Méixome, Lalín
Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.
Méixome | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Méixome. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′31″N 8°10′13″O / 42.7085744, -8.1701606 |
Área | 3,9 km² |
Poboación | 131 hab. (2011) |
Densidade | 33,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao norte coas parroquias de Bermés e Busto, ao sur con Santiso ao leste con Bermés e ao oeste con Madriñán e Noceda. Dista 9 km da capital municipal. Acada unha altitude máxima de 700 m e está bañada polo Rego de Freixo.
Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.
Historia
editarO nome da parroquia figura nunha permuta feita co Mosteiro de Carboeiro en 1182, en pleno período románico, o que fai pensar na existencia dunha igrexa orixinaria desta época que foi substituída pola actual.
Patrimonio
editarO castro de Méixome, situado na aldea de Castro, xunto ao río en terreo de labranza, está conformado a partir dun recinto de planta lixeiramente ovalada en dirección nordés-suroeste. As súas dimensións son: eixo NL-SO mide 85 m no interior e uns 100 m ao exterior; eixo NO-SL mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A altura máxima acadada pola coroa respecto ao exterior é duns 7 m no lado leste. No parapeto do sector setentrional apréciase un tramo de liña de muralla pétrea (nalgúns puntos vese claramente unha anchura de 3 m a 4 m) feita de xisto sen argamasa. Ten parapeto interior no sector setentrional, cuns 4 m ou 5 m de anchura, moi vertical cara ao exterior.[2]
A igrexa parroquial de Santiago de Méixome é de estilo barroco.
Festas
editarAs súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a San Roque. A primeira fin de semana do mes de outubro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.
Galería de imaxes
editar-
Imaxes de Santiago e San Roque na igrexa de Méixome.
Lugares e parroquias
editarLugares de Méixome
editarLugares da parroquia de Méixome no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Castiñeiro | O Castro | Mato | Méixome | Requeixo |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Méixome na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.