[go: up one dir, main page]

Imperio dos Cen Días

O período coñecido como os Cen Días (en francés: Cent-Jours), ou Campaña de Waterloo, comprende desde o 20 de marzo de 1815, data do regreso de Napoleón a París desde o seu exilio na illa de Elba, ata o 28 de xuño de 1815, data da Segunda Restauración de Lois XVIII como rei de Francia. Este período pon fin ás chamadas Guerras Napoleónicas, así como ao Imperio Francés de Napoleón Bonaparte.

Modelo:Xeografía políticaImperio dos Cen Días
Empire Français (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoChant du départ (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación20 de marzo de 1815 Editar o valor en Wikidata
Disolución7 de xullo de 1815 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porSecond Restoration (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía dual Editar o valor en Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor en Wikidata

Esta expresión foi empregada por primeira vez polo prefecto de París, o Conde de Chabrol, no seu discurso de benvida ao rei, e se emprega tamén para referirse á guerra da Sétima Coalición. Este período coñeceu o último dos conflitos do longo período napoleónico, e tanto o Reino Unido como Rusia, Prusia, Suecia, Austria e algúns estados alemáns declararon no Congreso de Viena ao Emperador francés fora da lei e non o recoñeceron como líder da nación francesa, aliándose na súa contra.

O retorno do Emperador

editar
 
«O Gran Piar do Triunfo», un póster satírico sobre o regreso de Napoleón desde Elba.

Unha vella anécdota serve como exemplo ilustrativo do carisma e a personalidade de Napoleón: O seu exército se enfrontaba ás tropas enviadas polo rei para detelo; os homes de cada bando formaban en liñas e se preparaban para disparar. Antes de iniciarse o ataque, Napoleón camiñou cara ao centro de ambas as dúas forzas, encarando aos homes do rei e abrindo a súa pecheira mentres dicía: «¡Se algún de vós é capaz de disparar ó seu emperador, que o faga agora!» Pouco máis tarde, todos os homes se unían á súa causa. Tamén é coñecida a que refire as pintadas aparecidas en París, que dicían: «Xa teño suficientes homes Luís, non me envíes máis. Asinado Napoleón», que expresaba o sentir na capital desde antes da chegada do Emperador.

Napoleón non se deixou enganar polo entusiasmo que despertaba nas provincias e en París. Sabía que só a ansia de cambio e o desprezo cara ao vello rei e os seus cobizosos cortesáns lle conduciran a esta vitoria. Instintivamente sabía que se ía a enfrontar cunha nova Francia que non toleraría o despotismo.

Waterloo

editar

O inicio da batalla de Waterloo, o 18 de xuño de 1815, demorouse durante bastantes horas mentres Napoleón agardaba a que o campo de batalla se secara da choiva da noite anterior. As últimas horas da tarde, o exército francés non conseguira expulsar as forzas aliadas de Wellington do outeiro onde se fortaleceron. Unha vez que os prusianos chegaron, atacando o flanco dereito francés en número cada vez maior, o punto clave da estratexia de Napoleón de dividir aos exércitos inimigos fallara, e o seu exército era empurrado das súas posicións polo avance combinado dos aliados. Ó día seguinte, a batalla de Wavre rematou cunha vitoria francesa que non serviu para nada. O exército xa non tiña a forza necesaria para resistir ás forzas aliadas combinadas, polo que se retiraron cara París.

A caída do Emperador

editar
 
Napoleón, por Andrea Appiani (1805).

Ao chegar a París, tres días despois de Waterloo, Napoleón aínda mantiña a esperanza de preparar a resistencia nacional, pero o ambiente das cámaras e a opinión pública llo impediu. El mesmo e máis Lucien Bonaparte estaban sós na crenza de que, disolvendo as cámaras e declarando a ditadura de Napoleón poderían salvar a Francia dos exércitos das potencias que se aproximaban a París. O propio Davout, ministro da guerra, advertiu a Napoleón de que o destino de Francia só atopaba nas cámaras, o cal era verdade.

A carreira de Napoleón, que conducira a Francia moito máis lonxe do que se atopaba a comezos de 1789, agora lle devolvía ao seu punto de inicio, o mesmo que, no aspecto físico, fixeron as súas campañas entre 1796 e 1814, que ao principio aumentara enormemente os seus dominios, para logo encollerse dunha forma aínda máis portentosa. Agora era claramente o momento de salvagardar o que aínda puidera conservarse, e isto o podería facer Talleyrand desde a súa aparencia de lexitimidade. O mesmo Napoleón recoñeceu finalmente a verdade. Cando Lucien o apertou para que se atrevera a tomar a iniciativa ditatorial, replicoulle: «Xa me atrevín demasiado». O 22 de xuño de 1815, abdicaba en favor do seu fillo, François Bonaparte, sabendo de antemán que isto era simplemente unha formalidade, xa que o seu fillo se atopaba en Austria. O 25 de xuño recibiu de Fouché, o presidente do recentemente constituído goberno provisional, a insinuación de que debía deixar París. Napoleón retirouse entón a Malmaison, a antiga casa de Josephine, onde esta morrera pouco despois da súa primeira abdicación. O 29 de xuño, a aproximación dos prusianos, que tiñan ordes de capturalo vivo o morto, fixo que se retirara a Rochefort, onde esperaba poder embarcar cara ós Estados Unidos. A definitiva restauración de Lois XVIII tivo lugar trala saída do Emperador. Napoleón, porén, nunca chegou a América, senón que foi capturado polas forzas inglesas e enviado o exilio na illa de Santa Helena, onde pasou o resto da súa vida.