Entremés
Aparencia
Un entremés é unha obriña teatral nun só acto que se caracteriza pola brevidade (150-1000 liñas), pola comicidade e, ademais pola dependencia, ó representarse nos descansos entre actos dunha obra principal.
A trama e o conflito son mínimos. O tempo e o espazo están só vagamente aludidos. O número de figuras oscila entre tres e cinco. Os personaxes son tipos máis ou menos estereotipados de estratos sociais baixos e populares, que se mostran en situacións insólitas, absurdas e grotescas para provocar comicidade.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araújo.
- A carauta, de Eduardo Blanco Amor, recreación do paso castelán La carátula de Lope de Rueda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |