Xogos Olímpicos de 1992
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Nome oficial | Spiller vun der XXV. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Amics per Sempre |
Mascota | Cobi (pt) |
Composto por | Badminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 1992 Basque pelota at the 1992 Summer Olympics taekwondo at the 1992 Summer Olympics + ../... 34 |
Número de participantes | 169 9.356 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 257 |
Deportes | 28 |
Localización | Barcelona (Barcelonès) 41°22′57″N 2°10′37″L / 41.3825, 2.1769 |
País | España |
Intervalo de tempo | 25 de xullo de 1992 – 9 de agosto de 1992 |
Número de edición | 25 (1992) |
Aberto oficialmente por | Xoán Carlos I de España (25 de xullo de 1992) |
Xuramento feito por | Luis Doreste (pt) (deportista) Eugeni Asensio (en) (árbitro) |
Facho acendido por | Antonio Rebollo (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a segunda guerra mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.
O desmembramento de Iugoslavia levou a Croacia, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia a participaren cos seus propios equipos nacionais. A Iugoslavia remanescente non foi aceptada nos Xogos, por causa da súa agresión militar aos pobos veciños, mais atletas iugoslavos participaron individualmente, baixo bandeira olímpica.
A cerimonia de apertura dos Xogos, feita polo Rei Xoán Carlos I, contou coa entrada da delegación española levando á cabeza o propio Príncipe de Asturias, herdeiro do trono español, Filipe de Borbón, integrante do equipo español de Vela, 32 anos após a participación de súa nai, a Raíña Sofía, grega de nacemento, no equipo de Vela de Grecia nos Xogos de Roma en 1960. A pira olímpica, nun efecto visual espectacular, foi acesa por unha frecha en fogo disparada polo arqueiro parapléxico Antonio Rebollo.
Cidades candidatas
[editar | editar a fonte]XXV Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
91º Sesión do Comité Olímpico Internacional 17 de outubro de 1986, Lausana (Suíza) | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
Barcelona | España | 29 | 37 | 47 | ||
París | Francia | 19 | 20 | 23 | ||
Belgrado | Iugoslavia | 13 | 11 | 5 | ||
Brisbane | Australia | 11 | 9 | 10 | ||
Birmingham | Reino Unido | 8 | 8 | — | ||
Ámsterdan | Países Baixos | 5 | — | — |
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Cerimonia de inauguración
[editar | editar a fonte]A cerimonia inaugural, no Estadio Olímpico de Montjuïc, tivo lugar o día 25 de xullo de 1992 e contou coa presenza dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía. Durante a mesma representouse a escena mitolóxica de Hércules separando os continentes de Europa e África creando o mar Mediterráneo, así como o nacemento da cidade de Barcelona, nun espectáculo de La Fura dels Baus creados para a ocasión, chamado Mediterrani, mar Olìmpic. As impoñentes voces da soprano Montserrat Caballé (que gravara unha canción para o evento xunto co entón xa falecido Freddie Mercury), da mezzo Teresa Berganza e das sopranos Victoria de los Ángeles e Ana Vila. Tamén formaron parte do espectáculo a impoñente Sarah Brightman, Amigos para siempre, o tenor José Carreras ademais dos tenores Plácido Domingo, Jaume Aragall, Alfredo Kraus e o barítono Joan Pons. Cun repique de tambores un porteiro, o atleta Antonio Rebollo, lanzou desde o campo do estadio unha frecha en cuxa punta relucía o lume olímpico que, ao alcanzar a súa meta, acendeu o pebetero Olímpico. Calcúlase que uns 2.000 millóns de persoas en todo o mundo seguiron por televisión a cerimonia de apertura dos Xogos.
Máis tarde, o alcalde de Barcelona Pasqual Maragall pronunciou no seu discurso varias frases a favor da paz na antiga Iugoslavia. O alcalde iniciou o seu discurso nomeando a Olimpíada Popular de 1936, que se abortou a consecuencia da Guerra Civil. Todo o discurso foi narrado en catro linguas oficiais dos Xogos Olímpicos. Na cerimonia podíanse ler a tradución escenográfica da mellor pintura española e particularmente catalá. Por exemplo varias imaxes de arquitectura de Gaudí e cadros de Dalí, de Miró e de Goya. Para finalizar esta breve información sobre a inauguración, pódese dicir que a cerimonia de apertura foi un magnífico acto, moi elegante, o cal estaba cheo de cores puras e aromas populares.
Calendario
[editar | editar a fonte]Programa dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | xullo | agosto | |||||||||||||||||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Cerimonias | A | C | |||||||||||||||||||
Atletismo | 2 | 4 | 4 | 6 | 5 | 6 | 6 | 9 | 1 | 9 | 43 | ||||||||||
Bádminton | 4 | 8 | 4 | ||||||||||||||||||
Baloncesto | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Balonmán | 2 | 11 | 2 | ||||||||||||||||||
Béisbol | 1 | 9 | 1 | ||||||||||||||||||
Boxeo | 6 | 6 | 14 | 12 | |||||||||||||||||
Ciclismo | 2 | 1 | 1 | 5 | 1 | 7 | 10 | ||||||||||||||
Esgrima | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 9 | 8 | |||||||||||
Fútbol | 1 | 11 | 1 | ||||||||||||||||||
Halterofilia | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 10 | |||||||||
Hípica | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | 6 | ||||||||||||||
Hóckey sobre herba | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Judo | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 7 | 14 | ||||||||||||
Loita | 3 | 3 | 4 | 3 | 3 | 4 | 10 | 20 | |||||||||||||
Natación | 4 | 4 | 5 | 5 | 5 | 6 | 6 | 6 | 31 | ||||||||||||
Natación sincronizada | 1 | 1 | 5 | 2 | |||||||||||||||||
Péntatlon moderno | 2 | 4 | 2 | ||||||||||||||||||
Piragüismo | 2 | 2 | 6 | 6 | 8 | 16 | |||||||||||||||
Remo | 7 | 7 | 7 | 14 | |||||||||||||||||
Saltos | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | 4 | |||||||||||||||
Tenis | 2 | 2 | 12 | 4 | |||||||||||||||||
Tenis de mesa | 1 | 1 | 10 | 4 | |||||||||||||||||
Tiro con arco | 2 | 2 | 5 | 4 | |||||||||||||||||
Tiro olímpico | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 8 | 13 | |||||||||||
Vela | 2 | 7 | 1 | 9 | 10 | ||||||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 13 | 2 | |||||||||||||||||
Wáter-polo | 1 | 7 | 1 | ||||||||||||||||||
Ximnasia | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | 6 | 1 | 11 | 15 | ||||||||||||
Finais | 0 | 9 | 12 | 14 | 17 | 19 | 19 | 23 | 27 | 19 | 12 | 12 | 12 | 23 | 23 | 10 | 257 | ||||
Día | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Días | Finais | |||
Mes | xullo | agosto |
Cerimonias | Xornada de competición | Xornada con final | 4 | Número de finais |
Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Equipo Unificado | 45 | 38 | 29 | 112 |
2 | EUA | 37 | 34 | 37 | 108 |
3 | Alemaña | 33 | 11 | 28 | 82 |
4 | China | 16 | 22 | 16 | 54 |
5 | Cuba | 14 | 6 | 11 | 31 |
6 | España | 13 | 7 | 2 | 22 |
7 | Corea do Sur | 12 | 5 | 12 | 29 |
8 | Hungría | 11 | 12 | 7 | 30 |
9 | Francia | 8 | 5 | 16 | 29 |
10 | Australia | 7 | 9 | 11 | 27 |
Cerimonia de clausura
[editar | editar a fonte]Na cerimonia de clausura, celebrada o 9 de agosto no Estadio Olímpico, o entón presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), Juan Antonio Samaranch, declarou que os de Barcelona foran os mellores Xogos Olímpicos da Historia. A afirmación foi corroborada por todos os medios de comunicación internacionais e atletas de todos os países, que tiveron en conta a modélica organización, a ausencia de incidentes, a masiva participación de cidadáns voluntarios, a comodidade e beleza das instalacións e, sobre todo, o grande apoio popular dos cidadáns barceloneses, que recibiron os xogos cun entusiasmo que propiciou que a cidade vivise un grande ambiente festivo durante todo o evento.
Unha vez apagada a chama olímpica, no medio dunha choiva de fogos artificiais, Cobi, a mascota española, desapareceu ceo arriba, navegando polo aire nun barco de papel.
Tras un espectáculo piroartístico, realizouse unha presentación musical na cal participaron Los Amaya, Peret e Los Manolos.
Efecto dos Xogos
[editar | editar a fonte]Os Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper vellos estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional. As celebracións durante o mesmo ano do quinto centenario do Descubrimento de América, a Exposición Universal de Sevilla e a capitalidade europea da cultura de Madrid completaron o ano do período democrático con maior resonancia internacional de España que, paradoxalmente, vivía sumida nunha grave crise política que se agudizaría a partir de 1993. Cos Xogos Olímpicos aumentou significativamente o turismo, o cal supuxo un aumento de ingresos.
Melloras na cidade de Barcelona
[editar | editar a fonte]Para as olimpíadas da cidade de Barcelona tivéronse que realizar numerosos cambios para que fose elixida. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:
- A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
- A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona.
- Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
- Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
- Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
- A cidade de Barcelona abriuse ao mar.
Imaxe e identidade corporativa
[editar | editar a fonte]Os xogos de Barcelona tamén significaron unha renovación no que se referiu ao tratamento da imaxe e a identidade corporativa. Así se puido comprobar na edición de carteis, nas emisións de moedas conmemorativas e selos que realizou a FNMT en Madrid e tamén na Colección de 16 Medallas oficiais conmemorativas dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 que se realizou en Barcelona.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Comité Olímpico EspañolArquivado 26 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina do especial do Décimo aniversario de Barcelona´92 (en castelán)