Ramil, Agolada
San Martiño de Ramil é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 43 habitantes (27 mulleres e 16 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes. A parroquia é limítrofe coa homónima Ramil, Palas de Rei.
Ramil | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Ramil. | |
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°50′32″N 7°58′38″O / 42.84235124, -7.97725761 |
Área | 5,44 km² |
Poboación | 43 hab. (2013) |
Densidade | 7,9 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o militar Manuel Costa Varela.
Patrimonio
editarA igrexa de Ramil ten vestixios prerrománicos procedentes seguramente do templo primitivo (do que se advirten as súas ruínas preto do actual), incorporados ao ser erguida nos primeiros anos do século XII; aínda que ten tamén elementos gotizantes como os capiteis interiores. É de nave única, ábsida cadrada, fiestras abucinadas, portada de arco sobre columnas cun sobrio arco triunfal con dobre arquivolta.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Agolada.
-
Igrexa de San Martiño de Ramil.
-
Igrexa de San Martiño de Ramil.
-
Igrexa de San Martiño de Ramil.
-
As vinte e catro parroquias que conforman o concello de Agolada.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ramil
editarLugares da parroquia de Ramil no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Agolada
editar