ZX Spectrum
O Sinclair ZX Spectrum ou ZX Spectrum foi un microordenador de 8 bits baseado no microprocesador Z80 de Zilog, fabricado pola compañía británica Sinclair Research e lanzado ao mercado o 23 de abril de 1982.
En Europa, o Sinclair ZX Spectrum foi o microordenador doméstico máis popular da década dos 80.
O seu deseño optimizado e compacto fixo as delicias de miles de afeccionados á informática e os videoxogos.
Características
[editar | editar a fonte]As características do ZX Spectrum orixinal incluían:
- Microprocesador Zilog Z80 a 3,5 MHz (bus de datos de 8 bits e bus de direccións de 16 bits). Acompañando ao procesador principal estaba a ULA (uncommitted logic array), encargada de realizar funcións auxiliares.
- Dúas configuracións de RAM con 16K ó 48K. É interesante sinalar que, contrariamente ao que a mercadotecnia podería recomendar, non se incluían os 16K de ROM de cada máquina. Así, a memoria total de ambos os modelos era realmente de 32 e 64kB, límite do direccionamiento de 16 bits.
- Estes 16 KB de ROM incluían un intérprete da linguaxe BASIC SINCLAIR desenvolvido pola compañía Nine Tiles Ltd. para Sinclair e que era unha evolución do que xa desenvolvesen para dúas anteriores máquinas comerciais da marca, o ZX-80 e o ZX-81, e das que o Spectrum é continuador. Na mesma zona de memoria tamén estaba o xogo de caracteres ASCII que utilizaba a máquina por defecto (aínda que se podía apuntar a outras zonas de memoria e definir caracteres alternativos) e unha zona reservada xusto antes da memoria de pantalla, ideal para EPROMs que se podían conectar no slot traseiro.
- teclado de caucho integrado no computador no modelo de 16K e na primeira versión de 48k. Un modelo que incorporaba un teclado mellorado mecánico levou o nome de ZX Spectrum Plus. O teclado de caucho orixinal oprimía dous membranas con pistas condutoras que servían para detectar a presión. Esta membrana adoitaba ser a parte máis fráxil do computador e era habitual que ao longo dos anos fose necesario cambiala ata varias veces.
- Sistema de almacenamento por cinta de casete de son común a 1.200 baudios (a velocidade soportada polo sistema operativo en ROM, pero había xogos que usaban o seu propio sistema de carga "turbo" a maior velocidade, aínda que algo máis propensos a producir erros de carga). Un xogo de 48KB tardaba unha media de 5 minutos en cargar. Con "turbo", algo menos. Como periférico adicional, existía unha unidade de disco moi primitiva chamada microdrive de uso frecuente entre desenvolvedores de software.
En definitiva, o deseño do computador era incriblemente optimizado e espremía os seus aparentemente pequenas posibilidades ao máximo. Todas estas características convertían ao ZX Spectrum nun equipo moi alcanzable e versátil, o que achegou a microinformática a un elevado número de persoas.
Sistema de gráficos
[editar | editar a fonte]Unha das peculiaridades do ZX Spectrum é o seu sistema de vídeo, posto que é capaz de mostrar unha matriz de 256x192 pixeles con 16 cores en menos de 8kB, aínda que a resolución destas cores é a nivel de carácter, 8x8 pixeles.
Así, temos 256x192 = 6144 bytes destinados á luminosidade (2048 bytes para cada terzo de pantalla) e 32x24 = 768 bytes dedicados á cor, totalizando un total de 6912 bytes.
O problema de ter distintas resolucións para a luminosidade e a cor obrigaba aos programadores de xogos, especialmente durante as últimas etapas de vixencia do computador, a adoptar solucións enxeñosas para minimizar as colisións entre cores, fenómeno coñecido como "attribute clash" no mundo anglosaxón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: ZX Spectrum |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The ZX Spectrum +3e Homepage, versión ampliada do +3DOS.
- ZXVGS Operating System, páxina oficial do sistema operativo alternativo ZXVGS.
- The ResiDOS Homepage, páxina oficial do sistema operativo alternativo ResiDOS.
- "Papaya Labs, distribuidores do interface divIDE para Spectrum." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2007. Consultado o 23 de xuño de 2007.,
- divIDE - ZX Spectrum ATA interface, máis información sobre o interface divIDE.
- ZX Spectrum Hardware DIY Site-ZXATASP, información sobre o interface ZXATASP para disco duro e CompactFlash.
- ZX Spectrum Hardware DIY Site, información sobre o interface ZXCF para CompactFlash.
- ZX Spectrum Demos & Games, colección actual de máis de 8.000 demos e xogos.
- ZX Spectrum Games since 1982, xogos online do ZX Spectrum.