[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Volkssturm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volkssturm
Decreto do Führer sobre a formación da Volkssturm de 25 de setembro de 1944
País Alemaña Nazi

Volkssturm ("A tormenta do pobo"),[1] [2] foi a milicia nacional alemá creada por Adolf Hitler. Homes e mulleres de entre 16 e 60 anos foron recrutados e integrados no plan de defensa da Alemaña nazi para conter o avance do Exército Vermello e as tropas aliadas occidentais.

Visión xeral

[editar | editar a fonte]

O Volkssturm non foi establecido pola Wehmacht exército alemán ou o Heer (o compoñente terrestre das forzas armadas alemás), senón polo partido nazi por orde de Adolf Hitler o 25 de setembro de 1944.[3]

Membros da Volkssturm desfilando en Berlín, novembro de 1944

O equipo estaba formado por homes recrutados con idades comprendidas entre os 16 e os 60 anos, que aínda non prestaran servizo nunha unidade militar. A Volkssturm converteuse nun dos compoñentes finais da "guerra total" promulgada polo ministro de Propaganda Joseph Goebbels, como parte dun esforzo nazi para vencer o poderío militar dos seus inimigos mediante a forza da vontade.[4]

As unidades Volkssturm libraron batallas infrutuosas contra as forzas aliadas cara ao final da guerra, e en varias ocasións os seus membros participaron en atrocidades acompañados de civís alemáns e das Xuventudes Hitlerianas, supervisados por membros das SS ou dos líderes Gau.

Fase final

[editar | editar a fonte]

Mentres as Cruces de Ferro estaban distribuídas en lugares como Berlín, outras cidades e vilas como Parchim e Mecklemburgo foron testemuñas de vellas elites, actuando como mandos militares das Xuventudes Hitlerianas e Volkssturm, afirmándose e esixindo que a loita defensiva cesase para salvar vidas e bens.[5]

A pesar dos seus esforzos, os últimos catro meses da guerra foron un exercicio en inutilidade para a Volkssturm, e a insistencia da dirección nazi en continuar a loita ata o final contribuíu a 1,23 millóns (aproximadamente) de mortes máis, a metade delas militares alemáns e a outra metade de Volkssturm. [6] [a]

En moitas cidades pequenas, cando os principais membros da Volkssturm se negaron a loitar contra as forzas aliadas superiores, como parte dun intento de evitar a "destrución total" das súas rexións de orixe, foron xulgados e "sumariamente aforcados" por activistas dos quebrados.[9] Miles foron así mortos en Franken durante a primavera de 1945.[10]

Comentario

[editar | editar a fonte]
  1. O número presentado polo historiador Stephen Fritz non corresponde ás observações de Richard J. Evans, que relatou 175.000 membros de Volkssturm mortos durante a loita contra os exércitos profesionais dos Aliados occidentais e da Unión Soviética.[7] Os números de Evans son baseados nos membros listados nas fichas e relatados como mortos, en canto Martin Sorge apontou que este número non inclúe os 30.000 listados como supostamente desaparecidos ou mortos nun informe de 1963.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.