[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xácara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xácara[1] é un dos xéneros satíricos que se representaban no entreacto das comedias do Século de Ouro español, en forma de romance octosílabo. Posteriormente deu nome a varias composicións populares de tipo similar en todo o territorio hispanofalante.

O seu nome provén de xaque, "malfeitor, rufián, valentón". Antes de ser representada, a xácara xa existía como composición poética en romance, co mesmo ton e tema antes referido, e de aí pasou ao segundo entreacto dunha comedia, no cal era o normal que se representasen pequenas composicións, que podían ser bailes, loas, entremeses... A xácara era un destes xéneros.

O seu creador parece ser Rodrigo de Reinosa, heterónimo de Rodrigo de Linde, que escribiu no último cuarto do século XV o seu Razonamiento por coplas en que se contrahace la germanía e fieros de los rufianes e las mujeres del partido; e de un rufián llamado Cortaviento y ella Catalina Torres-Altas. Fechas por Rodrigo de Reynosa, compostas en forma de quintillas dobres. Pero nun principio alternan dous tipos de xaques: as personificacións do soldado valentón ou fanfarrón o tópico renacentista dos miles gloriosus e o criminal chulo emparellado cunha daifa ou tronga á que coida e que o mantén. Desde la Relación de la cárcel de Sevilla de Cristóbal de Chaves (1591-1592) o xénero céntrase en personaxes claramente da mafia e á marxe da sociedade. Cultivárono despois Álvaro de Solana, Pedro de Padilla, Pedro Liñán de Riaza e Miguel de Cervantes. A primeira colección impresa foi a de Juan Hidalgo, Romances de germanía (Barcelona, 1609), pero o que fixou o xénero foi sen dúbida Francisco de Quevedo coa súa Jácara del Escarramán (1612), que presentaba ao personaxe e fíxose famosísima, coñecendo infinidade de glosas e imitacións.[2] O xénero alcanza a súa madurez xusto en 1650, a metade do século XVII.

Os personaxes adoitaban ser delincuentes, pícaros, chulos, guapos ou xente do mundo da mafia. Destaca o agudo humor e o dominio da xerga dos baixos fondos (xermanía), que provocaba a hilaridade con crítica social. Tamén era propio un ton especial ao cantar, o ton "de xácara", característico desta composición. Algúns dos personaxes que se caracterizaban como "xaques" ou chulos foron Cortaviento, Pedro de Castro, Cantarote, Montilla, o famoso Maladros, "pai fundador" de xaques, Escarramán e a Méndez, a famosísima parella creada por Quevedo, etc.[3]..

Miguel de Cervantes, na súa comedia El rufián dichoso (I, 176-185), describe unha xácara desta maneira:

Es un romance jácaro / que le igualo y le comparo / al mejor que se ha compuesto: / echa de la hampa el resto / en estilo jaco y raro. / Tiene vocablos modernos / de tal manera que encantan; / unos bravos y otros tiernos; / ya a los cielos se levantan / ya bajan a los infiernos

Calderón de la Barca, Francisco de Quevedo (cuxas xácaras destacan sobre as demais), Juan Vélez de Guevara e moitos outros cultivaron o xénero.

Ya está metido en la trena
tu querido Escarramán... (Francisco de Quevedo).

A xácara evolucionou, parodiando con frecuencia a haxiografía divina, até o punto de que se chegou a chamar "haxiografía xermanesca" en autores como Jerónimo de Cáncer e Antonio de Solís, e converteuse no século XVIII no romance de guapos, bandoleiros ou contrabandistas, destacando en especial os sete famosos romances de Francisco Esteban.[4][5][6]

Xácara musical

[editar | editar a fonte]

Durante os séculos XVII e XVIII, a xácara foi tamén un estilo musical de carácter instrumental. Destacan as xácaras para guitarra de cinco ordes (hoxe chamada "guitarra barroca") dos compositores Antonio de Santa Cruz, Gaspar Sanz, Francisco Guerau e Santiago de Murcia; así como xácaras para arpa de dúas ordes de Lucas Ruiz de Ribayaz, e para tecla de Juan Bautista Cabanilles e Antonio Martín y Coll.

Do mesmo xeito que o canario, o vilán e as marionas, as xácaras gozaron dunha predilecta posición entre as danzas españolas do seu tempo.

Nos arquivos musicais hispanoamericanos tamén se conservan xácaras: por exemplo, a xácara de Roque Cerutti (1683-1760), composta en Lima, "Según veo el aparato".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • José Domínguez Caparrós, Diccionario de métrica española. Madrid: Alianza Editorial, 2004.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]