Manuel Beiras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Manuel Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1996, foi un intelectual galego e político galeguista. Pai do dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1904 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de xullo de 1996 (92 anos) |
Relixión | Católico |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Galeguista, Dereita Galeguista, Unidade Galega, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista |
Familia | |
Cónxuxe | Herminia Torrado Moldes |
Fillos | Xosé Manuel Beiras e outros 8 fillos |
Irmáns | Antón Beiras García |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarGraduado pola Escola de Comercio da Coruña, dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en Diario de Galicia. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo "Eu ben sei".
Católico e galeguista, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en 1931. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Beiras militou no Partido Galeguista até 1935, cando xunta con outros militantes encabezados por Xosé Filgueira Valverde e Vicente Risco abandonou o partido polos seus pactos coa esquerda e fundou a Dereita Galeguista.
Trala guerra civil prosegue as súas actividades culturais e crea, xunta con outras personalidades de Galiza, coma Otero Pedrayo, Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Xaime Illa Couto, Antón Fraguas e Xesús Ferro Couselo, o Padroado Rosalía de Castro. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a Orquestra Filharmónica de Compostela e promovendo actos como a celebración do Día de Galiza en Santiago de Compostela ou a Festa do Traxe Galego.
Tras a ditadura
editarTralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición Unidade Galega, e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en 1978. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en Coalición Galega, participa nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do partido. Nas eleccións autonómicas galegas de 1989 foi número dous nas listas do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) pola Coruña, sen obter acta de deputado.
Traduciu ao galego Os contos de Grimm e Platero e eu.
Estaba casado con Herminia Torrado Moldes e era pai de nove fillos.
Recoñecementos
editarObtivo a Medalla Castelao en 1987, a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela en 1991 e foi nomeado Galego do Ano pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995.
O Concello de Santiago de Compostela dálle o seu nome ao Premio Manuel Beiras que distingue o emprego habitual do galego no ámbito empresarial e comercial.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Beiras |