[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

EPROM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EPROM na que se aprecia a ventá que permite o borrado.

EPROM (Erasable Programable Read-Only Memory, en galego Memoria reprogramable borrable de só lectura), é un tipo de memoria regravable (reprogramable) de acceso aleatorio inventada polo enxeñeiro Dov Frohman. As EPROM son memorias non volátiles, é dicir, manteñen a información almacenada cando se lles retira a alimentación.

Para gravar nunha EPROM, o usuario aplica impulsos eléctricos (envía unha corrente eléctrica equivalente a un 1 ou un 0 lóxicos) na porta dos transistores. En cambio, o borrado é máis complexo, xa que é necesario aplicarlle radiación ultravioleta. De feito, as EPROM teñen unha pequena ventá de cuarzo na parte superior do seu encapsulado que a protexe de radiación non desexada (evitando o borrado accidental) e a través da cal se pode ver o chip de silicio.

Algúns microcontroladores anteriores á aparición das EEPROM e das memorias flash usan unha EPROM para o almacenamento do programa. Tamén a BIOS dos antigos ordenadores persoais era unha memoria deste tipo. Ademais, utilízase en prototipos xa que a produción a pequena escala usando EPROMs é rendible economicamente.