Anzo, Lalín
San Xoán de Anzo é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 186 habitantes (97 mulleres e 89 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.
Anzo | |
---|---|
Porta lateral da igrexa de Anzo. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′05″N 8°11′58″O / 42.71794722, -8.19931917 |
Área | 3,2 km² |
Poboación | 186 hab. (2011) |
Densidade | 58,13 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o empresario Ramón Lareo López, Roque.
Patrimonio
editarO castro de Anzo está moi alterado por diversas construcións (vivenda, pista de tenis, piscina, naves dunha granxa, etc.). O único posible resto en superficie e unha pequena caída do terreo, localizado entre a casa e a estrada, que puidera corresponderse co terraplén occidental do recinto.[2]
A igrexa de San Xoán de Anzo é románica e conserva moitos elementos da súa primitiva estrutura do século XII.
- Capela das Mercedes, no Cruceiro.
- Conserva a estrutura de varias casas grandes: Golmar, Velón e Noguerol.
- No Agro do Sisto atopáronse sepulturas xermánicas.
Galería de imaxes
editar-
Ábsida da igrexa de Anzo.
-
Igrexa de Anzo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Anzo
editarLugares da parroquia de Anzo no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Agrazán | Barrio | Carradela | Castro de Anzo | A Costa | O Cruceiro | Eirixe | As Nogueiras | O Outeiro | Reibó | Sisto | Vilacrespo |
Parroquias de Lalín
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Anzo na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.