[go: up one dir, main page]

Xosé Ramón Fernández-Oxea

escritor galego
(Redirección desde «Ben-Cho-Shey»)

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela,[2] un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Modelo:BiografíaXosé Ramón Fernández-Oxea

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Xosé Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1896 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Partido Galeguista
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoensaio, poesía, narrativa
Familia
CónxuxeIsabel Algarra Díaz Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Isabel Ramón Algarra Editar o valor en Wikidata
PaiPío Ramón Ojea Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1082126 AELG: 410 BUSC: ramon-e-fernandez-oxea-xose-1896-1988 Dialnet: 2113487

Traxectoria

editar

Influenciado polo ambiente familiar —era fillo de Pío Ramón Oxea (Allariz 1869-Ourense 1943), militante nacionalista e mestre da escola normal, e neto de Elixio Oxea quen presidira a Asociación Regionalista Gallega[3]— Ben-Cho-Shey participou activamente moi novo nos movementos galeguistas como as Irmandades da Fala, sociedade na que aparece entre os membros fundadores en Ourense. Nesta época son habituais as colaboracións no xornal voceiro da organización A Nosa Terra, asinadas co pseudónimo Xan Fouciño e móvese dentro do círculo do Grupo Nós.

En 1920 foi destinado a Marrocos onde adoptou o pseudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de Guerra do Rif que enviaba ao diario ourensán La Zarpa. Estes textos, posteriores ao Desastre de Annual de 1921, foron logo recompilados e publicados co título de Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual.

En 1925 é mestre nacional por oposición, pois xa en 1915 acadara a reválida de mestre de ensino primario con premio extraordinario. Exerceu o seu labor no concello coruñés de Cariño e na parroquia ourensá de Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Para este último lugar elaborou un modélico estudo, porén a súa publicación demoraríase ata 1968.

A finais da década de 1920 viaxou por Francia e Bélxica cunha bolsa polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.

 
Ben-Cho-Shey, Risco e Otero Pedrayo no pazo Gaión en 1927.[4]

En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dous anos despois fórmase con Manuel Gómez Moreno en Arte e Arqueoloxía. Casou en 1931 con Isabel Algarra, de Linares, Provincia de Xaén. No ano 1931 é un dos membros fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense. En 1935 ingresou por oposición na Inspección do Ensino Primario. É destinado a Lugo onde vai presidir o Partido Galeguista.

 
Cargos contra José Ramón Fernández. Primero: es galleguista…

Pola súa traxectoria galeguista ao comezo da guerra civil as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en 1937, e foi desterrado a Cáceres. En 1951 pediu traslado a Toledo e viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galicia. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade, mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo. Así, en novembro de 1952, disertou sobre a vida e obra do polígrafo ourensán Arturo Vázquez Núñez no centenario do seu nacemento. A súa presenza en Madrid foi un soporte fundamental para o galeguismo da emigración e grupos literarios como o Brais Pinto ou, máis tarde, no Club de Amigos da Unesco.[5]

A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1943.[6] Foi correspondente, tamén, da Real Academia da Historia, do Instituto de Coímbra e da Sociedade de Geografia de Lisboa. Xubilouse en 1966. En 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.[7]

Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores, e máis polo seu epitafio, localizado no cemiterio de San Francisco, en Ourense:

O señor D. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus amigos o seu novo domicilio no cumio do cimiterio de Ourense, onde os agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan.

En galego

editar
Ensaio
  • O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930, con Xosé Filgueira Valverde.[8]
  • Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, 1952, Editorial Monterrey.[9]
  • Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1968, Castrelos.[10]
  • O barallete, 1969, Edicións Castrelos.
  • Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936).
  • Galicia no corazón, 1977, Ediciós do Castro (escolma de artigos).[11]
  • Escudos de Lugo, 1979, Edicións Celta.
  • O entroido en Galicia, 1986, La Región.
  • Diario de Lugo 1936 (2024). Deputación de Lugo. A coordinación e notas correron a cargo de Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Xosé Brais García Fernández e Iria Varela Fernández. 126 páxs. ISBN 978-84-8192-596-8.
Poesía
  • Berzas, 1953, edición do autor.
  • A ducia do frade, 1966, edición do autor.
Narrativa
  • Andrómenas, 1954, Editorial Monterrey.
  • Contos do fiadeiro, 1973, Castrelos.
Edicións
  • Cancioneiro e refraneiro de Corme, 1951, Madrid.
  • As cartas de Galicia de Prosper Henri-Devos, 1968, Galaxia.

En castelán

editar
Ensaio

Recoñecementos

editar

A súa figura foi recoñecida co Premio José Cornide do Centro Gallego de Buenos Aires (1960), unha homenaxe no Ateneo de Ourense (1977). o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1978)[12] e a Medalla Castelao (1986).[7]

Galería de imaxes

editar
  1. Darriba 2012.
  2. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: r". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-08. 
  3. Ermida Meilán, X. R. (5/4/2011). "O bo de Ben-Cho-Shey". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2018. Consultado o 23/10/2018. 
  4. Fundación Penzol - X. F. (8/2/2020) "Peregrinar coa Xeración Nós en tempo real" La Voz de Galicia.
  5. Valcárcel, M. (6/7/2008). "Ben-Cho-Shey contra a diglosia". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2018. Consultado o 22/10/2018.  Arquivado 23/10/2018, en Wayback Machine.
  6. Membros da Academia. Correspondentes Real Academia Galega.
  7. 7,0 7,1 Membro de honra. 1981 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
  8. Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 6/5/2015.
  9. Ramón e Fernández-Oxea, Xosé (1952). Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo. Conferencia lida no Centro Gallego, de Madrid, co gallo do Centenario do seu nacemento o día 15 dos Santos de 1952. Vigo: Monterrey. 
  10. Prólogo de López Cuevillas e deseños de Risco, Xaquín Lorenzo e o autor.
  11. Galicia no corazón Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. fragmentos.
  12. "El Premio Vitalicio «Barrié de la Maza», a José Ramón y Fernández Oxea". ABC (en castelán). 5/1/1978. p. 34. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar