[go: up one dir, main page]

San Miguel de Castro, A Estrada

parroquia civil do concello da Estrada

San Miguel de Castro é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2022 tiña 254 habitantes (125 mulleres e 129 homes).[2] Limita coas parroquias veciñas de Arnois e Oca, tamén limita con Santa Baia de Cira (Silleda). A parroquia posúe 13 núcleos de poboación.

San Miguel de Castro
Igrexa de San Miguel de Castro
ConcelloA Estrada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°46′52″N 8°22′43″O / 42.78119184, -8.37849628
Poboación254 hab. (2022)
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar
  • Cruceiro do cemiterio
  • Castro de San Miguel
  • Miradoiro do Coto de Castro
  • Igrexa de San Miguel de Castro, de orixe románica
  • Cruceiro en Carballeira
  • Muíños no regueiro do Castelo
  • Muíños de Lagos
  • Capela de nosa señora das Angustias
  • Camiño Real (Vía da Prata)
  • Hórrea de prado
  • Ruta de Sendeirismo (PR-G 196)
  • Serra da Bugalleira
  • Fontes parroquiais

Igrexa parroquial

editar

É de orixe románica, xa que se sabe que estaba en pé antes do 1115. Daquela época consérvase a planta rectangular, o arco triunfal e a ábasida rectangular, na que se sabe que, debaixo de grosas capas de cal, se atopan pinturas románicas[Cómpre referencia]. Nesta igrexa exíste o culto a san Miguel (o patrón), san Roque e A Nosa señora do Perpetuo Socorrro. Ademais na igrexa existen tallas de santos como san Xosé ou á Inmaculada Concepción de María.

A igrexa atópase no lugar de San Miguel, que recibe o nome do patrón. O via crucis da igrexa está rodeado do vello cemiterio, máis tarde engadíronse outros dous.

Capela da Nosa Señora das Angustias

editar
 
Capela da Nosa Señora das Angustias.

Antigamente localizada no lugar da Alberguería, e chamada capela de Santiago, foi un albergue de peregrinos. Máis tarde transladouse ao lugar do Seixo onde está situada actualmente. Nela dáse culto a santo Alberte, A Nosa Señora das Angustias e a san Franco.

O couto de Castro

editar

No lugar de Castro érguese un monte de case 300 metros de altura onde antigamente estivo localizado un castro. Non se conservan restos, pero é un dos mellores miradoiros da comarca, coas vistas do Pico Sacro e do val do Ulla.

Muíños

editar

Esta parroquia está atravesada por cinco regueiros principais, os cales contan con numerosos muíños como o de Louzao ou o de Reimóndez.

O camiño Real

editar

Tamén chamado Vía da Prata, provén do suroeste do país e entra á parroquia polo lugar da Carballeira, atravesando os lugares de Prado, o Seixo, Castro, e saíndo por Gundián, que xa pertence á Ulla, para encamiñarse a cruzar o río Ulla.

Hórrea de prado

editar

Situada no lugar de Prado, atópase unha hórrea (unha das únicas da bisbarra).

Festas parroquiais

editar
  • 22 de abril (ou domingo seguinte): A Nosa Señora das Angustias, avogosa das mulleres en parto.
  • 8 maio (ou domingo seguinte): Corpus Christi (Santísimo).
  • 25 de xullo: Festa do bolo preñado.
  • 7 de agosto: santo Alberte, avogoso da sorte do millo e da pataca.
  • 29 de setembro: san Miguel (o patrón).
  • 30 de setembro: Perpetuo Socorro e san Roque.

Orografía

editar

San Miguel de Castro está atravesada por unha cadea montañosa, derivada do Pico Sacro, con principais cumios o Couto de Castro (287 m), a 172 m unha pequena elevación onde a igrexa parroquial, e a serra da Bugalleira, con tres picos principais de 275, 268 e 273 metros de altitude. Tamén está no centro da parroquia, o monte maior con 317 m.

Centros sociais

editar

Os principais puntos de encontro que hai na parroquia están no lugar do Seixo, onde se atopa o campo da festa cun pequeno palco, e inmediata a antiga escola, e o teleclub, unha pista de petanca e un parque. Tamén existe un campo de fútbol. Así como a antiga casa reitoral onde a igrexa.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Miguel de Castro

editar
Lugares da parroquia de San Miguel de Castro no concello da Estrada (Pontevedra)

Adoufe | A Alberguería | A Burata | A Carballeira | Castro | Costenla | A Cova | Lagos | Ponte | Prado | San Miguel | O Seixo | A Silva

Parroquias da Estrada

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar