Manduas, Silleda
San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), 89 máis ca en 1999. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 1127 habitantes (563 homes e 564 mulleres). Ten 16 entidades de poboación.
Manduas | |
---|---|
Igrexa de San Tirso de Manduas. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′13″N 8°16′25″O / 42.73697816, -8.27348376 |
Poboación | 1127 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Topónimo
editarSegundo o filólogo Joseph-Maria Piel o topónimo procede do latín AMANDOLA ("améndoa"), que derivou a Mándolas durante o período suevo (século VI)[3].
Historia e patrimonio
editarA súa igrexa parroquial foi reconstruída na década de 1930, mantendo a porta románica da orixinal. Ten a portada cara ao leste. Hai tres cruceiros no camposanto, no campo da feira e no lugar de Quintela.
A Casa da Viña, onde naceu en 1914 o político e escritor Ramón de Valenzuela, é un pazo con escudo con armas dos Gil, Taboada e Luaces, e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antón. Tamén nesta parroquia naceron o gaiteiro Manuel Dopazo Gontade, o tenor José Vales Mahía, o mestre Víctor Fraiz Villanueva, os alcaldes de Silleda Casimiro Fernández Otero e Manuel Cuíña Fernández e o compositor Sergio Rodríguez Pena.
Destaca o núcleo da Bandeira, nacido ao pé do camiño real a Santiago de Compostela. O seu nome provén do estandarte ou bandeira que tiña unha casa forte no lugar do Fortín e arredor da cal se comezou a celebrar unha feira, que actualmente ten lugar os días 14 e 29 de cada mes.
En 1909 fundouse en Bos Aires a Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, que construíu a antiga escola, hoxe convertida no Centro Cultural Vista Alegre. En 1982, neste lugar fundouse a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.
Festas
editarNa vila da Bandeira celébrase a festa da empanada da Bandeira.
Galería de imaxes
editar-
Portada da igrexa de Manduas.
-
Capitel dereito na portada da igrexa.
-
Capitel esquerdo na portada da igrexa.
-
Relevos á dereita da portada da igrexa.
-
Relevos á esquerda da portada da igrexa.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Piel, J.-M. (1975). "Mánduas: um problema de toponimia histórica galega". Grial (48): 227–230.
Lugares e parroquias
editarLugares de Manduas
editarLugares da parroquia de Manduas no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Andamollo | A Bandeira | Bravil | A Calzada | O Castro | Crestelle | A Devesa | Ferrozos | Letros | Lourás | Medelo | A Moa | Outeiro | Quintela | San Tirso | Vilaverde | A Viña |