[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Virginia Woolf

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaVirginia Woolf

(1927) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Adeline Virginia Stephen Editar o valor en Wikidata
25 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1941 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Lewes (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonk's House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMonk's House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing's College de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, crítica literaria, editora, escritora, activista polos dereitos das mulleres, autora de diarios, autobiógrafa, escritora de contos, ensaísta, autora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor en Wikidata - 1941 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDrama e Prosa Editar o valor en Wikidata
MovementoCírculo de Bloomsbury Editar o valor en Wikidata
ProfesoresErnest de Sélincourt (pt) Traducir, Janet Elizabeth Case (pt) Traducir e Clara Pater (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLeonard Woolf (1912–1941) Editar o valor en Wikidata
ParellaVita Sackville-West Editar o valor en Wikidata
PaisLeslie Stephen Editar o valor en Wikidata  e Julia Prinsep Stephen Editar o valor en Wikidata
IrmánsVanessa Bell
Thoby Stephen
Adrian Stephen
George Herbert Duckworth
Stella Duckworth
Gerald Duckworth
Laura Stephen Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вулф Вирджиния)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0941173 BNE: XX1686942 Bitraga: 466 Dialnet: 2031882 Spotify: 6BW96bn7aMQW9idufxJGF9 iTunes: 2776443 Last fm: Virginia+Woolf Musicbrainz: b6349539-7ff8-4ed1-b53a-5988ba6e1b66 Discogs: 1716551 IMSLP: Category:Woolf,_Virginia Allmusic: mn0000685000 WikiTree: Stephen-525 Find a Grave: 3486 Deezer: 1640183 Editar o valor en Wikidata

Adeline Virginia Stephen, coñecida como Virginia Woolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882[1] e finada en Rodemell o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británicaautora de novelas, contos, obras teatrais e demáis obras literarias; considerada unha das más salientables figuras do vanguardista modernismo anglosaxón do século XX e do feminismo internacional.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Filla de sir Leslie Stephen, distinguido crítico e historiador,[1] Virginia Woolf creceu nun ambiente frecuentado por literatos, artistas e intelectuais. Tralo falecemento do seu pai, en 1905, estableceuse coa súa irmá Vanessa (pintora que casaría co crítico Clive Bell) e os seus dous irmáns no barrio londiniense de Bloomsbury, que se converteu en centro de reunión de antigos compañeiros universitarios do seu irmán máis vello, entre os que figuraban intelectuais do talle do escritor E. M. Forster, o economista John Maynard Keynes e os filósofos Bertrand Russell e Ludwig Wittgenstein, e que sería coñecido como o grupo ou círculo de Bloomsbury. En 1912, cando contaba trinta anos, casou con Leonard Woolf, economista e membro tamén do grupo, con quen fundou en 1917 a soada editorial Hogarth Press, que editou a obra da propia Virginia e a doutros relevantes escritores, como Katherine Mansfield, T. S. Eliot ou Sigmund Freud.

Novelística

[editar | editar a fonte]

As súas primeiras novelas, Viaxe de ida e Noite e día, poñen xa de manifesto a intención da escritora de romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais; con todo, estes primeiros títulos apenas mereceron consideración por parte da crítica. Só trala publicación de A señora de Dalloway e Ao faro os críticos comezaron a eloxiar a súa orixinalidade literaria. Nestas obras chaman xa a atención a mestría técnica e o afán experimental da autora, quen introducía ademais na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Desaparecidas a acción e a intriga, as súas narracións esfórzanse por captar a vida cambiante e inasible da conciencia. Influída pola filosofía de Henri Bergson, Woolf experimentou con especial interese co tempo narrativo, tanto no seu aspecto individual, no fluxo de variacións na conciencia do personaxe, como na súa relación co tempo histórico e colectivo. Así, Orlando constitúe unha fantasía libre, baseada nalgunhas pasaxes da vida de Vita Sackville-West, amiga e tamén escritora, en que a protagonista vive cinco séculos da historia inglesa. En As ondas presenta o «fluxo de conciencia» de seis personaxes distintos, é dicir, a corrente preconsciente de ideas tal como aparece na mente, a diferenza do lóxico e ben trabado monólogo tradicional. Escribiu así mesmo unha serie de ensaios que viraban en torno da condición da muller, nos que destacou a construción social da identidade feminina e reivindicou o papel da muller escritora, como n'Un cuarto de seu. Destacou á súa vez como crítica literaria, e foi autora de dúas biografías: unha divertida recreación da vida dos Browning a través dos ollos do seu can (Flush) e outra sobre o crítico R. Fry (Fry). Nun dos accesos dunha enfermidade mental que obrigara a ingresala en varias ocasións ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941 desapareceu da súa casa de campo, ata que días despois o seu corpo foi achado no río Ouse, no que se supón foi un suicidio, xa que se guindara ao río cun abrigo cargado de pedras.

Varias das obras de Virginia Woolf foron xa traducidas ao galego.

Ademais, foron traducidos ao galego os relatos Retrato dunha londiniense (Portrait of a Londoner), A marca na parede (The Mark on the Wall), Kew Gardens, Unha novela non escrita (An Unwritten Novel) e A muller no espello: un reflexo (The Lady in the Looking-Glass), publicadas en De espellos, trens e outros velenos, traducidos, prologados e anotados por Begoña R. Outeiro (Ir Indo: 2006)[3].

Obras da crítica galega

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • The Hours, 2002. Director: Stephen Daldry. Tres historias de tres mulleres en diferentes épocas entramadas a partir da novela do mesmo nome do autor Michael Cunningham, inspirada na obra de Woolf Mrs Dalloway.
  1. 1,0 1,1 López, Alberto (2018-01-26). "Virginia Woolf, la escritora premonitoria inagotable". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-27. 
  2. "Virginia Woolf - Quotes, Books & Life". Biography (en inglés). 2022-09-12. Consultado o 2024-10-13. 
  3. Ficha do libro Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Ir Indo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]