O Castro, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Castro.
San Mamede do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 105 habitantes (49 homes e 56 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.
O Castro | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′49″N 8°15′16″O / 42.73039869, -8.25440701 |
Poboación | 105 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia atópase o asentamento castrexo da Copa do Castro, ao pé do cal está a igrexa de San Mamede, así como a Estación de Silleda.
Galería de imaxes
editar-
Portada da igrexa do Castro.
-
Porta setentrional da igrexa do Castro.
-
Canzorros da igrexa do Castro.
Lugares e parroquias
editarLugares do Castro
editarLugares da parroquia do Castro no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Agriño | O Coto | Lázara | O Outeriño | O Regueiro | O Tellado | Vilavella |