Orazo, A Estrada
parroquia civil do concello da Estrada
San Pedro de Orazo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 327 persoas (185 mulleres e 165 homes), distribuídos en 11 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 489 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 407 persoas.
Orazo | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Orazo. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′22″N 8°21′10″O / 42.73957887, -8.35282794 |
Poboación | 327 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Igrexa de San Pedro de Orazo, románica. A igrexa primitiva foi doada a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, quedando seis pedras de cantería con inscricións. De planta basilical, de tres naves e unha ábsida de planta cuadrangular. Os muros de separación das naves conservan case intacta a obra orixinal do século X.
- Casa de Ulloa.
- Hórreo de Baldarís.
- Cruceiro da igrexa.
Eventos
editarEn maio celébrase a festa de santa Lucía, e a finais de xuño celébrase san Pedro. En verán celébrase o festival Manguel Folk, e no mes de novembro lévanse a cabo unhas xornadas micolóxicas. Outros eventos celebrados cada ano son o entroido ou o magosto.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Pedro de Orazo.
-
Cruceiro de Orazo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Orazo
editarLugares da parroquia de Orazo no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Baldarís | Barro | Besteiros | Castrovite | Currelo | A Igrexa | Orosa | Pazos | O San Lois | Vendexa | Vilanova |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.