[go: up one dir, main page]

Alfredo Martínez Martínez

comerciante e político galego

Alfredo Martínez Martínez, nado na Coruña en 1889 e finado no mesmo concello o 24 de febreiro de 1972,[1] foi un comerciante e político galego.

Modelo:BiografíaAlfredo Martínez Martínez
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8759

Traxectoria

editar

Comerciante en Mondoñedo, na República foi vocal Liga Mindoniense (1932), militou en Izquierda Republicana da que foi tesoureiro (1935) e foi delegado de Socorro Rojo Internacional. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua.

Vida persoal

editar

Casou en Lugo con Emilia González Alonso en 1912.[2]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-2-1972, p. 19.
  2. Gaceta de Galicia, 4-1-1912, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo. 

Ligazóns externas

editar