Santa Comba, Agolada
San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.
Santa Comba | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Santa Comba. | |
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°46′33″N 8°03′46″O / 42.77573, -8.06268 |
Área | 4,72 km² |
Poboación | 93 hab. (2013) |
Densidade | 19,7 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEn Santa Comba están os montes Candeiro e San Sadurniño e un pequeno outeiro denominado Monte do Castro con algúns restos da súa antiga fortificación.
Patrimonio
editarNas súas proximidades poden verse dúas mámoas. A igrexa parroquial foi construída no século XVIII.
A casa de Quintela ou dos Arias conserva a solaina, a capela e o hórreo, ademais dun escudo no que se adiviña unha torre, un león rampante e unhas barras. Foi fundada polo escribán Alonso de Lodeiro, que obtivo carta de fidalguía en 1568.
Festas
editarA festa principal e a do Ecce Homo.
Galería de imaxes
editar- Artigos principais: Galería de imaxes de Santa Comba, Agolada e Galería de imaxes de Agolada.
-
Cruceiro en Santa Comba.
-
Campo da festa de Santa Comba.
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa Comba
editarLugares da parroquia de Santa Comba no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
Astrar | Carral | Castro | Garlín | Quintela | Santa Comba | Santán | O Valadoiro |
Parroquias de Agolada
editar