membros da propia lista do PSdeG-PSOE dende os seus inicios, nos dous primeiros anos Paula Fernández Pena e o seu reducido equipo de goberno conseguen gobernar sen grandes atrancos, contando, xeralmente, co apoio da concelleira do BNG nas votacións dos plenos e cos apoios dos membros do PSdeG-PSOE que van ficando fóra do goberno por se autoexcluír (caso de Javier Cuíña e Ofelia Rey Recimil) ou por seren excluídos pola propia Alcaldesa (caso de Lázara). Esta estabilidade comeza a crebar cando o bipartito perde as eleccións no 2009 e Núñez Feijóo é proclamado Presidente da Xunta. É aí cando os membros da lista electa do PSdeG-PSOE -que agás Gerardo Lázara (o único que non se presenta en dita lista como "independente"), está composta por xente que se incorpora nova á política ou que vén do CIS (partido local que nace dunha escisión do PP e que no 2003 obtivera 3 concelleiros)- Javier Cuíña (líder do antigo CIS) e Ofelia Rey empezan a facer oposición e pactar co PP local, baixo a intervención de Rafael Louzán, unha moción de censura para tombar o goberno de Paula Fernández Pena[2].
Así, foi en outubro do ano 2009 cando o Partido Popular, xunto con 2 tránsfugas do PSOE presentou unha moción de censura para derrocar ao goberno da Alcaldesa Paula Fernández Pena. Este acto contou coa oposición de gran parte da veciñanza. Isto levou á recollida de sinaturas e unha manifestación multitudinaria e unha concentración de apoio a Paula Fernández. O 19 de outubro,Ofelia Rey Recimil, concelleira electa nas listas do PSdeG, converteuse na alcaldesa de Silleda co apoio do outro edil trásfuga do PSOE e de 5 edís elixidos nas listas do PP[3].
Nas eleccións municipais de maio de 2011, o PSOE recupera a alcaldía, repetíndose a repartición de escanos das anteriores eleccións[4] e Paula Fernández convértese de novo en alcaldesa, co apoio do edil do BNG, Matías Rodríguez da Torre[5]. En xullo de 2013 Paula Fernández abandona a alcaldía tras resultar designada senadora pola Comunidade Autónoma, e o pleno elixe alcalde a Manuel Cuíña Fernández[6], que repite no cargo tralos comicios do 2015, obtendo maioría absoluta[7].
|
|
|
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Silleda.
-
Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro
-
Canzorro, San Pedro de Ansemil
-
Semana Verde de Galicia 2010.
Parroquias
editarLugares de Silleda
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Silleda vexa: Lugares de Silleda.
Notas
editar- ↑ Santa María de Abades é parroquia do concello de Silleda.
- ↑ Cinco ediles de Silleda se van del PP y apoyan la moción de censura en El Mundo (06/10/2009) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ Tránsfugas populares y del PSOE desalojan a la alcaldesa socialista de Silleda en El Correo (20/10/2009) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ Fernández Pena será alcaldesa de Silleda tras imponerse al PP de Pin por 285 votos en Faro de Vigo (23/05/2011) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ La alcaldesa de Silleda expulsa al único edil del Bloque y se queda en minoría en La Opinión (19/03/2013) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ Manuel Cuíña, a quien reprobó la corporación, fue investido ayer como nuevo alcalde de Silleda en La Voz de Galicia (20/07/2013) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 24/11/2016).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silleda |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Turismo Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- Páxina oficial do Concello