Henrique II de Navarra
Henrique II de Navarra, nado en Sangüesa o 25 de abril de 1503 e finado en Pau, 25 de maio de 1555, foi rei de Navarra na Baixa Navarra[1] desde 1530 ata a súa morte, copríncipe de Andorra, conde de Foix, de Périgord, de Bigorra e de Albret e vizconde de Béarn, Tursan, Gabardan, Tartas e Limoges.
Traxectoria
editarEn 1515, Henrique e o seu pai, Xoán III de Albret, residían na corte francesa, onde coñeceu a Margarida de Angulema, irmá do rei Francisco I de Francia, con quen casará en 1527.
En 1517, á morte da súa nai Catarina de Foix, fíxose cargo da súa herdanza e non tardou en iniciar negociacións con Carlos I para conseguir a restitución completa do Reino de Navarra, primeiro en Noyon en 1516, e logo en Montpellier, en 1518, sen éxito ningún. En 1521 decidiu tratar de recobrar o seu reino pola forza, para o que obtivo o apoio de Francisco I, desexoso de debilitar a posición de Carlos I. Tropas navarro-gasconas enviadas polo rei entraron en Navarra e axudadas pola sublevación dalgúns dos seus habitantes puxeron efimeramente nas súas mans todo o reino. Con todo, as tropas francesas, en lugar de asegurar o territorio, dirixíronse a asediar Logroño, pois a causa dos Albret non era a principal para eles, e si entrar en Coroa de Castela. As tropas castelás con forte presenza guipuscoana reaccionaron e enviaron un exército de 30.000 homes, que obrigou aos franceses a retirarse de Logroño. Ambos exércitos enfrontáronse finalmente na batalla de Noáin en xuño de 1521, vencendo os leais ao Emperador e tomando definitivamente Pamplona. Posteriormente aínda houbo puntos de resistencia dos navarros afíns a Albret, no castelo de Maya ata 1522 e Hondarribia ata 1524.
Acompañando a Francisco I de Francia nas guerras de Italia caeu prisioneiro dos imperiais na batalla de Pavia en 1525 pero logrou escapar en 1527.
Dada a dificultade de manter a posición en Ultrapuertos (ou polo menos isto era o que opinaba o Duque de Alba), o rei Carlos I de España abandonouna voluntariamente en 1530[2][3], de modo que Henrique II puido reinar en Baixa Navarra baixo a influencia do poderoso Reino de Francia. Morreu na súa capital de Pau (Béarn) en 1555 deixando como herdeira dos seus Estados á súa filla Xoana III de Albret.
Devanceiros
editarNotas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Henrique II de Navarra |
Outros artigos
editarPredecesor: Catarina de Foix |
Rey titular de Navarra 1517-1530 |
Sucesor: El mesmo como monarca reinante na Baixa Navarra |
Predecesor: Carlos I e Xoana I de Castela |
Rei de Navarra Conde de Foix e Bigorra Vizconde de Béarn 1530-1555 |
Sucesor: Xoana III |