Pobo frisón
Os frisóns[1] son un pobo xermánico nativo das zonas costeiras dos Países Baixos e Alemaña.[2][3] Habitan nas áreas coñecidas como Frisia e concéntranse nas provincias neerlandesas de Friesland e Groninga e, en Alemaña, na Frisia oriental e setentrional (que foi parte de Dinamarca até 1864).[4] A lingua frisoa aínda é falada por máis de 500 000 persoas e está recoñecida como lingua oficial nos Países Baixos e lingua rexional en Alemaña.
Pobo frisón | |
---|---|
Estatua de Pier Gerlofs Donia, combatente pola liberdade frisoa coñecido como "O último rei de todos os frisóns" | |
Poboación | |
Poboación total: c 1 500 00 | |
Rexións principais: | |
Países Baixos | Frisia, Provincia de Groninga |
Alemaña | Frisia oriental, Saterland e Frisia setentrional |
Aspectos culturais | |
Lingua | Frisón, neerlandés, alemán |
Relixión | Cristianismo (calvinismo e luteranismo) minorías católicas |
Grupos relacionados | Outros pobos xermánicos |
Historia
editarOs frisii en latín son mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra De Origine et situ Germanorum (c. 98). Tratábase, polo que todo indica, dun pobo de mariñeiros -o Mar do Norte, da Bretaña até o leste da Dinamarca, chamábase na época Mare Frisium. Pequenos grupos de frisios poboaron as terras ao redor do mar e atópanse trazos da colonización frisia na Inglaterra, Escocia, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Francia e, evidentemente, nos Países Baixos.
O territorio dos frisios seguía a costa continental do Mar do Norte desde a desembocadura do Rin até a do Ems, que era a súa fronteira oriental, segundo a Geographica de Tolomeo. Plinio o Vello, rexistra na súa Belgica que aquel pobo foi conquistado polo xeneral romano Nerón Claudia Druso en -12, seguíndose diversos levantamentos relatados por Tácito, inclusive o dos bátavos. A partir de entón, a historia dos frisios tórnase escura até o contacto cos reinos merovinxio e carolinxio.
No século V, durante este período de "silencio histórico", moitos dos frisios xuntáronse á emigración dos anglosaxóns, que pasaron polo territorio frisio para despois invadiren a Gran Bretaña; os que permaneceron no continente expandíronse para o territorio recentemente desocupado polos Anglosaxóns. Por volta do fin do século VI, os frisios ocupaban a costa até a desembocadura do Weser e continuaron a expandirse no século VII, para Dorestad e até mesmo Bruxas. Esta foi a extensión máxima do territorio frisón, coñecida como a Frisia Magna.
Os frisios convertéronse ao cristianismo por imposición do Reino franco. San Wilfrid, San Willibrord e San Bonifacio participaron da evanxelización dos frisios.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frisón.
- ↑ Minahan, James (2000). Greenwood Publishing Group, ed. One Europe, many nations: a historical dictionary of European national groups. p. 769. ISBN 0313309841. Consultado o 25 de maio de 2013.
- ↑ Danver, Steven L. (10 de marzo de 2015). Routledge, ed. Native Peoples of the World: An Encyclopedia of Groups, Cultures and Contemporary Issues. p. 307. ISBN 1317464001.
Frisians are a Germanic people that reside in Germany and the Netherlands
- ↑ "Interfriesischer Rat / Ynterfryske Rie - Start". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2017.