Donramiro, Lalín
Santa María de Donramiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 1002 habitantes (484 mulleres e 518 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 912 habitantes. Conta cos lugares de Agruchave, Donramiro, Filgueiroa, Penela (onde se formou a Banda de música da Penela), Regueiriño, Trascastro e Feás
Donramiro | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Donramiro. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°39′25″N 8°07′16″O / 42.6569488, -8.1210528 |
Área | 4,5 km² |
Poboación | 1002 hab. (2011) |
Densidade | 222,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está a unha altura de seiscentos metros.
Historia e patrimonio
editarUnha antiga lenda local atribúe a fundación da parroquia a un rei godo chamado Ramiro.
Nos montes do Monserrat áchase un castro explorado por Florentino López Cuevillas. O castro de Donramiro confórmase a partir dun recinto principal ou coroa de forma ovalada cun antecastro que se abre cara ao leste. As dimensións da coroa son no eixo NL-SO duns 90 m no interior e 100 m polo exterior. Se se engade o antecastro chégase a 180 m. No eixo NO-SL mide 65 m no interior e 85 m polo exterior. Incluído o antecastro son uns 100 m. O ancho do antecastro é duns 30 m e a lonxitude 180 m. Na zona suroeste o antecastro está moi alterado pola actividade agrícola.[2]
A antiga igrexa románica do século XII foi reformada no ano 1654 en estilo barroco, só a fachada e o primeiro tramo da nave son románicos. Nunha sepultura desa igrexa repousan os restos de Ramón María Aller Ulloa que naceu no Pazo de Filgueiroa, localizado nesta parroquia ao igual que o Palacete dos Crespo.
Os seus monumentos máis importantes son: o castro, o Palacete dos Crespo (coñecido como "a casa da Crespa" por ser a súa última moradora Anuncia Crespo Barros, filla do que foi alcalde de Lalín de 1903 a 1923, Antonio Crespo Pampín e neta do tamén alcalde do século XIX José Crespo Villar) e a carballeira da Crespa (que pertenceu a esta señora).
Donramiro foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa María das Dores de Lalín.
Nesta parroquia naceron o pintor Laxeiro, nado Xosé Otero Abeledo, e o político Juan Ramón Ulloa Pimentel.
Festas
editar- O primeiro domingo despois do 9 de setembro celébrase unha famosa romaría no Montserrat.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Donramiro, Lalín.
-
Igrexa de Donramiro.
-
Pazo dos Crespo.
-
Capela do Montserrat.
-
Centro Social de Donramiro.
-
Reloxo de sol monumental no Centro Social.
Lugares e parroquias
editarLugares de Donramiro
editarLugares da parroquia de Donramiro no concello pontevedrés de Lalín | |
---|---|
Agruchave | Donramiro | O Empalme | Filgueiroa | O Monserrat | A Penela | O Regueiriño | Trascastro |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- www.donramiro.org
- Donramiro na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.