Guillermo Otero Villalba
Guillermo Otero Villalba, coñecido como Albariño, nado en Mondoñedo en 1896, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Mondoñedo, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Traxectoria
editarFoi xuíz municipal de Mondoñedo (1930-1933). Na República militou en Izquierda Republicana da que foi secretario en 1935. Foi elixido compromisario para elección do presidente República en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938, con José Sánchez Gacio, Francisco García Martínez, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria. Foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Preso na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1943.[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que se resolveu cunha multa de 300 pesetas.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.