Mar Negro
O mar Negro (en latín Pontus Euxinus, abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar situado entre a Europa Oriental e a Asia Occidental. Atópase encerrado entre os Balcáns, a estepa póntica, Crimea, o Cáucaso e a península de Anatolia. O estreito do Bósforo conéctao co pequeno mar de Mármara, e o estreito dos Dardanelos conecta ao mar anterior co mar Exeo, que é unha división do mar Mediterráneo. Tamén está conectado co mar de Azov,[1] situado ao nordés, polo estreito de Kerch. O mar Negro forma unha depresión elíptica cunha pendente de leste a oeste, e ten unha superficie de 436 400 km² (sen incluír o mar de Azov), unha profundidade máxima de 2212 m e un volume de 547 000 km³.[2][3][4] Os países ribeiregos do mar Negro son, empezando polo sur e en sentido horario, Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia (o Krai de Krasnodar, o Óblast de Rostov e Crimea), e Xeorxia. [5]
(bg) Черно море (uk) Чорне море (ro) Marea Neagră (tr) Karadeniz (ka) შავი ზღვა (ab) Амшын Еиқәа (grc) Εὔξενος Πόντος (el) Μαύρη Θάλασσα (la) Pontus Euxinus (ru) Чёрное море | ||||
Tipo | mar interior conca fluvial | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Negro | |||
Parte de | océano Atlántico Norte área do mar Mediterráneo | |||
Localización | ||||
País da cunca | Bulgaria, Xeorxia, Rusia, Romanía, Turquía e Ucraína | |||
| ||||
Comparte fronteira con | República Autónoma de Crimea Bulgaria | |||
Conéctase con | Mar de Mármara | |||
Composto por | ||||
Efluente do lago | Bósforo | |||
Características | ||||
Profundidade | 2.206 m | |||
Dimensións | 1.175 () km máximo: 600 () km | |||
Perímetro | 3.400 km | |||
Superficie | 436.402 km² | |||
Área importante para as aves | ||||
Dardanelos | ||||
Identificador | çanakkale-strait-iba-türkiye | |||
| ||||
Área importante para as aves | ||||
Bósforo | ||||
Identificador | bosphorus-iba-türkiye | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 547.000 km³ | |||
Está delimitado polos montes Pónticos ao sur e polas montañas do Cáucaso ao leste, e conta cunha ampla meseta ao nordés. A súa maior lonxitude de leste a oeste é de 1 175 km. Entre as cidades importantes das súas costas están: Batumi, Burgas, Constancia, Giresun, Hopa, Istambul, Kerch, Mangalia, Năvodari, Novorossiisk, Odesa, Ordu, Poti, Rize, Sinope, Samsun, Sebastopol, Sochi, Sozopol, Sukhumi, Trebisonda, Varna, Ialta e Zonguldak.
Existe unha saída neta de auga de 300 km³ ao ano a través do Bósforo e do estreito de Dardanelos cara ao mar Exeo, mentres que a auga do Mediterráneo discorre cara ao mar Negro como parte dun camiño de ida e volta de intercambio hidrolóxico. O fluxo que sae do mar Negro é máis frío e menos salino, e o fluxo que entra desde o Mediterráneo é máis cálido e salino, polo que este fluxo é o resultado dos cambios de densidade causados pola diferente salinidade, o que dá lugar a unha gran cantidade de auga anóxica a 150 m baixo a superficie, que teñen a particularidade de descompoñer os barcos afundidos fabricados en ferro pero non así os barcos de madeira.[6] O mar Negro tamén recibe auga do gran sistema fluvial de Eurasia polo norte do mar. Os ríos que lle achegan máis auga son o Danubio, o Dnister, o Dniéper e o Don.
Os niveis de auga deste mar variaron significativamente ao longo da historia. Debido a estas variacións do nivel da auga na conca, os límites actuais deste mar foron ás veces bancais xeolóxicas secas. Cando se dan determinados niveis de auga elevados é posible que o mar se conecte con outras augas próximas para estabilizarse. É a través dunha destas rutas de conexión máis activas, o estreito turco, onde este mar conéctase cos océanos do mundo. Cando esta ligazón hidrolóxica non está presente, o mar Negro transfórmase nunha conca endorreica que opera de forma independente do sistema global dos océanos, como é o caso do mar Caspio. O estreito turco conecta o mar Negro co Exeo, e abarca o Bósforo, o mar de Mármara e o estreito de Dardanelos.
Nome
editarNomes modernos
editarOs nomes actuais do mar adoitan ser equivalentes do nome galego "Mar Negro", incluídos os que se dan nos países ribeiregos:[7]
- abkhazo: Амшын Еиқәа, AFI: [ɑmʂɨn ɛjkʷʰɑ]
- adigueo: Хы шӏуцӏэ, AFI [xə ʃʷʼə.t͡sʼa]
- armenio: Սեւ ծով, AFI [sɛv t͡sɔv]
- azarí: Qara dəniz, AFI [kaˈɾa deniz]
- búlgaro: Черно море, AFI [ˈt͡ʃɛrno moˈrɛ]
- tártaro de Crimea: Къара денъиз AFI [qɑrɑ deŋiz]
- xeorxiano: შავი ზღვა, shavi zghva AFI [ˈʃavi zɣva]
- Laz e mingreliano: უჩა ზუღა, AFI [utʃä zuɣä], ou simplemente ზუღა, AFI: [zuɣä], "Mar"
- romanés: Marea Neagră, AFI [ˈmare̯a ˈne̯aɡrə]
- ruso: Чёрное мо́рe, AFI [ˈtɕornəjə ˈmorʲe]
- turco: Karadeniz, AFI [kaˈɾadeniz]
- ucraíno: Чорне море, AFI ˈ[tʃɔrne ˈmɔre]
Estes nomes non quedaron establecidos do todo ata o século XII, pero hai indicios de que poderían ser bastante máis antigos.[8] En Grecia, o nome histórico Ponto Euxino (Eύξεινος Πόντος, Eúxeinos Póntos), que significa «Mar Hospitalario/Acolledor», segue sendo usado amplamente.
Nomes históricos e etimoloxía
editarO nome máis antigo que se coñece do mar Negro é mar de Zalpa, chamado así tanto polos hattianos[9] e os seus conquistadores os hititas. A cidade hitita de Zalpa estaba "situada probablemente en ou preto do estuario do río Marrassantiya, o moderno Kızıl Irmak, na costa do Mar Negro".[10]
En xeral, acéptase que o nome principal grego Ponto Euxino é unha tradución da palabra iraniana *axšaina-. ("sombrío, gris, azul escuro").[8] Os antigos viaxeiros gregos adoptaron o nome como Á-xe(i)nos, identificado coa palabra grega áxeinos (hostil aos estranxeiros).[8], e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e navegables, foi designado como Pontos Euxeinos (de eu- "ben" e xeinos "estranxeiro") ou Pont-Euxin (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas.
E o nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o norte, o "azul" para o oeste, o "branco" para o sur e o "verde" para o leste. ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual). O nome Πόντος Ἄξεινος Póntos Áxeinos (Mar Inhóspito), testemuñado por primeira vez por Píndaro (c. 475 a.C.), considerábase un mal presaxio e se eufemizaba ao seu oposto, Εὔξεινος Πόντος. Eúxeinos Póntos (Mar Hospitalario), tamén testemuñado por primeira vez por Píndaro. Esta denominación converteuse na de uso común en grego, aínda que en contextos mitolóxicos seguiuse preferindo o nome "verdadeiro" Póntos Áxeinos.[8]
Na obra Geographika (1.2.10) Estrabón di que na antigüidade, o mar Negro era chamado a miúdo "O Mar" (ὁ πόντος, ho pontos).[11] Estrabón (7.3.6) cre que o mar Negro foi chamado "Inhóspito" antes da colonización grega porque era difícil de navegar e porque as súas costas estaban poboadas por tribos salvaxes. O nome foi cambiado polo de "Hospitalario" despois de que os milesios gregos colonizasen a costa sur, o Ponto, converténdoa en parte da civilización grega.[12]
A suposición popular fai derivar "Mar Negro" da cor escura da auga ou das condicións climáticas. Algúns estudosos entenden que o nome deriva dun sistema de simbolismo cromático que representa os puntos cardinales, co negro ou escuro para o norte, o vermello para o sur, o branco para o oeste e o verde ou azul claro para o leste.[13] Por iso é polo que "Mar Negro" significase "Mar do Norte". De acordo con este esquema, o nome só podería orixinarse cun pobo que vivía entre o norte (negro) e o sur (vermello)s: isto apunta á aqueménidas (550-330 aC).[13]
No Gran Bundahishn, unha escritura zoroastriana do persa medio, o Mar Negro chámase Siyābun.[14] No libro de xeografía persa do século X Hudud al-'Alam, o mar Negro chámao mar de Xeorxia (daryā-yi Gurz).[15] As Crónicas xeorxianas usan o nome zğua sperisa ზღუა სპერისა (Mar de Speri) en nome da tribo kartveliana de sapires ou saspiris.[16] Outros nomes modernos como Chyornoye more e Karadeniz (ambos significan Mar Negro) orixinouse durante o século XIII.[8] Un mapa de Asiae Nova Descriptio de 1570 do Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius etiqueta o mar como Mar Maggior (Mar Grande), comparao do latín mare major.[17]
Os escritores ingleses do século XVIII utilizaban a miúdo o termo Euxine Sea (/ˈjuːksɪn/ ou /ˈjuːkˌsaɪn/). Edward Gibbon, por exemplo, chamaba ao mar desta forma na súa obra The History of the Decline and Fall of the Roman Empire.[18] Durante o Imperio Otomán, chamábase Bahr-e Siyah ou Karadeniz, ambos significaban "Mar Negro" en turco otomán, e o primeiro consistía en lingua persoárabe .[19]
Xeografía
editarA Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Negro como segue:[20]
'No suroeste. O límite nordés do Mar de Mármara. [Unha liña que une o Cabo Rumili co Cabo Anatoli (41°13'N)]. No estreito de Kerch. [Unha liña que une os cabos Takil e Panaghia (45°02'N)].
A zona que rodea o mar Negro denomínase comunmente Rexión do Mar Negro. A súa parte setentrional atópase dentro do cinto de Chernozem (cinto de terra negra) que vai desde o leste de Croacia (Eslavonia), ao longo do río Danubio (norte de Serbia, norte de Bulgaria (Chaira Danubiana) e sur de Romanía (Chaira Valaquia)) ata o nordés de Ucraína e máis aló a través da Rexión Central da Terra Negra e o sur de Rusia ata Siberia.[21]
A zona litoral do mar Negro adoita denominarse litoral póntico ou zona póntica.[22]
As maiores baías do mar Negro son a baía de Karkinit en Ucraína; o golfo de Burgas en Bulgaria; as baías de Dnieprovski e Dniestrovski, ambas as dúas en Ucraína; as baías Sinop e Samsun, ambas as dúas en Turquía.[23]
Litoral e zonas económicas exclusivas
editarPaís | Lonxitude da costa (km)[23] | Zona económica exclusivas area (km2)[24] |
---|---|---|
Turquía | 1,329 | 172,484 |
Ucraína | 2,782 | 132,414 |
Rusia | 800 | 67,351 |
Bulgaria | 354 | 35,132 |
Xeorxia | 310 | 22,947 |
Romanía | 225 | 29,756 |
Total | 5,800 | 460,084 |
Conca de drenaxe
editarOs ríos máis grandes que desembocan no Mar Negro son:[23]
Estes ríos e os seus afluentes forman unha conca hidrográfica de 2 millón de km2 no Mar Negro que abarca total ou parcialmente 24 países: [25][26][27][28][29]
Illas
editarAlgunhas illas do mar Negro pertencen a Bulgaria, Romanía, Turquía e Ucraína:
- Illa de Santo Tomás - Bulgaria
- Illa de Santa Anastasia - Bulgaria
- Illa de San Cirico - Bulgaria
- Illa de San Iván - Bulgaria
- Illa de San Pedro - Bulgaria
- Illa Sacalinu Mare - Romanía
- Illa Sacalinu Mic - Romanía
- Misura / Novaya Zemliya - Romanía e Ucraína
- Illa de Utrish
- Illa de Krupinin
- Illa Sudiuk
- Illa Kefken
- Illa de Oreke
- Illa de Giresun - Turquía
- Illa de Dzharylgach - Ucraína
- Illa das Serpes - Ucraína
Clima
editarA variación climática a curto prazo na rexión do Mar Negro está moi influída polo funcionamento da oscilación do Atlántico Norte, os mecanismos climáticos resultantes da interacción entre o Atlántico norte e as masas de aire de latitudes medias.[30] Aínda que os mecanismos exactos que causan a Oscilación do Atlántico Norte seguen sen estar claros,[31] crese que as condicións climáticas establecidas en Europa occidental median nos fluxos de calor e precipitacións que chegan a Europa central e Eurasia, regulando a formación de ciclóns invernais, responsables en gran medida das achegas rexionais de precipitacións.[32] e inflúen nas temperaturas da superficie do mar Mediterráneo (SST). [33]
A forza relativa destes sistemas tamén limita a cantidade de aire frío procedente das rexións setentrionais durante o inverno.[34] Outros factores que inflúen son a topografía rexional, xa que as depresións e os sistemas tormentosos que chegan do mar Mediterráneo canalízanse a través das terras baixas que rodean o Bósforo, e as cordilleiras Pónticas e Cáucaso actúan como guías de ondas, limitando a velocidade e a traxectoria dos ciclóns que atravesan a rexión.[35]
Xeoloxía e batimetría
editarO mar Negro está dividido en dúas concas deposicionais -o mar Negro occidental e o mar Negro oriental- separadas polo Alto Medio do mar Negro, que inclúe a Dorsal de Andrusov, o Alto de Tetyaev e o Alto de Archangelsky, que se estenden cara ao sur desde a Península de Crimea. A conca inclúe dúas concas de arco traseiro (do inglés, back-arc basins) concas distintas que se iniciaron pola escisión dun arco volcánico durante o albiense e a subdución dos océanos Paleo- e Neo-Tetis, pero a cronoloxía destes acontecementos segue sendo incerta. O vulcanismo e a extensión do arco producíronse a medida que o océano Neo-Tetis subduciase baixo a marxe meridional de Laurasia durante o Mesozoico. O levantamento e a deformación compresiva producíronse a medida que o Neo-Tetis continuaba pechándose. Os estudos sísmicos indican que o rifting comezou no mar Negro occidental no Barremiano e no Aptiano, seguido da formación de cortiza oceánica 20 millóns de anos máis tarde, no Santoniano.[36][37][38] Desde o seu inicio, os ambientes tectónicos compresivos provocaron afundimentos na conca, intercalados con fases extensionais que deron lugar a vulcanismo a gran escala e numerosas oroxenias, causando o levantamento das cordilleiras do Gran Cáucaso e Montes Pónticos, no sur da Península de Crimea e nos Balcáns.[39]
Durante a crise de salinidade do Messiniense no veciño mar Mediterráneo, o nivel das augas descendeu pero sen chegar a secar o mar.[40] A colisión entre as placas eurasiática e africana e o escape cara ao oeste do bloque da placa de Anatolia ao longo das fállas de Anatolia do Norte e Anatolia do Leste dita o réxime tectónico actual, [39] que se caracteriza por unha maior subsidencia na conca do mar Negro e unha importante actividade volcánica na rexión de Anatolia.[41] A longo prazo, estes mecanismos xeológicos provocarón o illamento periódico do mar Negro do resto do sistema oceánico mundial.
A gran plataforma ao norte da conca ten unha anchura de até 190 km e presenta unha plataforma pouco profunda con pendentes de entre 1:40 e 1:1000. O bordo meridional ao redor de Turquía e o bordo oriental ao redor de Xeorxia, con todo, caracterízanse por unha plataforma estreita que de cando en cando supera os 20 km de anchura e unha plataforma escarpada que adoita ter unha pendente de 1:40 con numerosos canóns submarinos e extensións de canles. A chaira abisal de euxina no centro do mar Negro alcanza unha profundidade máxima de 2212 m xusto ao sur de Ialta na península de Crimea.[42]
Cronoestratigrafía
editarO paleo-euxiniensen descríbese pola acumulación de depósitos de limo eólico (relacionados coa glaciación de Riss) e o descenso do nivel do mar (MIS 6, 8 e 10). A transgresión mariña de Karangat produciuse durante o Eemiano (MIS 5e). Este pode ser o nivel do mar máis alto alcanzado a finais do Plistoceno. Baseándose nisto, algúns estudosos suxeriron que a península de Crimea estaba illada do continente por un estreito pouco profundo durante o Interglaciar Eemiano.[43]
A transgresión neoeuxiniana comezou cunha afluencia de augas procedentes do mar Caspio. Os depósitos neoeuxinianos atópanse no mar Negro por baixo dos 20 m de profundidade da auga en tres capas. As capas superiores correspóndense co pico da transgresión khvaliniana, na plataforma areas de augas pouco profundas e coquinas mesturadas con areas limosas xunto con fauna de augas salobres, e no interior do mar Negro limos de hidrotroilita de depresión. As capas medias da plataforma son areas con cunchas de moluscos de augas salobres. De orixe continental, o nivel inferior da plataforma está formado principalmente por areas aluviais con seixos, mesturadas con limos lacustres menos comúns e cunchas de moluscos de auga doce. Dentro da depresión do mar Negro atopanse limos terríxenos non carbonatados, e ao pé do noiro continental sedimentos turbidíticos.[44]
Características
editarHai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. Descargan tamén no Mar Negro o Dnister, o Dniéper e o Don. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.
Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma de Ucraína.
Hidroloxía
editarO mar Negro é a maior masa de auga do mundo cunha conca meromíctica.[45] As augas profundas non se mesturan coas capas superiores da auga que reciben osíxeno da atmosfera. Como resultado, máis do 90% do volume máis profundo do mar Negro son augas anóxicas.[46] Os patróns de circulación do mar Negro están controlados principalmente pola topografía da conca e as achegas fluviais, que dan lugar a unha estrutura vertical fortemente estratificada. Debido á súa extrema estratificación, clasifícase como estuario de cuña salgada.
O fluxo de entrada do mar Mediterráneo a través do Bósforo e os Dardanelos ten unha maior salinidade e densidade que o fluxo de saída, o que crea a clásica circulación estuarina. Isto significa que a entrada de auga densa procedente do Mediterráneo prodúcese no fondo da conca, mentres que a saída de auga superficial máis fresca do mar Negro cara ao mar de Mármara prodúcese preto da superficie. Segundo Gregg (2002), a saída é de 16000 metros cúbicos por segundo ou preto de 500 quilómetros cúbicos por ano, e o caudal de entrada é de 11.000 m 3 /s ou arredor de 350 km 3 /a.[47]
Formación
editarTeoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno
editarO Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.
Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo ser humano a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade duns 7 000 anos.
Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocorreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no mar Mediterráneo.
Teoría da inundación ou o dioivo
editarEn 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.
Historia
editarDende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.
- Guerra de Crimea (1854-1856). Contenda entre o Imperio Ruso e o Imperio Otomán, a quen apoiaban as potencias europeas Francia e o Reino Unido. A contenda centrábase sobre rivalidades relixiosas entre ortodoxos e católicos, e o dominio de Moldova e Valaquia pero focalizouse principalmente na península de Crimea.
Fauna
editarO Mar Negro conta con especies animais características como son:
- O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi estendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
- A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.
- O neogobius melanostomus: Tamén é orixinaria do Mar Negro e Caspio e tamén é unha perigosa especie invasora, como por exemplo nos Grandes Lagos de América do Norte.
Poboación
editarAs cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.
Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro. | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pos. | Cidade | País | Rexión | Poboación urbana | ||||||
1 | Istambul | Turquía | Istambul | 13 624 240[48] | ||||||
2 | Odesa | Ucraína | Odesa | 1 003 705 | ||||||
3 | Samsun | Turquía | Samsun | 535.401[49] | ||||||
4 | Sebastopol | Ucraína | Crimea | 379,200 | ||||||
5 | Sochi | Rusia | Krasnodar Krai | 343,334 | ||||||
6 | Varna | Bulgaria | Varna | 334,870 | ||||||
7 | Trebisonda | Turquía | Trebisonda | 305,231[50] | ||||||
8 | Constanţa | Romanía | Constanța | 283,872[51] | ||||||
9 | Novorosíisk | Rusia | Krasnodar Krai | 241,952 | ||||||
10 | Burgas | Bulgaria | Burgas | 223,902[52] |
Notas
editar- ↑ "Black Sea". guía do Mar Negro pola Universidade de Delaware (en inglés). Consultado o 39 de decembro do 2915.
- ↑ "Surface Area. Black Sea Geography". University of Delaware College of Marine Studies. 2003. Consultado o 15 de setembro do 2023.
- ↑ "Maximum Depth. Europa – Gateway of the European Union Website". Environment and Enlargement – The Black Sea: Facts and Figures. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Unexpected changes in the oxic/anoxic interface in the Black Sea". Nature Publishing Group. 30 de marzo de 1989. Consultado o 15 de setembro do 2023.
- ↑ UNEP/GRID-Arendal Maps and Graphics Library (2001). "Socio-economic indicators for the countries of the Black Sea basin". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de setembro do 2023.
- ↑ Misterio en el Mar Negro: encuentran barcos hundidos en perfecto estado La Vanguardia, 27 de diciembre de 2016.
- ↑ Özhan Öztürk (2005). Karadeniz Ansiklopedik Sözlük. İstanbul: Heyamola Yayınları. pp. 617–620. Arquivado dende o orixinal o October 15, 2012.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Schmitt 1989, pp. 310–313.
- ↑ The Journal of Indo-European Studies, p.79. United States, n.p, 1985. Google Books
- ↑ Burney, Charles. Historical Dictionary of the Hittites, p.333. United States, Rowman & Littlefield Publishers, 2018. Google Books.
- ↑ Jones, Horace Leonard, ed. (1917). Strabo: Geography, Volume I: Books 1-2. Cambridge, MA: Harvard University Press. Consultado o 19 de setembro do 2023.
- ↑ Jones, Horace Leonard, ed. (1924). Strabo: Geography, Volume III: Books 6-7. Cambridge, MA: Harvard University Press. Consultado o 19 de setembro do 2023.
- ↑ 13,0 13,1 Schmitt 1989, pp. 310-313.
- ↑ Peterson, Joseph H. "Greater Bundahishn". www.avesta.org. Consultado o 19 de setembro do 2023.
- ↑ § 42. Discourse on the Country of Rūm, its Provinces and Towns Arquivado February 25, 2021, en Wayback Machine. Hudud al-'Alam
- ↑ Part II Arquivado 2020-06-28 en Wayback Machine. Georgian Chronicles, Line of ed: 14
- ↑ "Central Asia and Dravidan Connection - Revealed - Part 6". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2020. Consultado o 19 de setembro do 2023.
- ↑ Gibbon, Edward (1993). The History of the Decline and Fall of the Roman Empire. Everyman's Library. ISBN 0-679-42308-7.
- ↑ Öztürk, Özhan (2016). Pontus. Ankara, Turkey: Nika Yayınları. ISBN 978-605-83891-7-5.[Ligazón morta]
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de outubro de 2011. Consultado o 1 de outubro do 2023.
- ↑ "Agriculture in the Black Sea Region". Bs-agro.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
- ↑ Prothero, G.W. (1920). Anatolia. Londres: H.M. Stationery Office.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 "Black Sea NGO Network | Our Black Sea". www.bsnn.org.
- ↑ "Sea Around Us | Fisheries, Ecosystems and Biodiversity". University of British Columbia. Consultado o 1 de outubro do 2023.
- ↑ "Marine Litter Report". www.blacksea-commission.org.
- ↑ Aydin, Mustafa (2005). "Europe's new region: The Black Sea in the wider Europe neighbourhood". Southeast European and Black Sea Studies 5 (2). pp. 257–283. doi:10.1080/14683850500122943. Parámetro descoñecido
|s2cid=
ignorado (Axuda) - ↑ "Black Sea". Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2020. Consultado o 1 de outubro do 2023.
- ↑ "UN Atlas of the Oceans: Subtopic". www.oceansatlas.org.
- ↑ "The Black Sea Basin".
- ↑ Hurrell, J. W. (1995). "Decadal Trends in the North Atlantic Oscillation: Regional Temperatures and Precipitation". Science 269 (5224). pp. 676–679. Bibcode:1995Sci...269..676H. PMID 17758812. doi:10.1126/science.269.5224.676.
- ↑ Lamy, F.; Arz, H. W.; Bond, G. C.; Barh, A.; Pätzold, J. (2006). "Multicentennial-scale hydrological changes in the Black Sea and northern Red Sea during the Holocene and the Arctic/North Atlantic Oscillation". Paleoceanography 21 (1). pp. n/a. Bibcode:2006PalOc..21.1008L. doi:10.1029/2005PA001184.
- ↑ Türkeş, Murat (1996). "Spatial and temporal analysis of annual rainfall variations in Turkey". International Journal of Climatology 16 (9). pp. 1057–1076. Bibcode:1996IJCli..16.1057T. doi:10.1002/(SICI)1097-0088(199609)16:9<1057::AID-JOC75>3.3.CO;2-4.
- ↑ Cullen, H. M.; A. Kaplan; et al. (2002). "Impact of the North Atlantic Oscillation on Middle Eastern climate and streamflow" (PDF). Climatic Change 55 (3). pp. 315–338. doi:10.1023/A:1020518305517. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022-10-09.
- ↑ Ozsoy, E.; U. Unluata (1997). "Oceanography of the Black Sea: A review of some recent results". Earth-Science Reviews 42 (4). pp. 231–272. Bibcode:1997ESRv...42..231O. doi:10.1016/S0012-8252(97)81859-4.
- ↑ Brody, L. R., Nestor, M.J.R. (1980). Regional Forecasting Aids for the Mediterranean Basin Arquivado 26 de novembro de 2011 en Wayback Machine.. Handbook for Forecasters in the Mediterranean, Naval Research Laboratory. Part 2.
- ↑ Simmons, M. D.; Tari, G. C.; Okay, A. I., eds. (2018). Petroleum Geology of the Black Sea. The Geological Society of London. p. 2. ISBN 978-1-78620-358-8.
- ↑ McKenzie, DP (1970). "Plate tectonics of the Mediterranean region". Nature 226 (5242): 239–43. Bibcode:1970Natur.226..239M. PMID 16057188. doi:10.1038/226239a0.
- ↑ McClusky, S.; S. Balassanian; et al. (2000). "Global Positioning System constraints on plate kinematics and dynamics in the eastern Mediterranean and Caucasus" (PDF). Journal of Geophysical Research: Solid Earth 105 (B3). pp. 5695–5719. Bibcode:2000JGR...105.5695M. doi:10.1029/1999JB900351. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-03-08.
- ↑ 39,0 39,1 Shillington, Donna J.; White, Nicky; Minshull, Timothy A.; Edwards, Glyn R.H.; Jones, Stephen M.; Edwards, Rosemary A.; Scott, Caroline L. (2008). "Cenozoic evolution of the eastern Black Sea: A test of depth-dependent stretching models" (PDF). Earth and Planetary Science Letters 265 (3–4). pp. 360–378. Bibcode:2008E&PSL.265..360S. doi:10.1016/j.epsl.2007.10.033. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022-10-09.
- ↑ Simmons, Tari & Okay 2018, p. 11.
- ↑ Nikishin, A. (2003). "The Black Sea basin: tectonic history and Neogene–Quaternary rapid subsidence modelling". Sedimentary Geology 156 (1–4). pp. 149–168. Bibcode:2003SedG..156..149N. doi:10.1016/S0037-0738(02)00286-5.
- ↑ Barale, Vittorio; Gade, Martin (2008). Remote Sensing of the European Seas. Springer. p. 17. ISBN 978-1-4020-6771-6.
- ↑ Geology and Geoarchaeology of the Black Sea Region: Beyond the Flood Hypothesis. Geological Society of America. January 2011. ISBN 978-0-8137-2473-7.
- ↑ Svitoch, Alexander A. (2010). "The Neueuxinian basin of the Black Sea and Khvalinian transgression". Quaternary International 225. pp. 230–234. doi:10.1016/j.quaint.2009.03.005.
- ↑ "Meromictic". Merriam-Webster. Consultado o 18 de outubro do 2024.
- ↑ "Exploring Ancient Mysteries: A Black Sea Journey". University of Delaware. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 18 de outubro do 2024.
- ↑ Gregg, M. C., and E. Özsoy (2002), "Flow, water mass changes, and hydraulics in the Bosporus", Journal of Geophysical Research 107(C3), 3016, doi 10.1029/2000JC000485
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2013. Consultado o 2014-03-06.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Negro |