Xosé Ibáñez Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Monforte de Lemos, España |
Morte | 4 de decembro de 1966 (64/65 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, folclorista, musicólogo |
Descrito pola fonte | Dicionario biográfico de Galicia Diccionario da literatura galega Diciopedia do século 21 |
José Ibáñez Fernández,[1][2][3] tamén coñecido como Xosé Ibáñez Fernández[4][5][6][7][8][9], nado en Monforte de Lemos en 1900[10] ou 1901[5][2][3][6][7][8] e finado en Madrid o 4 de decembro de 1966, foi un folclorista, musicólogo e escritor galego. Da súa autoría foi a primeira obra de teatro representada en galego na posguerra[11].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na ferroviaria Compañía del Norte e foi Xefe de Sección Comercial de RENFE. Foi folclorista e musicólogo. Colaborou en El Progreso, asinando os seus artigos como Xan da Fouce.
Obra
[editar | editar a fonte]- Viaxe perdido, 1949. Teatro, monólogo.
- Diccionario galego da rima e galego-castelán, 1950. O primeiro dicionario específico galego.[8] Publicado en 2013 en facsímile por Edicións do Cerne.
- La tragedia de un empleo, 1954. Ensaio ferroviario.
- O Borio, 1961. Teatro, comedia en tres actos.[12]
- Chacuecadas, 1961. Contén 4 pezas: Morto e vivo (monólogo), Catro ladrós honrados (comedia en dous actos), Badaladas (comedia nun acto estreada en 1949) e O velorio (comedia en dous actos).[12]
- Andrómenas, 1961. Contén 5 pezas: A birisca (sainete nun acto), Lucifer (monólogo), O esmoleiro (sainete lírico en dous actos), Estudante fracasado (monólogo) e O cabo Catuxo (monólogo).[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil 1952, p. 229.
- ↑ 2,0 2,1 Vilavedra 1995, p. 289.
- ↑ 3,0 3,1 Diciopedia do século 21.
- ↑ Lourenzo & Pillado Mayor 1979.
- ↑ 5,0 5,1 Fernández del Riego 1992, p. 207.
- ↑ 6,0 6,1 Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ 7,0 7,1 Diccionario enciclopédico galego universal.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Dicionario biográfico de Galicia
- ↑ Galicia: Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro
- ↑ Felipe Aira Pardo. "Lembranzas de José Ibáñez Fernández". Jose Ramón Casanova Otero.
- ↑ Vídeo con fragmentos dunha conferencia Arquivado 14 de outubro de 2016 en Wayback Machine. impartida por Gonzalo Bouza-Brey sobre Xosé Ibáñez.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Ilustrados pola pintora Celia Cortés Rivas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ibáñez Fernández, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 33. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 111. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ibáñez Fernández, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 197.
- "Ibáñez Fernández, José". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1080. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Ibáñez Fernández, Xosé". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 295. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1952). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 229.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 207. ISBN 84-7492-465-0.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, Francisco (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-013-2.
- Tarrío, A. (coord.) (2000). Galicia: Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro (en castelán). Hércules. p. 460. ISBN 978-84-89468-76-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 289. ISBN 84-8288-019-5.