[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Celia Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celia Cortés Rivas»)
Modelo:BiografíaCelia Cortés
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1995 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora, ilustradora Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAndré Lhote (pt) Traducir e Serge Poliakoff (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata


Celia Cortés Rivas, nada en Toledo en 1915 e finada en Monforte de Lemos en 1995, foi unha pintora galega e ilustradora de libros. Desenvolveu a súa vida artística en Monforte de Lemos[1] e unha das súas contribucións máis sinaladas foi o de ser a primeira muller en Galicia que pintou un mural nas paredes dun claustro dun mosteiro.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Toledo por estar alí destinado o seu pai, militar de carreira. Desde 1935 fixou a súa residencia en Monforte de Lemos, onde desenvolveu a súa carreira artística até o seu falecemento.[2]

En 1961, trasladouse a París para ampliar a súa formación pictórica cunha bolsa da Deputación Provincial de Lugo. Na capital francesa tivo como mestres a Andrée Lhote e Serge Poliakoff, así como ao escultor italiano Rossi-Rosso.[2] Logo trasladouse a Barcelona, onde estudou e experimentou con técnicas pictóricas modernas así como coa pintura mural ao fresco, a estilización e os esgrafiados.[2]

As súas obras forman parte do patrimonio artístico da Deputación de Lugo, Concello e Liceo de Ourense, casa sindical de Lugo, consulado de Italia en Vigo, Hospital Clínico de Nova York, Maison Hispano Marroquí de París, Centro Galego de Madrid e Escola Massana de Barcelona, entre outros organismos e sociedades, ademais dalgunha colección particular.[2] O seu nome foi incluído nun tomo da Enciclopedia Galega Universal xunto co doutros artistas como Margarida Conde, Carmen Correa, María do Carme Corredoira e Ruiz de Baro, Ana Costas Frade, Magdalena Crespo Lorenzo ou Raúl Comesaña.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi distinguida con diplomas e medallas individuais no Salón de Outono de Madrid nos anos 1960 e 1961.[2] Durante a súa estancia en París, foi premiada na exposición de Foyer des artistas Boulevard de Montparnasse e na de Ville de París.[2]

Foi unha das catro artistas convidadas, xunto con José Luis Rodríguez, Enrique Navarro, e Juan Parés, para crear un mural que substituíse as pinturas queimadas no claustro do mosteiro de San Xulián de Samos baixo a temática da vida de San Bieito.[4][5] Finalizou o encargo a finais de 1963, creando un mural de 7 metros de largo por 6 de longo polo que recibiu eloxios xa desde os bosquexos do abade da congregación beneditina, o pai Celestino María Gusi i Rosell e do mitrado de Samos, Mauro Gómez Pereira.[2]

Pintou as pendentes da cúpula da igrexa de Seoane en Monforte de Lemos.[2] Ilustrou tres libros de José Ibáñez Fernández: Chacuecadas, O Borio e Andromenas.[6]

  1. Marta. "Cortés, Celia, 1935- – Autores Galegos na BUSC". Consultado o 2024-06-10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Lugo, El Progreso de (2023-02-04). "Celia Cortés, una artista sobresaliente un tanto olvidada" (en castelán). Consultado o 2024-06-10. 
  3. "Bibliografía de Escultores Gallegos, Raúl Comesaña Covelo". Consultado o 2024-06-02. 
  4. "Pinturas Murales · Monasterio de San Julian de Samos · Abadia de Samos". Consultado o 2024-06-01. 
  5. "Estrellas en el claustro de Samos" (en castelán). 2005-03-12. Consultado o 2024-06-02. 
  6. "Cortes, Celia 1935" (en inglés). Consultado o 2024-06-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VV. AA. (1999). Bieito Ledo Cabido, ed. Enciclopedia Galega Universal. Tomo 6º. Vigo: Ir Indo Edicións. p. 518. ISBN 84-7680-294-3.