[go: up one dir, main page]

José Sánchez Gacio

avogado e político galego

José Sánchez Gacio, nado en Mondoñedo en 1898 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1980, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Sánchez Gacio
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
26 de febreiro de 1936 – 10 de abril de 1936
Presidente da Deputación de Lugo
1932 – 1934
← Daniel Vázquez CampoJosé Cobreros de la Barrera → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8756

Traxectoria

editar

Fillo de Constantino Sánchez Graña, secretario do Concello de Mondoñedo. Estudou o bacharelato en Lugo e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na República foi elixido concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola ORGA. Foi presidente da Deputación de Lugo (1932). En outubro de 1934 foi cesado como concelleiro como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 e reposto en xaneiro de 1936. Integrouse en Izquierda Republicana e foi nomeado gobernador civil da Coruña (do 26 de febreiro ao 10 de abril de 1936). En xuño de 1936 era deputado provincial en representación de Izquierda Republicana, e vicepresidente do comité local Pro-Autonomía.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e trasladado a Lugo con Guillermo Otero Villalba, Patricio Vijande Villar, Cándido Carreiras Domenech, Alfredo Martínez Martínez e José Ramón Villamarín Pallín. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 co seu irmán Constantino Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín, Francisco García Martínez, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero, Alfredo Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande e Emilio González Valoria, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Preso na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade condicional en marzo de 1943.[1] Finalmente foi deportado a Zamora. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que se resolveu cunha multa de 300 pesetas.[2]

Vida persoal

editar

Parella de Filomena González Janeiro, foi pai de Talía Antonieta Sánchez González; despois casou con Alicia Gómez Real coa que tivo a Silvia Sánchez Gómez.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Daniel Vázquez Campo
  
Presidente da deputación de Lugo
 
1932 - 1934
Sucesor:
José Cobreros de la Barrera