Pula, Croacia
Pula, en serbocroata Pula (Grad Pula) en italiano Pola (Città di Pola)[1], en esloveno Pulj, é a cidade máis grande de Istria, Croacia, e está situada no extremo sur desa península. A súa poboación é de 57.460 habitantes, dos cales o 71,65% son de orixe croata (censo de 2011).[2] [3]
Pula (hr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Croacia | ||||
Condado | Condado de Istria | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.220 (2021) (970,63 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 53,8 km² | ||||
Altitude | 5 m-30 m | ||||
Creación | 177 a. C. | ||||
Santo padrón | Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Boris Miletić (2006–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 52100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 052 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Graz (1972–) | ||||
Páxina web | pula.hr |
A rexión é coñecida polo seu clima, mar tranquilo e beleza natural. A cidade ten unha longa tradición na produción de viño, pesca, construción naval e turismo. Pula foi o centro administrativo de Istria desde a época romana, aínda que, hoxe en día, a capital do condado croata de Istria é Pazin (Pisino en italiano).
Coñecíase como Pietas Iulia [4] na época romana.
Cultura
editarComo resultado da súa rica historia política, Pula é unha cidade cunha mestura cultural de pobos e linguas mediterráneas e centroeuropeas, antigas e contemporáneas. A arquitectura e urbanismo de Pula reflicte estas capas da historia. Os habitantes adoitan dominar linguas estranxeiras, especialmente o italiano, moitas veces tamén o alemán e o inglés. Dende o 30 de outubro de 1904 até marzo de 1905 o escritor irlandés James Joyce ensinou inglés na escola Berlitz; os seus alumnos eran principalmente oficiais navais austrohúngaros que estaban estacionados na base naval local. Mentres estivo en Pula, organizou a impresión local da súa obra The Holy Office (O Santo Oficio), na que se burlaba de William Butler Yeats e George Russell.
O médico Robert Koch traballou nas illas Brijuni próximas. Herman Potočnik (Hermann Noordung), enxeñeiro aeronáutico e pioneiro da cosmonáutica , tamén naceu en Pula. O compositor de ópera Antonio Smareglia naceu en Pula e volveu vivir alí. Tamén son da cidade Alida Valli, Laura Antonelli, Stjepan Hauser, violonchelista premiado e membro de 2Celllos, e Rossana Rossanda.
Patrimonio
editarPula, cidade antiga, posúe un rico conxunto de restos da época en que pertenceu ao Imperio Romano. O seu ex-libris máis famoso é o Anfiteatro, coñecido localmente como Arena, construído polo emperador Vespasiano no século I [5] Atópase nun estado de conservación razoable, no que se celebran espectáculos. O recinto e o pequeno núcleo museístico, con artefactos atopados nas escavacións realizadas no anfiteatro, son visitados polos turistas.
Ademais deste gran monumento, hai un arco triunfal, o Arco de Sergio, un teatro e un pórtico, todos eles datados da época romana. Tamén hai un templo na praza central da cidade, dedicado ao culto imperial de Augusto, que foi transformado en museo.
Irmandamentos
editarCidades xemelgas:
- Tréveris (desde 1971)
- Imola (desde 1972)
- Graz (desde 1972, cidade asociada desde 1961)
- Čabar (desde 1974)
- Varaždin (desde 1979)
- Verona (desde 1982)
- Kranj
Outras formas de asociación:
- Segedin (Pedido asociación en 2003)
- Veles (Documento de amizade e cooperación cultural en 2002)
- Novorossijsk (Iniciado o protocolo de asociación e irmandamento en 1997)
Mantéñense fortes relacións de amizade e contactos continuos con outras cidades como:
Galería de imaxes
editar-
Anfiteatro
-
Anfiteatro de Pula
-
Arco dos Serxios
-
Porta Gemina
-
Templo de Augusto e concello
-
Templo de Augusto
-
Catedral de Pula
-
Muralla
-
Forte Kaštel
-
Praia en Pula
Notas
editar- ↑ Sitio oficial, véxase tamén a lista de cidades e municipios Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no Condado de Istria (ref. p/ ) e a narodne-novine lista (ref. p/ )
- ↑ "POPULATION BY AGE AND SEX, BY SETTLEMENTS, 2011 CENSUS". CROATIAN BUREAU OF STATISTICS - REPUBLIC OF CROATIA. Consultado o 23 de outubro de 2015.
- ↑ "Características da bala da cidade velha".
- ↑ Editores 1967, p. 304.
- ↑ "PULA CROATIA TRAVEL GUIDE - PulaCroatia.net" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2020. Consultado o 2020-10-09.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pula, Croacia |
Bibliografía
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |