19 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 19 de novembro é o 323º día do ano no Calendario Gregoriano e o 324º nos anos bisestos. Quedan 42 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 1493 - no mar Caribe, Cristovo Colón ―na súa segunda viaxe― desembarca nunha illa que avistou o día anterior. Bautízaa San Xoán Bautista, pero máis tarde será chamada Porto Rico.
- 1895 - O estadounidense Frederick E Blaisdell patenta o lapis.
- 1819 - Inaugúrase o Museo do Prado.
- 1918 - 1ª gravación do Himno Galego.
- 1942 - Batalla de Stalingrado: forzas do xeneral Zukhov contra-atacan ás forzas alemás, revertendo a vantaxe para os soviéticos, na segunda guerra mundial.
- 1968 - Malí: derrocamento do goberno de Modibo Keita por un golpe militar.
- 1990 - Carta de París pon fin ao enfrontamento entre os bloques da OTAN e do Pacto de Varsovia.
- 2002 - Afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas de Galiza.
Nacementos
editar- 1824 - Benito Losada Astray, médico, militar e escritor galego (m. 1891).
- 1831 - James Abram Garfield, presidente dos Estados Unidos (m. 1881).
- 1833 - Wilhelm Dilthey, filósofo alemán (m. 1911).
- 1875 - Mikail Kalinin, líder bolxevique (m. 1946).
- 1887 - James Batcheller Sumner, químico e bioquímico estadounidense (m. 1955).
- 1913 - Ataúlfo Argenta, director de orquestra (m. 1958).
- 1917 - Indira Gāndhi, primeira ministra da India (m. 1984).
- 1919 - Gillo Pontecorvo, cineasta italiano (m. 2006).
- 1920 - Manuel Suárez-Pumariega Molezún, atleta e pintor galego (m. 2001).
- 1933 - Larry King, escritor, xornalista e locutor estadounidense.
- 1934 - Dino Pacio Lindín, profesor e escritor galego.
- 1961 - Meg Ryan, actriz estadounidense.
- 1962 - Uxía Senlle, cantante galega.
- 1962 - Jodie Foster, actriz e directora de cine estadounidense.
- 1964 - Petr Nečas, político checo.
- 1970 - Justin Chancellor, músico inglés.
- 1975 - Ezequiel Mosquera, ciclista galego.
Mortes
editar- 1828 - Franz Schubert, compositor clásico austríaco.
- 1850 - Richard Mentor Johnson, político dos Estados Unidos (n. 1780).
- 1886 - José María Posada Pereira, escritor bilingüe galego, fundador do xornal Faro de Vigo (n. 1817).
- 1929 - Torleiv Hannaas, filólogo noruegués (n. 1874).
- 1936 - Mercedes Romero Abella mestra republicana galega (n. 1907).
- 1967 - João Guimarães Rosa, escritor brasileiro (n. 1908).
- 1982 - Erving Goffman, sociólogo canadense (n. 1922).
- 1993 - Kenneth Burke, filósofo e teórico da literatura norteamericano (n. 1895).
- 1998 - Alan J. Pakula, director de cine estadounidense (n. 1928).
- 2000 - Sebastiana Vitales Gascón, militante libertaria española (n. 1902).
Festas e celebracións
editar- Día Mundial da Hixiene
- Día Mundial do Retrete [1]
- Día Internacional da Muller Emprendedora [2]
Outros
editar- Santoral: San Fausto.