Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
A XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno tivo lugar na cidade de Saraxevo en Iugoslavia do 8 ao 19 de febreiro de 1984, sendo a primeira vez que se celebran estes Xogos nun país socialista.
Elección da sede
[editar | editar a fonte]A cidade de Saraxevo tivo que competir contra outras dúas cidades para ser sede dos XIV Xogos Olímpicos de Inverno. Estas outras cidades foron Gotemburgo en Suecia e Sapporo no Xapón, que xa fora a sede en 1972 dos Xogos Olímpicos de Inverno. A elección levouse a cabo na 80.ª sesión do COI que tivo lugar na cidade de Atenas (Grecia) o 18 de maio de 1978.
XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 | ||||
---|---|---|---|---|
80ª sesión do Comité Olímpico Internacional 18 de maio de 1978, Atenas, Grecia | ||||
Cidade | País | Votación | ||
Saraxevo | Iugoslavia | 31 | 39 | |
Sapporo | Xapón | 33 | 36 | |
Gotemburgo | Suecia | 10 | - |
Facho Olímpico
[editar | editar a fonte]Do 29 de xaneiro ao 8 de febreiro, 1.600 relevistas levaron a chama olímpica nun percorrido de 5.289 quilómetros que comezou na cidade grega de Olímpia e logo seguiu dúas rutas a través de Iugoslavia:
A última portadora do facho olímpico foi a patinadora artística Sanda Dubravčić, quen a recibiu das mans do esquiador Bojan Križaj.
Mascota oficial
[editar | editar a fonte]Os lectores dos xornais iugoslavos foron os encargados de elixir a mascota dos Xogos a partir dunha lista de seis finalistas. O gañador foi Vučko, un pequeno lobo, deseñado polo ilustrador e deseñador esloveno Jože Trobec.
Sedes
[editar | editar a fonte]Sedes urbanas
[editar | editar a fonte]- Estadio Koševo - cerimonias de apertura
- Olympic Hall Zetra - patinaxe artística sobre xeo, hóckey sobre xeo (final), cerimonias de clausura
- Pista de Hielo Zetra - patinaxe de velocidade sobre xeo
- Skenderija II Hall - hóckey sobre xeo
Sedes de montaña
[editar | editar a fonte]- Bjelašnica - esquí alpino (masculino)
- Jahorina - esquí alpino (feminino)
- Igman - esquí de fondo, combinado nórdico (esquí de fondo), bíatlon
- Saltos Olímpicos de Igman - combinado nórdico (saltos en esquí), saltos en esquí
- Trebević - bobsleigh, luge
Outras dependencias
[editar | editar a fonte]- Vila Olímpica, Mojmilo
- Vila da Prensa, Dobrinja
- Hoteis: Igman (Igman), Famos (Bjelašnica), Smuk (Bjelašnica), Bistrica (Jahorina)
Deportes
[editar | editar a fonte]Países participantes
[editar | editar a fonte]49 Comités Olímpicos Nacionais (CONs) rexistraron atletas nos Xogos Olímpicos de Inverno 1984, sendo este un récord ata a data.
Exipto, Mónaco, Porto Rico, Senegal, e as Illas Virxes Británicas participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno.
A República da China finalizou o seu boicot aos Xogos Olímpicos tralo recoñecemento da República Popular da China por parte del COI, e competiu como China Taipei por primeira vez.
Lista de nacións participantes | ||
---|---|---|
|
|
|
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Alemaña Oriental | 9 | 9 | 6 | 24 |
2 | Unión Soviética | 6 | 10 | 9 | 25 |
3 | Estados Unidos | 4 | 4 | 0 | 8 |
4 | Finlandia | 4 | 3 | 6 | 13 |
5 | Suecia | 4 | 2 | 2 | 8 |
6 | Noruega | 3 | 2 | 4 | 9 |
7 | Suíza | 2 | 2 | 1 | 5 |
8 | Canadá | 2 | 1 | 1 | 4 |
9 | Alemaña Occidental | 2 | 1 | 1 | 4 |
10 | Italia | 2 | - | - | 2 |
11 | Reino Unido | 1 | - | - | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Organizacioni komitet XIV zimskih olimpijskih igara Sarajevo, ed. (1984). "The Olympic Flame". Sarajevo '84, Final Report (PDF) (en inglés). Sarajevo: Oslobodenje. pp. 122–124. OCLC 20516630. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21/12/2011. Consultado o 16/04/2012.