Ouzande, A Estrada
San Lourenzo de Ouzande é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 361 habitantes (182 mulleres e 179 homes), distribuídos en 6 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 521 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 223 persoas.
Ouzande | |
---|---|
Igrexa San Lourenzo de Ouzande. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′45″N 8°29′25″O / 42.67925, -8.4903333333333 |
Poboación | 344 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA parroquia de Ouzande limita ao norte coa Estrada, ao sur coa Somoza, ao leste con Guimarei e, ao oeste, con Arcos de Furcos (Cuntis) e A Somoza.
Patrimonio
editarIgrexa de San Lourenzo de Ouzande, construída no século XII, a nave foi reedificada en 1781 desaparecendo a portada románica e a traza inicial desta parte da igrexa. Conserva do románico a ábsida semicircular cunha variada colección de canzorros. No testeiro da nave destaca sobre a ábsida outra fiestra en saeta e enriba como antefixa un Agnus Dei cunha cruz de oito puntas sobre o lombo.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Ouzande.
-
Canzorros.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ouzande
editarLugares da parroquia de Ouzande no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Alemparte | As Cachopas | O Castro | O Formigueiro | Penarada | O Redondo |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ouzande, A Estrada |
Bibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.