Bendoiro, Lalín
San Miguel de Bendoiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 294 habitantes (156 mulleres e 138 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.
Bendoiro | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Bendoiro. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′09″N 8°10′16″O / 42.6859672, -8.1710968 |
Área | 5,8 km² |
Poboación | 294 hab. (2011) |
Densidade | 50,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia formouse a Banda de música de Bendoiro e naceu o sindicalista Luís Frade.
Patrimonio
editarO castro do Castriño confórmase a partir dun recinto de forma circular. Conserva un parapeto no sector S-SL, duns 100 m de lonxitude, cun foxo que completaría as súas defensas polo sur. Pódese observar outro segundo foxo cara ao leste e sueste. Entre os anos 2006 e 2008 foi obxecto de traballos arqueolóxicos que incluíron a escavación, por mor das obras de construción da liña do AVE. O sector norte deste recinto estaría arrasado -segundo os datos da intervención arqueolóxica-, debido a actividades agrícolas e forestais.[2]
O castro de Bendoiro ten un único recinto, con forma lixeiramente ovalada. A coroa ten unhas dimensións, no eixo NL-SO, de 85 m (interior) por 110 m (exterior). No eixo NO-SE as medidas son 65 m (interior) e 105 m (exterior). Se se teñen en conta os elementos defensivos exteriores á coroa as medidas son: no eixo NL-SO uns 145 m e o eixo NO-SL de 120 m. No sector occidental, distínguense claramente unha superficie aterrazada cun pequeno parapeto de terra cunha disposición sur-norte. O recinto está defendido en todo o perímetro por un terraplén cun gran desenvolvemento cara ao norte. Os lados sur, leste e suroeste da coroa están defendidos cun parapeto de terra que non se observa nos sectores occidental e setentrional. No interior do recinto aprécianse varios afloramentos rochosos.[3]
A igrexa parroquial de San Miguel de Bendoiro é de estilo renacentista sobre a antiga estrutura románica, garda a capela sepulcral dos Taboada.
Na arquitectura civil destaca o pazo de Bendoiro de Abaixo.
A capela da Santa Lucía é unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría o 25 de decembro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bendoiro
editarLugares da parroquia de Bendoiro no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Bendoiro de Abaixo | Campo | Castro | A Empedrada | A Igrexa | A Laxe | Pedrouzos | Vilar do Río | Vilasoa | O Xubín |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Ficha arqueolóxica do castro do Castriño de Bendoiro Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Ficha arqueolóxica do castro de Bendoiro Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Bendoiro na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.