Pobo inglés
Os ingleses[5] (inglés: english people), son unha nación e grupo étnico nativo de Inglaterra, que fala a lingua inglesa. A identidade inglesa ten orixe medieval, cando eran coñecidos en inglés antigo como Angelcynn ("familia dos anglos"). O seu etnónimo provén dos anglos, un dos pobos xermánicos que migraron cara a Gran Bretaña durante o século V.[6] Inglaterra é un dos países do Reino Unido.
Pobo inglés | |
---|---|
1ª ringleira: Hadrián IV • Geoffrey Chaucer • Henrique VIII • Isabel I • William Shakespeare • Oliver Cromwell
2ª ringleira: John Locke • Isaac Newton • Daniel Defoe • Edward Jenner • Jane Austen • Charles Darwin 3ª ringleira: Charles Dickens • Edward Elgar • Robert Falcon Scott • Virginia Woolf • Margaret Thatcher • Jane Goodall 4ª ringleira: Bobby Charlton • John Lennon • Andrew Lloyd Webber • Kate Winslet • David Beckham • Adele | |
Poboación | |
Poboación total: c 77 millóns | |
Rexións principais: | |
Inglaterra | 37,6 millóns |
Estados Unidos | 25 millóns[1] |
Australia | 7,2 millóns[2] |
Canadá | 6,6 millóns[3] |
Nova Zelandia | 44 000–282 000[4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Inglés |
Relixión | Comuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos |
Historicamente, a poboación inglesa descende de diferentes pobos — os antigos britanos e as tribos xermánicas que se asentaron en Britania despois da marcha dos romanos, incluíndo os anglos, os saxóns, os xutos e os frisóns. Coñecidos colectivamente como anglosaxóns, fundaron o que se convertería en Inglaterra (do inglés antigo Englaland) xunto cos dinamarqueses, normandos e outros grupos. Na Lei de Unión (1707), o Reino de Inglaterra foi sucedido polo Reino de Gran Bretaña.[7] Co paso dos anos, a identidade e costumes ingleses foron identificados coa identidades e os costumes británicos en xeral.
O pobo inglés son os responsables da lingua inglesa, do sistema Westminster, do dereito anglosaxón e de numerosos deportes, como o crícket, o fútbol,[8] o rugby e o tenis. Estas e outras características da cultura inglesa espalláronse por todo o mundo, en parte por mor do Imperio Británico.
Notas
editar- ↑ 2010 ACS Ancestry estimates
- ↑ (Ancestry) The 2011 Australian Census reports 7,238,500 people of English ancestry.
- ↑ (Ethnic origin) The 2006 Canadian Census Arquivado 06 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. gives 1,367,125 respondents stating their ethnic origin as English as a single response, and 5,202,890 including multiple responses, giving a combined total of 6,570,015.
- ↑ (Ethnic origin) The 2006 New Zealand census Arquivado 19 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para inglés.
- ↑ "Online Etymology Dictionary". Etymonline.com. Consultado o 8 de xullo de 2011.
- ↑ "Act of Union 1707". parliament.uk. Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ The fa 1863-2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bueltmann, Tanja, David T. Gleeson, and Donald M. MacRaild, eds. Locating the English Diaspora, 1500–2010 (Liverpool University Press, 2012) 246 pp.