[go: up one dir, main page]

República de Xénova

A Serenísima República de Xénova (en italiano Serenissima Repubblica di Genova) foi un estado independente creado pola cidade costeira de Xénova en 1096, situado en Liguria, na costa noroccidental da Península Itálica. Mantívose independente entre os séculos XI e finais do XVIII, até que en 1797 as tropas de Napoleón Bonaparte conquistaron o territorio, establecendo despois a República Ligur. Finalmente acabou sendo anexionada polo Reino de Sardeña, que acabou creando o Reino de Italia. Xunto a Amalfi, Venecia e Pisa era unha das catro repúblicas marítimas.

Modelo:Xeografía políticaRepública de Xénova

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°24′27″N 8°56′00″L / 44.4075, 8.9333
CapitalXénova Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua lígur
lingua latina
lingua italiana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1005 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución14 de xuño de 1797 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública Liguriana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoOligarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaXenovino Editar o valor en Wikidata

Goberno

editar
 
Xenovino a nome de Conrado II (1252-1268)

Desde a idade media estivo gobernada sucesivamente por cónsules, podestás ou capitáns do pobo. A república consular foi, substancialmente, democrática, mentres que a dos podestás e a dos capitáns do pobo retomou con violencia a relación, con frecuencia conflitiva, entre autoridade e liberdade.

No século XVI cambiou o seu goberno por un sistema de tipo oligárquico, con dogos perpetuos. Esta foi a época de maior esplendor.

Andrea Doria conseguiu pór de acordo as 250 familias máis poderosas da República, que tiveron como misión elixir o Consello Maior (Maggior Consiglio), que cada dous anos nomeaba aos dogos que representaban a República. Esta época foi rexida pola aristocracia.

Xénova foi un estado con clara vocación marítima e comercial, sendo un estado débil e dependente de inxerencias estranxeiras no plano político e militar. A vida política de Xénova estivo dominada por varias familias sen que o estado tivese un papel principal. Pese a que os principais logros foron económicos, tamén conseguiu unha expansión territorial polo Mediterráneo e o mar Negro, aínda que a maioría das veces se trataba tan só de establecementos puramente comerciais.

Historia

editar

A República ten o seu precedente nos privilexios dados á cidade polos reis de Italia Berengario II e Adalberto no ano 958, os primeiros que recibía un municipio italiano. Entre eles estaban a inmunidade do territorio da cidade, así como as posesións dos seus habitantes, co que a partir de entón os representantes da monarquía tiñan prohibida a entrada nas casas dos habitantes da cidade ou esixirlles aloxamento ou manutención durante as súas visitas oficiais.

Finalmente constituíuse en comuna independente a finais do século XI ou principios do XII.

As invasións árabes provocaron un declive do comercio en todas as cidades do arco costeiro entre Barcelona e Roma. Trala expansión árabe, Xénova tivo que limitar os seus intercambios comerciais aos logrados coa navegación costeira.

 
Territorio da república de Xénova no Mediterráneo oriental (1450).

Pisa e Xénova daquela non comerciaban con lugares afastados, e ansiaban o control da illas de Córsega e Sardeña, en poder dos musulmáns. Aínda que rivais, as dúas cidades aliáronse en 1016 para atacar as illas, o que propiciou unha expansión rápida do comercio de ambas as dúas cidades. A alianza con Pisa repetiuse en 1087, cando tomaron e saquearon Mahdya, apoderándose dun abundante botín.

A comezos do século XII Pisa era a primeira potencia económica e comercial do Mediterráneo Occidental, pero Xénova culminou con éxito unha serie de empresas coas que pasou a desbancar ao seu rival. Así, durante a primeira década do século logrou mediante triunfantes expedicións barrios nas cidades de Tortosa, Acre, Gibelot, Trípoli, Sidón, Beirut e Mamistra. Posteriormente fixo incursións a Bugía (1136), Almería (1146) e Tortosa en 1148. En 1155 consegue un barrio en Constantinopla, onde xa se estableceran os mercadores de Venecia e Pisa.

Durante a idade moderna a institución dos dogos mantívose con algunhas reformas. En 1797 Napoleón Bonaparte conquistou case todo o territorio ligur, implantando a República Ligur e facendo que pasase a depender do Imperio Francés desde 1805.

Trala caída de Napoleón I en 1815, o Congreso de Viena estableceu a anexión da República Ligur, e polo tanto da Liguria, ao Reino de Sardeña, gobernada pola casa real dos Savoia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar