The Smashing Pumpkins
The Smashing Pumpkins | |
---|---|
A banda tocando no festival Primavera Sound '07, en Barcelona | |
Orixe | Chicago, Illinois, Estados Unidos |
Período | 1987 - 2000 2006 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Caroline, Constantinople, Hut, Martha's Music, Rocket Science, Virgin, BMG, Reprise Records, Warner Bros., Sub Pop, Napalm Records |
Membros | Billy Corgan Jeff Schroeder Jimmy Chamberlin James Iha |
Antigos membros | D'Arcy Wretzky Melissa Auf der Maur Jonathan Melvoin Lisa Harriton Ginger Reyes Nicole Fiorentino Mike Byrne |
Artistas relacionados | Starchildren, Zwan, Marilyn Manson, A Perfect Circle |
Na rede | |
smashingpumpkins.com | |
The Smashing Pumpkins é unha banda de rock alternativo estadounidense que destacou durante a década dos 90. Formouse no ano 1987 en Chicago e separouse no ano 2000. A súa formación clásica estivo composta por Billy Corgan (guitarra e voz), James Iha (guitarra), D'Arcy Wretzky (baixo) e Jimmy Chamberlin (batería). D'Arcy deixou o grupo en 1999 e foi substituída pola baixista canadense Melissa Auf der Maur, que proviña da banda Hole.
A principios do ano 2006 Billy Corgan e Jimmy Chamberlin volveron resucitar The Smashing Pumpkins e comezaron a gravar un novo traballo despois de seis anos de silencio. Este disco, titulado Zeitgeist, saíu o 6 de xullo de 2007[1] a través do selo Reprise Records. Billy Corgan e Jimmy Chamberlin contaron cos novos membros Jeff Schroeder (guitarra, vocais), Ginger Reyes (baixo, vocais) e Lisa Harriton (teclados, vocais) para a xira de divulgación do álbum Zeitgeist.
En marzo do ano 2009, Corgan anunciou que Chamberlin deixaba a banda, pero que el continuaría gravando e actuando usando o nome de The Smashing Pumpkins. Corgan recrutou ao batería Mike Byrne para reemprazalo. O grupo publicou o seu derradeiro traballo ata a data, Oceania, en xuño do ano 2012.
Renegando das raíces punk rock de moitas das bandas de rock alternativo da súa época, The Smashing Pumpkins ten un son diverso, denso e con guitarras pesadas, contendo elementos de rock gótico, heavy metal, dream pop, rock psicodélico, rock progresivo, shoegazing e, nas últimas gravacións, música electrónica.
Biografía
[editar | editar a fonte]Os comezos
[editar | editar a fonte]A formación da banda
[editar | editar a fonte]Aos 19 anos, o cantante e guitarrista Billy Corgan deixou a súa cidade natal de Chicago, Illinois, e trasladouse a St. Petersburg en Florida coa súa banda de rock gótico The Marked, chamada así polas marcas de nacemento que tiñan Billy e o batería nunha man. O conxunto tivo un éxito limitado e rapidamente se disolveu. Corgan volveu a Chicago e comezou a traballar nunha tenda de discos e formou a idea de crear unha banda chamada The Smashing Pumpkins.[2][3]
En 1987, na tenda, Billy coñeceu a James Iha, un descendente de xaponeses que estudaba artes gráficas na Loyola University e tiña un grupo chamado Snake Train. Co tempo, James e Billy decatáronse de que tiñan gustos e intereses semellantes e acabaron por formar xuntos unha banda. James continuou tocando con Snake Train, mentres Billy buscaba a outras persoas interesadas en xuntarse a eles. Xuntos comezaron a compoñer temas, coa axuda dunha caixa de ritmos, cunha forte influencia de The Cure e New Order.[4]
O dúo, con Corgan no baixo, Iha na guitarra e a súa caixa de ritmos, actuou por vez primeira o 9 de xullo de 1988 nun bar chamado Chicago 21.[5][6]
Billy coñeceu a D'Arcy nun bar de Chicago, chamado Avalon. No seu exterior comezaron a discutir sobre a banda que acababa de tocar alí, Dan Reed Network. Durante a discusión ela comentou que tocaba o baixo e Billy díxolle que tiña unha banda e que estaba na procura dun baixista, así que acabou dándolle o seu teléfono para facer unha proba.
Despois dun tempo D'Arcy chamou a Billy para facer unha audición. Durante a proba D'Arcy estaba moi nerviosa, e segundo Billy Corgan, apenas era capaz de coller o baixo, pero gustáronlle as súas maneiras e a súa personalidade e acabou entrando na banda sen apenas escoitala tocar.
A esas alturas, Billy e James xa tiñan algún material gravado. Xunto con Ron Roesing (o batería de The Marked) gravaron unha demo no estudio doméstico do produtor Bob English, en xuño de 1988. A cinta foi titulada Nothing Ever Changes e a banda gañou o nome de The Smashing Pumpkins. Pouco despois desa primeira experiencia nun estudio, Ron deixou o grupo. Cunha caixa de ritmos, Billy e James gravaron unha segunda demo, que tiña cancións como "My Eternity", "Screaming" e "Bleed", todas compostas por Corgan e déronlle esa cinta a Joe Shanahan, dono do Metro Club, lugar bastante famoso en Chicago.
A primeira presentación de The Smashing Pumpkins aconteceu no día 10 de agosto de 1988 no Avalon, con preto de 50 persoas no público. D'arcy xa tocaba o baixo, con Billy nas voces e á guitarra, e James na segunda guitarra (a batería aínda era electrónica). Joe Shanahan estaba presente e gustóulle a actuación da banda, polo que os convidou a tocar no Metro Club cunha condición: que atopasen un batería de verdade.[7]
A partir desa condición os Pumpkins comezaron a buscar un cuarto membro, mentres facían pequenos concertos e comezaban a ser coñecidos no underground americano. Un amigo de Billy suxeríulles contactar con Jimmy Chamberlin[8], un batería de jazz que fora integrante de JP & The Cats. Jimmy estaba desempregado nesa época, e aceptou a invitación de Billy Corgan para entrar en The Smashing Pumpkins. El incluso estivera presente nalgúns dos primeiros concertos da banda e pensaba que o grupo era unha "atrocidade", pero con potencial e moi boas letras. O día 5 de outubro The Smashing Pumpkins realizou a súa primeira actuación con Chamberlin no Cabaret Metro[8].
As primeiras actuacións como cuarteto
[editar | editar a fonte]En novembro de 1988, os Pumpkins (xa cun certo prestixio no circuíto alternativo) conseguiron unha boa oportunidade de divulgar o seu traballo: foron convidados para abrir un concerto de Jane's Addiction, unha das bandas de rock alternativo máis importantes dos Estados Unidos.[9]
A comezos de 1989, The Smashing Pumpkins participou nun programa especial da radio WZRD de Chicago, tocando 11 temas para promocionar o seu futuro primeiro álbum e unha nova demo gravada (que non tiña título) pouco tempo antes. O día 17 de marzo (Billy cumpría 22 anos ese día), tocaron nun festival chamado Light Into Dark, que contaba tamén con outras catro bandas de Chicago. Cada banda tivo 30 minutos para amosar o seu traballo, e máis tarde un recompilatorio dese festival saíu polo selo Halo Records, onde The Smashing Pumpkins aparece con dúas cancións, "Sun" e "My Dahlia".[10] En setembro, unha nova demo, chamada Moon, foi gravada e comercializada pola banda. Para pechar o ano, foron convidados para ser os abreconcertos de The Lemonheads en novembro, e participaron nun concerto o último día do ano ao lado da banda My Life With Thrill Kill Kult.
O ano de 1990 comezou co lanzamento dun vinilo de 7" chamado "I Am One", a través do selo local Limited Potential. O mini disco traía, ademais do tema que lle dá título, tamén o tema "Not Worthing Asking". En agosto, tanto recentemente formado proxecto paralelo de Billy Corgan, Starchildren, como The Smashing Pumpkins fixeron concertos polos Estados Unidos. Nesa época, os Pumpkins xa tocaban algunhas das cancións que irían aparecer no seu primeiro disco, á parte de de versións como "Sookie Sookie" de Steppenwolf e "Godzilla" de Blue Öyster Cult. Billy dicía que a súa banda tiña influencias do movemento grunge que comezaba a saír de Seattle, e de bandas de hard rock antigas, como Cream, Blue Cheer e Led Zeppelin.
Tras venderse todas as copias de "I Am One", en decembro a banda lanzou un novo sinxelo, titulado "Tristessa". Desa vez o lanzamento aconteceu polo famoso selo Sub Pop de Seattle. Foron editadas dúas versións, unha de 7" e outra de 12" (que tiñan as súas respectivas caras-b: "La Dolly Vita" e "Honeyspider"). O primeiro formou parte do Sub Pop Singles Club, que era un sistema de distribución de sinxelos de bandas aínda descoñecidas para o gran público (un sinxelo famoso que formou parte dese sistema foi "Love Buzz" de Nirvana).
Aínda en decembro, a banda conseguiu un contrato para o lanzamento do seu primeiro álbum. Ese contrato foi feito coa Caroline Records, de Nova York. O grupo quería colocar no mercado o seu primeiro disco rapidamente, e para iso contrataron as sesións de gravación co produtor Butch Vig (que tamén estaba traballando con Nirvana nesa época) no Smart Studio, en Madison, Wisconsin), para comezar ese mesmo mes de decembro de 1990. O disco tería un custe de 20.000 dólares.
Nesa época, Billy xa decidira cal sería o nome do álbum. En homenaxe á actriz Lillian Gish o disco de estrea de The Smashing Pumpkins chamaríase Gish.
O primeiro disco
[editar | editar a fonte]O lanzamento de Gish
[editar | editar a fonte]Gish é finalmente lanzado no día 28 de maio de 1991, aínda que a banda xa estaba de xira dende o día 9, actuando como abreconcertos de Guns 'n' Roses. Dise que ese primeiro disco dos Pumpkins non foi un grande éxito comercial ao ser ofuscado polo lanzamento case simultáneo de Nevermind de Nirvana (tamén producido por Butch Vig). De calquera xeito, a expectativa inicial da Caroline de vender 30.000 copias foi superada en moito.
A promoción
[editar | editar a fonte]Despois dos concertos ao lado de Guns 'n' Roses, The Smashing Pumpkins parte para unha xira mundial de divulgación de Gish, que duraría 18 meses e case leva ao fin precoz da banda. Ao longo desa xira, comezaron a aparecer problemas entre os catro integrantes, ao mesmo tempo que se facía evidente que eles non se levaban moi ben. Paralelamente á xira, o conxunto foi axendando varios concertos, aparicións en programas de televisión e radio, entrevistas e reportaxes en revistas etc. Aos poucos, The Smashing Pumpkins ía gañando fama.
Nesa época, a banda xa asinara un contrato coa Hut, unha subsidiaria da Virgin Records. O primeiro lanzamento polo novo selo foi unha edición limitada do sinxelo de "Siva", que viña con outra canción de Gish, chamada "Windowpaine". Lanzamentos dese tipo servían para aumentar as vendas de Gish, mentres o prestixio de The Smashing Pumpkins era cada vez maior no circuíto alternativo estadounidense.
En outubro a banda fixo algúns concertos con Red Hot Chili Peppers e Pearl Jam. O día 17 de decembro a banda presentouse no famoso Whiskey a Go-Go nos Ánxeles, e para pechar o ano de 1991 fixeron un novo lanzamento pola Hut Records: un EP chamado Lull. Este contiña os temas "Rhinoceros", "Blue", "Slunk" e "Bye June" (esta última canción sacada da demo Moon). A portada dese EP ten unha parte da letra de "Obscured", un tema que aparecerá en futuros lanzamentos da banda.
1992 comeza e a primeira aparición dos Pumpkins nos medios é unha reportaxe na revista Spiral Scratch. O artigo titulado "Fuck Off... We're From Chicago!" conta a traxectoria da banda, ten entrevistas con Billy Corgan e Jimmy Chamberlin e unha recensión de Gish, destacando o feito de que Billy Corgan estivese preto de catro meses dentro do estudio perfeccionando cada canción deste traballo.
En marzo, unha nova reportaxe noutra gran revista, desa vez na Guitar Player. Nela, Billy Corgan describe o proceso de gravación de Gish. Aínda en marzo, mentres estaban aínda na xira mundial, algúns membros da banda facían aparicións especiais, como no día 28, cando D'arcy, Billy e James subiron a un escenario xunto con Pearl Jam. Ao lado do grupo de Seattle, eles tocan "Windowpaine", e unha versión dos Beatles chamada "I Got a Feeling".
En agosto, The Smashing Pumpkins participou no famoso Reading Festival, en Inglaterra. En setembro, a xira mundial chegaría ao seu fin. A banda estaba exhausta, e ao mesmo tempo que gañaran un razoable prestixio e fama, as relacións entre eles estaban algo desgastadas. Jimmy Chamberlin revelárase un alcohólico problemático, e James e D'arcy (que durante algún tempo estiveron namorados) non se soportaban. Billy Corgan tamén estaba no límite.
O recoñecemento
[editar | editar a fonte]Problemas na banda
[editar | editar a fonte]Os problemas entre os integrantes de The Smashing Pumpkins xa eran coñecidos polos fans e pola prensa e eles mesmos os admitíano. Billy dixo certa vez que os Pumpkins non funcionaban como unha banda normal, e que os períodos xuntos eran verdadeiros pesadelos para el. Debido a eses problemas Billy pasou por un bloqueo creativo e non conseguía escribir nada.
No fin da xira de Gish, en setembro de 1992, a banda concedeuse un período de descanso (o feito de estar lonxe uns dos outros xa era algo reconfortante), pero a Virgin comezou a presionalos para a gravación dun novo disco. Así, a comezos de 1993, The Smashing Pumpkins comeza a traballar para lanzar o seu segundo disco, o sucesor de Gish.
Pero, antes do lanzamento do disco, mentres se iniciaban as sesións de gravación, a banda reaparece no escenario musical. O día 15 de marzo, fan un concerto no Center Stage en Atlanta. Tocan algunhas cancións inéditas que irán estar no segundo disco, como "Quiet" e "Today". As gravacións dese novo traballo estaban acontecendo xustamente en Atlanta, no Triclops Sound Studio, e un dos motivos que os levou a escoller ese local foi tentar manter a Jimmy Chamberlin lonxe de Chicago, onde el podía conseguir doadamente drogas, aínda que parece que non funcionou como agardaban, xa que tivo varias recaídas durante as sesións, e incluso tivo que estar durante cinco días lonxe do estudio para recuperarse dunha crise máis grave. Á parte diso, as gravacións avanzaron normalmente e acabaron consumindo a maior parte da primeira metade de 1993.
A gravación de Siamese Dream
[editar | editar a fonte]En xuño, despois de aproximadamente 5 meses nos estudios (novamente ao lado do produtor Butch Vig) e con 8 horas diarias de traballo, a banda termina o seu segundo álbum. Todas as cancións foran meticulosamente traballadas, reforzando aínda máis o mito que se formaba ao redor de Billy Corgan, que o describía como un músico extremadamente minuncioso e ás veces ata neurótico. Algunhas pasaxes de guitarras chegaron a ser regravadas 28 veces. Á parte diso, o gran misterio que envolve a ese proceso de gravación é se Billy Corgan gravou ou non a maioría dos instrumentos que escoitamos no álbum.
The Smashing Pumpkins gravou máis de 25 cancións durante ese período dentro do estudio, pero só 13 foron escollidas para estar no disco. Aínda habían 15 temas máis escritos por Billy Corgan, pero que ao final non foron gravadas.
O primeiro sinxelo do novo álbum que está por vir chámase Cherub Rock e é lanzado o día 13 de xullo. Á parte da canción que lle dá o título (que Billy di ser unha reflexión sobre a súa relación cos medios e a contracultura), figuran no sinxelo os temas "French Movie Theme", "Pissant" e outra que non aparece listada no libreto, "Star Spangled Banner".
O día 27 de xullo, Siamese Dream, o segundo álbum de The Smashing Pumpkins, é finalmente lanzado. Butch Vig, nunha entrevista na época do lanzamento, facía unha comparación entre Billy Corgan e Kurt Cobain: mentres o líder de Nirvana sinxelamante chegaba ao estudio, tocaba o que tiña que tocar e marchaba; Billy Corgan chegaba a estar 16 horas diarias traballando nas súas composicións. Outros feitos ilustran ben como foi a gravación de Siamese Dream: Billy pediu que ningún coñecido o chamase durante ese tempo, pois quería concentrarse completamente no seu traballo.
Despois diso, a relación entre os catro integrantes parecía un pouco máis estable. A convivencia aparentemente trouxo un pouco mais de tolerancia e respecto entre eles. Pero aínda non eran grandes amigos, e o libreto de Siamese Dream é proba diso: antes da lista de persoas dos agradecementos escribiron: "The Smashing Pumpkins, nunha estraña mostra de unidade, queren agradecer...".
O disco entrou directo na décima posición no Billboard Chart. No día seguinte ao lanzamento, The Smashing Pumpkins parte para unha xira de promoción do seu novo traballo, chamada "Rock Invasion", ao lado de Red Red Meat. O primeiro concerto acontece no Cabaret Metro, en Chicago, que tamén foi escenario dalgunhas das primeiras actuacións da banda. E foi durante esa xira, nunha pequena cerimonia realizada na súa casa en Chicago, cando Billy Corgan casou con Chris Fabian, unha artista plástica que traballaba nun museo desa mesma cidade. A parella iríase separar algún tempo despois.
En agosto, as vendas de Siamese Dream comezaran a sorprender. O disco tivo moitas críticas positivas, e ata as vendas de Gish, que ata ese momento vendera unhas 300.000 copias, comezaron a subir considerablemente.
O segundo sinxelo, Today, saíu en setembro. Billy Corgan curiosamente explica que é sobre o suicidio, acto que el case cometeu anteriormente. "É gracioso cantar sobre o mellor día da miña vida... sinxelamente porque non podía estar peor", di nunha dos centos de entrevistas que el concedeu nesa época.
Promoción e entrevistas
[editar | editar a fonte]Paralelamente á xira, a banda fai varias presentacións en radios e programas de televisión. Destacan as aparicións no programa inglés White Room e no estadounidense Saturday Night Live, onde tocan "Cherub Rock" e "Today".
En novembro, Siamese Dream gaña o disco de platino, debido ao millón de copias vendidas. Nese mes, a banda (e en especial, Billy Corgan) continúa dando entrevistas. Nelas, Corgan é preguntado sobre o súa antiga relación con Courtney Love (el négase a falar sobre iso), e declara tamén que, quen lea con atención as letras de Siamese Dream, chegará á conclusión de que é un perfecto desequilibrado. Outra entrevista interesante concedida por el foi para a revista Detais, onde di que a segunda canción do disco, chamada "Quiet", é sobre a súa relación cos seus parentes, e sobre a impresión que tiña de mozo de que todo o mundo o reprimía.
The Smashing Pumpkins comeza o ano de 1994 presentándose en Australia. Aínda en xaneiro, Billy Corgan revela algúns plans da banda para aquel ano: lanzar un disco de caras-b (que saíu a finais de ano) e tamén un disco en vivo (que acabaría saíndo como un vídeo, chamado Vieuphoria). Máis entrevistas foron concedidas polos compoñentes da banda, nas cales, por exemplo, Jimmy fala (para a revista Modern Drummer) sobre como aprendeu a tocar a batería e as súas experiencias anteriores co jazz, e James fala (para a revista Sassy) sobre o seu can, chamado Bugg.
En marzo, Gish gaña o disco de ouro polas 500.000 copias vendidas e é lanzado un novo sinxelo de Siamese Dream, chamado Disarm (a canción preferida de Billy dese disco). Ese sinxelo saíu en dúas versións distintas, unha coa palabra "smile" (sorriso) na portada e coas cancións "Soothe" e "Blew Away" (esa última escrita e cantada por James Iha), e a outra coa palabra "heart" (corazón) e coa canción "Dancing in the Moonlight". Nun concerto no día 25 dese mes de marzo, no Palmer Auditorium da cidade de Davenport, a banda presenta a canción "Bullet With Butterfly Wings" (editada no seu seguinte disco).
Starchildren
[editar | editar a fonte]En xuño, Billy consegue sacar tempo da súa axenda para dedicar un pouco a Starchildren, o seu proxecto paralelo. Eles fan o seu terceiro concerto o día 18 dese mes, e lanzan un disco pola TVT Records, xunto coa banda Catherine. A formación de Starchildren estaba composta por Billy, James e Jimmy dos Pumpkins, Mark Rew de Catherine e Mary Magdaline. Nese concerto, a banda tocou algunhas versións, cancións antigas e algúns temas inéditos dos Smashing Pumpkins, que aparecerían en lanzamentos futuros.
En xullo, The Smashing Pumpkins acaba sendo cabeza de cartel no tradicional festival Lollapalooza. Inicialmente ía ser Nirvana, pero coa morte de Kurt Cobain en abril The Smashing Pumpkins foi escollido para esa posición. Aínda nese mes, Billy Corgan dixo na revista Musician que o seguinte disco da banda probablemente sería dobre.
En setembro, nunha entevista á revista Guitar Player, Billy revela máis detalles sobre o futuro novo lanzamento. El di que será o disco máis ecléctico da banda, con influencias diferentes, con cancións acústicas, pesadas, electrónicas, instrumentais, e ata con orquestras. A esas alturas xa estaban comopostos uns 40 temas, e só 28 serían escollidas. As gravacións deberían comezar despois da xira de Siamese Dream. Tamén en setembro, a famosa revista Spin nomea aos Pumpkins como a banda do ano.
En outubro, o día 4, é lanzado o álbum de caras-b Pisces Iscariot. Este ten, á parte das cancións escritas polos Pumpkins que por un motivo ou por outro non entraran nos dous discos de estudio anteriores, dúas versións: "Landslide" de Fleetwood Mac e "A Girl Named Sandoz" de The Animals. O libreto ten explicacións sobre cada canción, mecanografadas por Billy Corgan. A banda tamén lanzou en edición limitada o disco Earphoria, que sería unha versión en disco do vídeo Vieuphoria, lanzado pouco antes. Aínda en outubro, Gish é relanzado cunha remasterización parcial.
Rematadas a xira de Siamese Dream e os concertos no Lollapalooza, a banda decide descansar durante algún tempo antes de comezar a traballar no seguinte álbum. Nese período lonxe dos escenarios e estudios, D'arcy e James formaron xuntos a Scratchie Records, un selo independente.
O auxe
[editar | editar a fonte]The Smashing Pumpkins comezou a traballar no seu terceiro disco (sen contar o Pisces Scariot) en febreiro de 1995; Billy Corgan chegou a compoñer unhas 55 cancións para o álbum. Ao final deste mes, a banda tocou catro noites (días 20, 21, 27 e 28) no Double Door Club. Eses concertos esgotaron todas as súas entradas e neles presentáronse 27 novas cancións. Abertos só para maiores de 21 anos e coa entrada prohibida para a prensa, as 1.200 entradas (300 cada noite) esgotáronse rapidamente, e moita xente tivo que escoitar á banda dende o exterior do local. O prezo das entradas era de 5 dólares, e todos o cartos conseguidos foron doados a institucións benéficas.[11]
Gravación do novo traballo
[editar | editar a fonte]De marzo a xullo, The Smashing Pumpkins dedicouse completamente ás gravacións. Billy Corgan decretou novamente un período de dedicación total, e diariamente a banda estaba de 12 a 16 horas dentro do estudio, no Chicago Recording Center. Foron gravadas preto de 50 canción compostas por Billy Corgan e preto de 15 de James Iha. Flood e Adam Moulder foron os produtores, xa que a banda preferiu non traballar con Butch Vig novamente pois quería facer un cambio nese sentido.
Dentro do estudio (que a banda bautizou "Pumpkinland"), foron construídos dous ambientes diferentes, un para as guitarras de James Iha (que estaba xunto con Alan Moulder) e outro para as guitarras de Billy Corgan (ao lado de Flood). O traballo instrumental era así extremadamente meticuloso, e algúns temas tiveron cada parte de guitarra gravada e regravada varias veces, como por exemplo, "Thru the Eyes of Ruby", que posúe 25 partes producidas por separado. En compensación, algúns foron gravadas nunha única toma con todos os integrantes tocando os seus instrumentos xuntos, como en "X.Y.U.". As cancións de James Iha foron gravadas no seu propio estudio (chamado Bugg Studios), xunto con algúns amigos, como Kerry Brown (marido de D'arcy, que toca en Catherine) e Nina Gordon (de Veruca Salt). De todas as gravadas por el, só unha foi escollida para estar no novo álbum, chamada "Take me Down".
Recursos electrónicos e tecnoloxía punta foron usados tamén. A banda usou o Studio Vision Pro, e a través do software Pro Tools, construíu pasaxes de samplers, usou loops e retocou partes de baixo e guitarras. A mestura fíxose no Village Recorder, nos Ánxeles.
Despois de rematadas as sesións de gravación, o primeiro que fixo a banda foi buscar un teclista para participar na xira, xa que moitas das novas cancións precisaban teclados. Despois de recibir unhas 300 cintas de candidatos, Jonathan Melvoin foi o escollido.
Melancolía e tristura infinita
[editar | editar a fonte]A comezos de agosto, a banda anuncia que o seu novo disco, chamado Mellon Collie and the Infinite Sadness, será lanzado o día 24 de outubro. Anunciaron tamén que tiñan pensado lanzar boa parte do material que sobrara das gravacións. O día 25 dese mes, os Pumpkins tocan nunha nova edición do Reading Festival en Inglaterra. A metade do set foi de novas cancións, e a reacción do público a elas foi moi boa. Dous días despois a banda toca en Bélxica ao lado de Soundgarden.
No mes de outubro a MTV decide homenaxear a The Smashing Pumpkins facendo un especial sobre a banda o día 17. O programa Rockumentary amosa a traxectoria do grupo e pasa partes do vídeo Vieuphoria (lanzado en 1994), á parte de entrevistas e actuacións en directo.
Na véspera do lanzamento do novo disco, os Pumpkins participan nun concerto no Riviera Theater, en Chicago, seguido dunha festa no Double Door Club, con convidados especiais. Unha banda formada por 12 mariachis foi escollida para animar o evento. Nesa mesma noite, é lanzado o primeiro sinxelo, chamado Bullet with Butterfly Wings, que trae tamén a canción "Said Sadly" (a xa citada colaboración de James Iha e Nina Gordon).
Mentres tanto, ao redor do mundo, fans da banda facían cola nas tendas de discos para poder mercar o seu Mellon Collie and the Infinite Sadness. O disco pronto chega á primeira posición nas listas da Billboard, e hoxe en día é o disco duplo máis vendido de todos os tempos.
Billy Corgan xa viñera dicindo que ese álbum sería o fin da banda como todos a coñecían, pois eles tiñan plans de seguir unha nova liña de traballo dalí en diante. Pero, independente do que a banda viría facer despois diso, a súa obra emblemática, a súa referencia no futuro, acababa de ser lanzada. O éxito de Mellon Collie and the Infinite Sadness é estrondoso, e The Smashing Pumpkins pasa a vivir a partir dese momento o auxe do seu éxito.
En novembro, mentres discutían sobre como ía ser a xira mundial de divulgación do novo disco, os Pumpkins fan a súa segunda aparición no Saturday Night Live (tocando as cancións "Bullet With Butterfly Wings" e "Zero"), presentado aquela noite por Quentin Tarantino. É a primeira presentación da banda na que Billy Corgan aparece coa nova estética que leva ata hoxe en día: a cabeza completamente rapada. El explica a todos que fixera aquilo sinxelamente por que estaba canso de ter que peitear o pelo. É tamén nesa época condo Billy pasa a usar unha camisola deseñada por ele mesmo: ela é toda negra, cunha estrela e a palabra "Zero" prateadas na fronte. A súa indumentaria complétase cuns pantalóns prateados, e sempre que se lle pregunta sobre esa vestimenta (que el usaría durante case toda a xira), el limitábase a dicir: "It's all art".
En decembro, o mozo dunha das irmás de D'arcy rouba da súa casa cintas que posuían material inédito da banda. El véndeas e o material é amplamente distribuído por Internet. Á parte dese incidente, o mes transcorre normalmente, coas vendas de Mellon Collie and the Infinite Sadness aumentando cada vez máis e sorprendendo incluso qos integrantes dos Pumpkins.
Para pechar o ano, a banda preséntase en Francia, sendo presentada ao público por David Bowie. David e Billy participan nunha entrevista xuntos despois do concerto, e despois diso, The Smashing Pumpkins volta a Chicago para filmar o vídeo da canción "1979".
A xira
[editar | editar a fonte]O 2 de xaneiro de 1996 a banda iniciou a súa xira mundial. As primeiras datas nos Estados Unidos estiveron marcadas por algúns concertos acústicos, pero despois a banda empezou a realizar concertos convencionais. Proxectaron cada presentación para unhas 1.000 ou 1.500 persoas, durando preto das tres horas. Os Pumpkins tocaban o tema "Tonight, Tonight" con anacos da película Viaxe á Lúa de Georges Méliès, nunha pantalla no fondo do escenario, e sorprendían sempre que tocaban "Silverfuck" (do disco Siamese Dream), con improvisacións que chegaban a durar case media hora.
O día 22 de xaneiro, apareceu o segundo sinxelo de Mellon Collie and the Infinite Sadness, chamado "1979". O tema "The Boy", escrito por James Iha, aparece nese single e compre destacar que na portada D'arcy non aparece ao lado da banda: o cuarto integrante é Stevie Nicks, de Fleetwood Mac. A canción título fora unha das últimas en ser escritas por Corgan, e para moitos é unha mostra da transición que a banda sufriría a partir de Mellon Collie and the Infinite Sadness, con máis influencias electrónicas na súa obra. Para Billy Corgan, "1979" é unha das mellores cancións do novo disco.
En febreiro, a banda sae para a parte asiática da xira, que comezaría o día 19 en Osaka, Xapón. Os abreconcertos serían Filter. No día 29, Jonathan e Jimmy cometen o primeiro abuso serio con drogas. Billy Corgan dálles un ultimato, que parece que estes non toman en serio. Esta caída nas drogas terá un final tráxico para o teclista poucos meses despois.
En marzo, Mellon Collie and the Infinite Sadness recibe o seu sexto disco de platino, referente á impresionante marca de 6.000.000 de copias vendidas nos Estados Unidos. No día 19 cancelan varios concertos en Nova Zelandia e en Australia debido ao falecemento do pai de Jimmy Chamberlin. No día 23 é lanzado o terceiro sinxelo de Mellon Collie and the Infinite Sadness, chamado Zero. É o máis longo de todos, con algunhas caras-b e o tema "Pastichio Medley", que é unha mestura de anacos de cancións non aproveitadas pola banda.
En marzo, ocorren algúns acontecementos desagradables para a banda. No segundo día do mes, Jimmy e Jonathan abusan novamente no consumo de drogas, en Lisboa. Billy Corgan dille ao teclista que ao final da xira será despedido. No día 11, nun concerto en Dublín, unha adolescente de 17 anos é esmagada polo público durante a canción "Bullet with Butterfly Wings". Ela chegaría viva ao hospital pero non resistiría debido á gravidade das feridas sufridas. Nese mesmo accidente outros catro fans sufrirían feridas. Debido a iso o concerto programado en Belfast é cancelado.
No día 19 de maio emítese nos Estados Unidos o episodio de The Simpsons onde aparece The Smashing Pumpkins. Os membros da banda foron os encargados de poñerlle as voces ás súas personaxes na serie.
En xuño, os Pumpkins lanzan o cuarto sinxelo, titulado "Tonight, Tonight, e a canción-título tería o seu clip nesa mesma época. Este video está baseado na película muda Viaxe á Lúa de Georges Méliès, e foi dirixido por Jonathan Dayton e Valerie Farris. Nesa época, Billy xa revelara en varias entrevistas que a banda estaba pensando en lanzar unha caixa contendo todos os sinxelos de Mellon Collie and the Infinite Sadness lanzados ata o momento, á parte de outras caras-b e rarezas. No día 25 comeza en Míchigan a segunda parte americana da xira da banda, con Garbage como abreconcertos nalgúns concertos.
No día 11 de xullo, Jonathan e Jimmy abusarían novamente das drogas, pero para o teclista esta sería a última vez. Despois de mesturar alcohol con heroína, Jonathan Melvoin, de 34 anos, sufriu unha sobredose e morreu no Manhattan Regency Hotel. O resto da banda estaba hospedada noutro hotel, e un dos empresarios da xira, chamado Tim "Gooch" Lougee, avisounos por teléfono para comparecer na policía. Jimmy foi procesado por levar de substancias prohibidas e o seu xuízo foi anunciado para o día 13 de agosto.
En respecto ao falecemento de Melvoin, os Pumpkins cancelaron algúns concertos no Madison Square Garden en Nova York, pero os integrantes non foron convidados pola familia de Jonathan para o funeral.
A saída de Chamberlin
[editar | editar a fonte]A banda anunciou á prensa a través dun comunicado do día 17 que acababa de despedir a Jimmy Chamberlin. Billy dixo que eles continuaban sendo amigos, pero infelizmente o vicio de Jimmy facía a situación insostible, e a súa saída de The Smashing Pumpkins sería o mellor para todos, principalmente para o propio batería, que tería o tempo necesario para tentar rehabilitarse. A banda revela tamén que procuraría un batería para acompañalos no resto da xira, que continuaría en agosto.
Durante esa interrupción, Billy Corgan xa se atopa disposto para entrar novamente no estudio para a gravación dun novo disco. Xa dende o remate das gravacións de Mellon Collie and the Infinite Sadness, el estaba compoñendo cancións, que, segundo el, serían ben diferentes de todo aqurlo que os Pumpkins fixeran antes. Eles inicialmente decidiron traballar como un trío, e desa experiencia naceron as cancións "To Sheila", "Ava Adore" e "Daphne Descends", gravadas cunha batería electrónica. Pero esas sesións iniciais acabaron sendo ignoradas pola banda, pois, segundo o propio Billy Corgan, non eran máis que demos.
A primeira actuación de Billy despois da morte de Melvoin foi nunha sesión con Cheap Trick o día 21 de xullo, mentres que D'arcy e James Iha se dedicaron durante un tempo á Scratchie Records, selo formado por eles algún tempo atrás. E, para pechar un pouco máis positivamente o tráxico mes de xullo, a MTV anunciou o día 31 que The Smashing Pumpkins estaba nomeado a oito premios do Video Music Awards.
O mes de agosto comeza coa banda facendo audición para atopar o batería que remataría a xira interrompida no mes anterior. No día 6 anúnciase que Denis Flemoin será o teclista provisional, e dous días despois, Matt Walker, de Filter, asume a batería. Os Pumpkins comezan a ensaiar cos dous novos integrantes despois diso, planexando continuar a xira a partir do día 27. O día 13, Jimmy Chamberlin presentouse na Corte Criminal de Manhattan, onde sería sentenciado a internarse nunha clínica de rehabilitación. O día 23 a banda fai unha aparición especial (a primeira despois da morte de Melvoin) no Cabaret Metro, en Chicago. O anuncio dese evento fíxose o día anterior, e mesmo así o local estivo cheo. Novamente, toda a recadación foi doada a unha institución benéfica, a Christmas Is For Kids. A actuación de Matt Walker foi bastante eloxiada.
O día 4 de setembro celébrase o MTV Video Music Awards, no que a banda acabou gañando sete premios, seis referentes ao videoclip de "Tonight, Tonight" e un referente ao de "1979". Eles tocaron na entrega de premios e concederon unha longa entrevista á MTV. Un día despois, a banda anunciou que lanzaría en breve unha caixa chamada Aeroplane Flies High, composta por cinco discos contendo material dos sinxelos e cinco versións gravadas especialmente para ese lanzamento.
Música para películas
[editar | editar a fonte]En outubro, Jimmy é acusado de mal comportamento diante da xuíz Donna Recant no seu xuízo no mes de xullo. Decídese que el debe estar completamente rehabilitado en decembro, no caso contrario deberá cumprir unha pena de 15 días da prisión. Anúnciase tamén que Jimmy estaría formando unha banda ao lado de Sebastian Bach (Skid Row), Kelly Deal (Breeders) e Jimmy Flemoin (Frogs). Mentres tanto, The Smashing Pumpkins grava dúas cancións para a película Lost Highway (de David Lynch, con Bill Pullman e Patricia Arquette). As cancións chámanse "Eye" e "Tear", e só a primeira acaba sendo escollida. "Tear" aparecerá no próximo disco da banda.
En novembro, o día 12, os Pumpkins lanzan o quinto sinxelo de Mellon Collie and the Infinite Sadness, chamado "Thirty-Three". Unha nova canción de James Iha aparece neste disco, chamada "The Bells". Dous días despois, a banda gaña un prêmio na MTV European Music Awards. O día 26, é lanzado finalmente a caixa Aeroplane Flies High. Os cinco discos eran basicamente os cinco sinxelos lanzados para Mellon Collie and the Infinite Sadness, con algunhas cancións máis. No mesmo día foi lanzada a banda sonora da película Ransom (de Ron Howard, con Mel Gibson e Gary Sinise). Este disco posúe seis temas (cinco instrumentais) compostos por Billy Corgan e gravados por el coa axuda de Matt Walker. Para rematar novembro, Sebastian Bach anuncia que o proxecto con Kelly Deal, Jimmy Flemoin e Jimmy Chamberlin finalmente saíu do papel. O nome da banda é The Last Hard Men, e eles estaban agardando a recuperación de Jimmy para gravar un sinxelo que se chamaría "School's Out", e sairía na película "Scream" de Wes Craven.
O comezo de decembro marca a saída de Jimmy Chamberlin do centro de rehabilitación, e despois diso xuntouse a The Last Hard Men. O día 29, Chris Fabian, esposa de Billy Corgan, pide o divorcio. Ela alega "diferenças irreconciliáveis" entre eles. Hai rumores que din que o matrimonio levaba separado xa seis meses.
O 7 de xaneiro de 1997 a banda recibe sete nomeamentos aos Grammy. O día 9 Billy participa da festa de 50 aniversario de David Bowie, tocando con el dúas cancións no Madison Square Garden, en Nova York. O día 25 Billy Corgan e Chris Fabian divórcianse. Nesa data, Billy xa tiña unha nova namorada chamada Yelena Yemchuk. O día 27 a banda gaña un novo premio, desa vez no American Music Awards. A banda non pode estar no evento para recibir o premio debido á súa xira, que estaba chegando ao seu fin. Aínda en xaneiro, a banda anuncia que participará noutra banda sonora, Batman e Robin.
En febreiro rematou a xira de promoción de Mellon Collie and the Infinite Sadness despois de 165 concertos en 14 meses. O último deles foi en Nova Orleáns o día 5. Despois diso, Billy Corgan participou na produción do disco de Ric Ocasek, Troubilizing, chegando incluso a tocar a guitarra en varios temas. O día 26, The Smashing Pumpkins gañou só un premio Grammy das sete nomeamentos que tiña, e tocou durante a celebración de entrega a canción "1979" con Chris Vrenna, de Nine Inch Nails, como batería. En marzo a banda anunciou unha pequena xira en verán por Europa.
En abril Corgan é escollido o segundo artista máis creativo do rock contemporáneo pola revista Spin, e nese tempo comeza a escoitarse nas radios "The End is the Beggining is the End", un dos temas compostos para a película Batman e Robin. Fíxose un videoclip da canción e editouse un sinxelo no mes de xuño.
Durante os meses de xuño e xullo a banda estivo en Europa facendo a xira anunciada, e a finais da mesma James Iha comezou as gravacións do seu disco en solitario, que sería lanzado ao ano seguinte.
O cambio
[editar | editar a fonte]No mes de agosto de 1997 The Smashing Pumpkins comezou a traballar no seu seguinte álbum. Corgan comentara tempo atrás que o son da banda sufriría cambios e que lle apetecía facer algo máis experimental. A banda escolleu o estudio Chicago Trax Recording e contratou ao produtor Brad Wood para o disco, aínda que este só producuría cinco temas, sendo o resto producidos por Corgan.
Os días 18 e 19 de outubro participan dun festival benéfico organizado por Neil Young, o Bridge School Benefit. O día 18 a banda tocou dúas das súas novas cancións, "To Sheila" e "Ava Adore", e ao final do concerto tocaron xunto a Marilyn Manson e Twiggy Ramirez os temas "Eye" (dos Pumpkins) e "The Beautiful People" (de Marilyn Manson). Ao día seguinte presentaron "Behold! The Nigtmare" e ao final tocaron "Porcelina of the Vast Oceans" con John Popper.
En novembro The Smashing Pumpkins actúan de abreconcertos para dúas bandas. O día 1 abren en Texas un concerto de The Rolling Stones, e o día 3 para Jane's Addiction en Chicago. A mediados de mes Matt Walker comunícalle a Corgan que vai deixar a banda para dedicarse a Cupcakes, o seu novo grupo. O último concerto de Matt foi o 5 de decembro en Miami, cando a banda volveu a tocar de abreconcertos dos Rolling.
En decembro uniuse á banda Matt Cameron (ex-batería de Soundgarden que actualmente está en Pearl Jam) para continuar a gravación do disco. Para continuar elixiron o Studio A, nos Ánxeles. Matt tocou en sete temas, pero só un aparecería no disco, "For Martha".
En xaneiro de 1998 Billy anunciou que xa tiñan 20 cancións gravadas e estaban traballando en máis. En febreiro edítase o traballo en solitario de James Iha Let It Come Down e fai algúns concertos para presentalo. O día 11 de febreiro a banda tería un novo batería, Joey Waronker, que tocaba na banda de Beck, e ese mesmo mes gañan un Grammy pola canción "The End is the Beggining is the End".
En abril anunciouse que Kenny Aronoff sería o batería para a xira do novo disco. Joey Waronker, que gravou catro cancións do novo álbum, rexeitou a proposta e a banda convidou a Kenny a tocar con eles. Tamén contrataron á multi-instrumentista Lisa Germano para acompañalos na xira.
Adore
[editar | editar a fonte]En maio remata o proceso de gravación e a banda comezaría a ensaiar con Aronoff para preparar a xira. Nese mesmo mes viaxan a Londres para rodar o vídeo do primeiro sinxelo do traballo, correspondente á canción "Ava Adore". Corgan recrutou a tres músicos máis para a xira: os percusionistas Dan Morris e Stephen Hodges (este último traballara con Tom Waits) e ao pianista Mike Garson (que tocou con David Bowie e Trent Reznor). Finalmente Lisa Germano decidiu non facer a xira con eles. O día 18 de maio saíu o primeiro sinxelo, "Ava Adore", que xunto coa canción que lle daba título viña cos temas "Czarina" e "Once in a While".
O día 1 de xullo estréase o vídeo de "Ava Adore" na MTV, e ao día seguínte sae á venda Adore, o cuarto álbum de estudio de The Smashing Pumpkins. O son, como viña dicindo Corgan dende tempo atrás, é moi distinto ao dos traballos anteriores, moito máis escuro e con elementos electrónicos en practicamente todos os temas. O día 30 de xuño a banda comezou unha pequena xira de 14 concertos nos Estados Unidos chamada "An Evening with The Smashing Pumpkins", doando os cartos gañados a institucións benéficas. Despois destes concertos comezaría a súa xira mundial.
Expectativas
[editar | editar a fonte]Adore consegue o seu primeiro disco de platino o 8 de xullo, pero a partir de entón as vendas comezaron a caer, sen que se cumprisen as expectativas postas no álbum. Os vellos fans da banda non recibiron con moito entusiasmo o cambio no seu son, cousa que a banda non agardaba. Corgan supoñía que o público entendería a mudanza e incluso chegou a facer declaracións sentíndose molesto polo feito, cousa que abriu moitos debates nas listas de correo sobre a banda en Internet.
As vendas seguiron caendo e en nove semanas o álbum estaba fóra da lista da Billboard dos 40 discos máis vendidos.
O segundo sinxelo do álbum, "Perfect", é lanzado o 7 de setembro en tres versións distintas: unha co tema "Summer" composto por James Iha, outra cunha remestura de "Daphne Descends", e a última con varias versións remesturadas de "Perfect". Ao día seguinte lánzase o álbum de Hole Celebrity Skin, onde Corgan compuxo e produciu varias cancións. Ese mesmo mes, o día 25, The Smashing Pumpkins aparece no programa de televisión Saturday Night Live, onde tocan "Perfect".
Volta ao son anterior
[editar | editar a fonte]Despois de rematada a xira de Adore a banda comeza a buscar un novo representante, despois de romper o contrato coa empresa que se encargaba deses asuntos. Tamén comezan a aparecer rumores de que estaban listos para entrar de novo en estudio para a gravación dun novo traballo.
No mes de marzo James Iha e Adam Schlesinger (líder de Fountains of Wayne) inauguran os estudios Stratosphere Sound, e a primeira banda que gravaría neles sería Fulflej, do selo de James e D'Arcy Scratchie Records. A finais de mes Billy toca xunto co seu pai (guitarrista de jazz) nun concerto benéfico no Metro, en Chicago, e confirmase unha pequena xira de oito concertos polos Estados Unidos de The Smashing Pumpkins.
No mes de abril Billy Corgan confirma moitos rumores que corrían por Internet anunciando o regreso de Jimmy Chamberlin á banda. Chamberlin tocaría novamente cos Pumpkins na xira anunciada durante o mes anterior e que comezaría o día 10 en Míchigan. Durante a xira presentarían varias cancións inéditas que posteriormente formarían parte do seu seguinte traballo.
En xuño, a través da recentemente estreada web da banda, comunícase que Billy Corgan xunto co teclista Mike Garson compuxeron varias cancións para a película Stigmata, unha delas, "Identify", gravada pola cantante Natalie Imbruglia. Anunciase tamén que o novo disco estaba bastante avanzado e que o produtor escollido era Flood. A mediados do mes seguinte a Virgin informa que o lanzamento do disco está previsto para febreiro do 2000.
D'Arcy deixa a banda
[editar | editar a fonte]O 9 de setembro a propia banda comunica a saída de D'Arcy, e Billy e James apresúranse a dicir que The Smashing Pumpkins non se están separando e que a volta de Chamberlein non tiña nada que ver coa saída de D'Arcy. Os motivos da marcha da baixista non foron divulgados. A súa substituta, a canadense Melissa Auf der Maur, deuse a coñecer o 25 de novembro e encargaríase do baixo durante a xira de promoción. Melissa viña de tocar en Hole, banda na que estaba recomendada polo mesmo Billy Corgan que coñecera á baixista en 1993. Melissa tamén aparecería nos videoclips rodados para este álbum.
En novembro preséntouse a xira mundial de divulgación do álbum, do que aínda non se coñecía o título, e que estaba previsto para ser lanzado o 29 de febreiro do 2000.
A primeira canción do disco comezou a soar nas radios a principios de decembro. "The Everlasting Gaze" confirmou finalmente o retorno de The Smashing Pumpkins a un son máis pesado e guitarreiro. O día 20 a banda libera "The Everlasting Gaze" para poder ser copiada a través de Internet e anuncia a saída do primeiro sinxelo, da canción "Stand Inside Your Love" no mes de xaneiro.
As máquinas de Deus
[editar | editar a fonte]En xaneiro a banda pasa a maior parte do mes facendo concertos e coñécese finalmente o título do disco: MACHINA/The Machines of God.
O día 23 de febreiro, 6 días antes do lanzamento de MACHINA, a banda anuncia que rompe a súa relación coa Virgin Records. O 29, como estaba prevísto, edítase MACHINA/The Machines of God entrando directamente no terceiro posto da Billboard Top 200 e a banda comeza oficialmente a xira "The Sacred and the Profane Tour" que os terá ocupados durante os meses seguintes.
O 23 de maio, nunha entrevista concedida á emisora de radio KROQ-FM dos Ánxeles, Corgan confirma un dos rumores que levaban correndo dende a saída do disco: a banda separaríase cando a xira "The Sacred and the Profane Tour" rematase.
Aínda quedaba moito material sobrante das gravacións de MACHINA e Billy comunicou que a banda entraría en estudio antes da súa separación definitiva para ultimar as gravación deses temas e editar un novo traballo a modo de despedida. En xullo, aínda de xira por Europa anunciouse que se ía lanzar un novo sinxelo, do tema "Try, Try, Try", o día 1 de setembro, que incluía tamén a canción "Here's to the Atom Bomb".
Amigos e inimigos da música moderna
[editar | editar a fonte]Finalmente, o material editouse a principios de setembro baixo o nome de MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music. As únicas 25 copias, editadas sen a axuda de Virgin, foron entregadas a amigos da banda e a clubs de seareiros para que as distribuísen de xeito gratuíto a través de Internet, como unha especie de regalo de despedida para todos os seus seguidores. MACHINA II consiste en tres EPs e un LP cun total de 25 cancións, a meirande parte delas caras-b e versións alternativas dos temas do seu predecesor.
A banda comezaría unha xira de despedida, que os traería por vez primeira a Galiza (e única ata a data) o día 7 de outubro, cando tocaron no multiúsos do Sar de Santiago de Compostela[12], que remataría con dous concertos, o 29 de novembro e o 2 de decembro, en Chicago, a súa cidade natal.
A separación
[editar | editar a fonte]Despois dos dous concertos na sala Metro de Chicago a banda separaríase, pero aínda se editaría algún material máis despois da ruptura. A finais de ano a Virgin saca o recompilatorio Rotten Apples, que contaría cunha edición limitada cun segundo disco que traía rarezas e caras-b titulado Judas 0. A este lanzamento segiríalle o DVD con todos os seus videoclips (dende Gish ata Machina) Greatest Hits Video Collection, a reedición de Earphoria e un DVD do vídeo Vieuphoria.
En 2001 Billy Corgan e Jimmy Chamberlin formarían o supergrupo Zwan, xunto con Matt Sweeney, David Pajo e Paz Lenchantin. A banda editaría un único álbum de estudio, Mary Star of the Sea, e separaríase no ano 2003. Tamén no ano 2001 Corgan xirou con New Order e gravou voces no seu álbum Get Ready. James Iha uniríase en 2003 á banda A Perfect Circle e Melissa Auf der Maur editaría un traballo en solitario, Auf der Maur, en 2004.
Despois da separación de Zwan, tanto Corgan como Chamberlain editarían traballos en solitario. O batería formaría The Jimmy Chamberlin Complex e lanzaría Life Begins Again en xaneiro do 2005, e Corgan editou o álbum TheFutureEmbrace en xuño do mesmo ano.
O regreso
[editar | editar a fonte]A principios do ano 2006 Billy Corgan comunicou que estaba intentando reunir a The Smashing Pumpkins para recomezar a súa carreira. A pouco tempo confirmouse que Jimmy Chamberlin uniríase a el e en verán comezaron a traballar no seguinte disco da banda.
Anunciouse a través da súa páxina web o lanzamento do seu novo traballo, Zeitgeist, para o día 6 de xullo do 2007, así como unha serie de actuacións en festivais europeos a partir do mes de maio[13]. A primeira destas actuacións aconteceu en París o día 22 de maio, case seis anos e medio despois do seu último concerto. A banda contaba cos novos membros para a xira Jeff Schroeder e Ginger Reyes, que se encargaron da guitarra e do baixo respectivamente, así coma Lisa Harriton nos teclados. Ese mesmo mes editouse "Tarantula" como primeiro sinxelo do novo álbum. O 7 de xullo a banda participou no concerto Live Earth en Nova Jersey. Zeitgeist sería editado ese mesmo mes a través do selo Reprise Records, entrando nas lista da Billboard no número dous.
O grupo editou o EP de catro temas American Gothic en xaneiro do 2008. Este foi editado dixitalmente en iTunes nos Estados Unidos, mentres que internacionalmente foi lanzado en CD. O 1 de febreiro do 2009 o novo sinxelo da banda, "FOL", foi editado coma descarga gratuíta e usado nun anuncio de Hyundai durante a Super Bowl.
Marcha de Chamberlin
[editar | editar a fonte]No mes de marzo do 2009 Corgan anounciou na páxina web da banda que Chamberlin deixaba o grupo. Corgan tamén dixo que a súa intención era a de continuar compoñendo e gravando co nome de The Smashing Pumpkins, e que tiña pensado entrar no estudio na primavera dese ano. No mes de agosto Corgan presentou ao substituto de Jimmy Chamberlin na batería, un músico de 19 anos chamado Mike Byrne, e anunciou que os dous estaban traballando nun novo álbum.
A banda anunciou plans para editar un álbum conceptual de 44 cancións, Teargarden by Kaleidyscope, publicado tema a tema e de xeito gratuíto por Internet.[14] O seu primeiro tema, "A Song for a Son", apareceu en decembro de 2009 cunhas críticas moderadas.[15]
En marzo do 2010 Ginger Reyes deixou a banda e Corgan anunciou que realizaría audicións para a procura dun novo baixista e dun novo teclista.[16] O 17 de abril a nova formación da banda realizou un concerto íntimo nos Ánxeles celebrando o Record Store Day. Esta formación estaba composta por Corgan e Jeff Schroeder nas guitarra, Mark Tulin no baixo, Mike Byrne na batería e Kerry Brown nas congas.
No mes de maio do 2010 anunciouse que a nova baixista, despois de realizar as oportunas audicións, sería Nicole Fiorentino, e que tamén estaba traballando nas cancións de Teargarden by Kaleidyscope. Nese mesmo mes apareceu o primeiro EP do novo álbum, titulado Vol. 1: Songs for a Sailor, que contaba con 5 temas. Coa excepción de "Teargarden Theme", os temas foron liberados gratuitamente a través de Internet entre decembro do 2009 e abril do 2010.
O 23 de novembro editouse o segundo EP do álbum, Vol. 2: The Solstice Bare, tamén con cinco temas. Agás "Cottonwood Symphony", as cancións estiveron dispoñibles na rede entre xullo do 2010 e xaneiro do 2011.
O 26 de abril do 2011 Corgan anunciou que The Smashing Pumpkins editaría un novo álbum titulado Oceania, e que calificou como "un álbum dentro dun álbum" en relación ao proxecto Teargarden by Kaleidyscope. Ao igual que nas gravacións anteriores, os catro membros da banda contribuíron no proxecto. Ademais anunciouse que todo o catálogo da banda sería remasterizado e reeditados con cancións extra, comezando con Gish e Siamese Dream en novembro dese ano. As demos anteriores a Gish e os álbums Pisces Iscariot, Mellon Collie and the Infinite Sadness, The Aeroplane Flies High e Adore serían lanzados en 2012, e finalmente Machina/The Machines of God e Machina II/Friends and Enemies of Modern Music agárdanse combinados para o 2013.
A banda realizou unha xira por trece cidades estadounidense en outubro do 2011, seguida por unha xira europea entre novembro e decembro.
Oceania foi publicado o día 19 de xuño do 2012, e foi recibido con boas críticas, acadando o número 4 da lista Billboard 200[17] e o 1 na Billboard Independent. Del sacáronse dous sinxelos, "The Celestials" e "Panopticon". No outono do 2012 a banda ralizou unha xira polos Estados Unidos para promocionar Oceania, tocando o álbum na súa totalidade.
O grupo comezou a traballar no seu seguinte disco, o cal, segundo Corgan, pretendía publicar en decembro do ano 2013[18]. Porén, a banda concentrouse na súa xira, tocando no Glastonbury Festival, no Dour Festival e no Barclays Center, onde gravaron Oceania: Live in NYC, que sería publicado o 24 de setembro de 2013.
Monuments to an Elegy
[editar | editar a fonte]O 25 de marzo de 2014 Corgan anunciou que asinara un novo contrato discográfico con BMG para dous álbums, titulados Monuments to an Elegy e Day for Night, respectivamente.[19] En xuño revelouse que Mike Byrne deixara de formar parte da banda, sendo substituído por Tommy Lee de Mötley Crüe no novo álbum, e que Fiorentino tampouco gravaría o disco.[20][21][22] Monuments to an Elegy publicouse o 5 de decembro de 2014 con críticas xeralmente positivas. A banda comezou unha xira de promoción o 26 de novembro co batería de Rage Against the Machine Brad Wilk e o baixista de The Killers Mark Stoermer substituíndo a Byrne e Fiorentino.[23] O disco seguinte proposto Day For Night foi atrasado para ser editado a finais de 2015 ou principios de 2016.[24]
Posteriormente, no ano 2015, Corgan anunciou que a banda iniciaría unha xira conxunta por Norteamérica con Marilyn Manson, The End Times Tour, entre xullo e agosto dese ano.[25] Antes de unirse a Marilyn Manson, o grupo realizou unha serie de concertos acústicos con caixas de ritmos. Cando chegou o momento da xira os plans para conseguir un novo batería fracasaran e Corgan recrutou a Jimmy Chamberlin para os concertos.[26] O 1 de febreiro de 2016 anunciouse que a banda continuaría a súa xira acústica In Plainsong con Chamberlin, e estaban planeando entrar no estudio despois da xira para gravar un novo traballo inspirado polo son explorado nas presentacións en acústico.[27] O 25 de febreiro Corgan publicou un vídeo dun estudio de Os Ánxeles na conta de Facebook da banda, actualizando o proceso de composición das novas cancións do disco que sería publicado despois da xira.[28] A xira comezou en Portland, Oregón o día 22 de marzo.[29]
Regreso de Iha e Chamberlin
[editar | editar a fonte]No seu aniversario do 26 de marzo de 2016 o guitarrista orixinal James Iha uniuse a Billy Corgan, Jimmy Chamberlin e Jeff Schroeder no escenario no Ace Hotel, no centro dos Ánxeles. Iha interpretou varios temas, como "Mayonaise", "Soma" e "Whir", sendo a súa primeira aparición con The Smashing Pumpkins en 16 anos.[30] Iha tamén tocou no segundo dos dous concertos da banda no Ace Hotel o día seguinte. Iha uniuse aos Pumpkins por terceira vez no seu concerto do 14 de abril no Civic Opera House de Chicago.[31] En xullo Corgan comezou a insinuar a posibilidade de reunir a formación orixinal da banda, con el mesmo, Iha, Wretzky e Chamberlin, e en agosto dixo que comezara a falar coa formación orixinal sobre as posibilidades dunha reunión, falando con Wretzky por primeira vez en 16 anos.[32]
A pesar dos rumores Corgan pasou gran parte do ano 2017 traballando en solitario, coa gravación e lanzamento do álbum Ogilala e comezando a compoñer outro disco en solitario para 2018.[33] En xuño de 2017 Chamberlin tamén mencionou a posibilidade dunha xira de reunión para 2018.[34] No mes de xaneiro Corgan compartiu unha fotografía súa con Iha e Chamberlin nun estudio de gravación.[35] En febreiro de 2018 Corgan anunciou que estaba traballando co produtor Rick Rubin nun futuro álbum de The Smashing Pumpkins, que tiñan 26 cancións, e que "a guitarra séntese novamente como a arma favorita".[36] Pouco despois, Corgan compartiu unha foto de equipamento de son co nome de Iha nunha etiqueta, ademais de anunciar que as gravacións do álbum remataran.[37]
O 15 de febreiro de 2018 anunciouse oficialmente que Iha e Chamberlin estaban de regreso no grupo. The Smashing Pumpkins inicou a xira Shiny And Oh So Bright Tour no mes de xullo, centrándose en interpretar material dos seus cinco primeiros álbums,[38][39] e vendendo máis de 350 000 entradas con estadios completos como The Forum, o United Center, e o Madison Square Garden. A baixista orixinal D'arcy Wretzky afirmou que se lle ofrecera un contrato para unirse á banda pero que Corgan rescindíuno pouco despois.[40] Corgan publicou un comunicado negando esas afirmacións, dicindo que a banda convidáraa repetidamente a tocar e ela negouse.[41] Jack Bates, fillo do baixista de Joy Division Peter Hook, tocou o baixo na xira. Bates xa xirara con The Smashing Pumpkins no ano 2015.[42] A multiinstrumentista Katie Cole tamén regresou ao grupo para a xira, facendo coros e tocando os teclados e a guitarra.[43]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Discografía de The Smashing Pumpkins.
Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Gish | 1991 | Caroline Records, Hut Records |
Siamese Dream | 1993 | Virgin Records |
Mellon Collie and the Infinite Sadness | 1995 | Virgin Records |
Adore | 1998 | Virgin Records |
MACHINA/The Machines of God | 2000 | Virgin Records |
MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music | 2000 | Constantinople Records |
Zeitgeist | 2007 | Reprise Records, Martha's Music |
Oceania | 2012 | EMI, Martha's Music |
Monuments to an Elegy | 2014 | BMG, Martha's Music |
Shiny and Oh So Bright, Vol. 1 / LP: No Past. No Future. No Sun. | 2018 | Napalm Records |
Cyr | 2020 | Sumerian Records |
Atum: A Rock Opera in Three Acts | 2023 | Martha's Music |
Aghori Mhori Mei | 2024 | Martha's Music, Thirty Tigers |
EPs
[editar | editar a fonte]- Lull - 1991 (Caroline)
- Peel Sessions - 1992 (Hut)
- Zero - 1996 (Virgin)
- American Gothic - 2006 (Reprise)
Directos e recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Light Into Dark - 1989 (Halo)
- Siamese Singles - 1994 (Virgin)
- Pisces Iscariot - 1994 (Virgin)
- Earphoria - 1994 (Virgin) Relanzado no 2002.
- The Aeroplane Flies High - 1996 (Virgin)
- The Aeroplane Flies Lower - 1996 (Capitol)
- The Smashing Pumpkins 1991-1998 - 1998 (Virgin)
- Rotten Apples (+ Judas 0) - 2001 (Virgin)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]
Videografía
[editar | editar a fonte]- Vieuphoria - 1994 (Virgin) Reeditado en DVD no 2002 con material adicional
- The Smashing Pumpkins Greatest Hits Video Collection: 1991-2000 - 2001 (Virgin) Todos os videoclips da banda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nos Estados Unidos de América e Canadá o lanzouse o 10 de xullo de 2007.
- ↑ "Smashing Pumpkin D'Arcy Dares To Be Happy". www.starla.org. Consultado o 2021-12-20.
- ↑ "Billy, Don't Be a Hero". SPIN (en inglés). 2013-07-26. Consultado o 2021-12-20.
- ↑ Kot, Greg (xaneiro de 2002). "Pumpkin Seeds". Guitar World.
- ↑ "50 geeky facts about Smashing Pumpkins". NME (en inglés). 2018-02-22. Consultado o 2021-12-20.
- ↑ ""25 years ago today we played our 1st show. Billy was on bass, James on guitar and a drum machine"". Twitter. Consultado o 2021-12-20.
- ↑ "Billy Corgan 2012 Interview on his Memories at The Metro in Chicago on WBEZ 91.5 FM". ghostarchive.org. Consultado o 2021-12-24.
- ↑ 8,0 8,1 "Jimmy Chamberlin [entrevista]". Modern Drummer. Xaneiro de 1994.
- ↑ "PUMPKINS ADD HISTORY TO JANE'S REUNION". Chicago Tribune (en inglés). Consultado o 2021-12-24.
- ↑ "Light Into Dark: A Chicago Music Compilation #1 (1989, Vinyl)" (en castelán). Consultado o 2021-12-24.
- ↑ starla.org (ed.). "The Smashing Pumpkins Chronology: 1995". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ "La Voz de Galicia - Os Smashing Pumpkins visitan Santiago na súa xira de despedida". Arquivado dende o orixinal o 11/03/2016. Consultado o 15/03/2011.
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/cultura/regreso/The/Smashing/Pumpkins/pasa/pena/gloria/Primavera/Sound/elpepucul/20070601elpepucul_1/Tes Anuciado en Elpais.com o 1/06/2007 -consultado o 21/02/09
- ↑ NME (ed.). "The Smashing Pumpkins to release album for free". Archived from the original on 24 de setembro de 2009. Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Hear the Epic New Smashing Pumpkins Track: "A Song for a Son"". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ The A.V. Club (ed.). "Help Wanted: Pumpkins". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Posicións na lista Billboard 200 dos álbums da banda". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2014. Consultado o 03 de febreiro de 2013.
- ↑ billboard.com - Smashing Pumpkins 'Writing Songs for a New Album,' Corgan Says (en inglés)
- ↑ Spin (ed.). "Smashing Pumpkins Releasing Two Albums in 2015". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Smashing Pumpkins Drummer Mike Byrne Leaves Band". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ The Panopticon (ed.). "News on Tommy Lee Playing on 'Monuments to an Elegy' / SP Album Update". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Alternative Nation (ed.). "Nicole Fiorentino Reunites With Former Smashing Pumpkins Bandmate Mike Byrne". Archived from the original on 30 de maio de 2015. Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Blabbermouth (ed.). "Smashing Pumpkins Tap Rage Against the Machine's Brad Wilk For Upcoming Shows". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ The Panopticon (ed.). "Parlez-Vous/Album Update Plus Thoughts On 'Candide' And SP Tour". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Anti-Music (ed.). "Marilyn Manson and The Smashing Pumpkins Announce Summer Tour". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ USA Today (ed.). "Pumpkins add original member for summer tour". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Alternative Nation (ed.). "Smashing Pumpkins Announce New Album & Tour With Jimmy Chamberlin". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Facebook (ed.). "Live in Studio From Lala Land". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Portland Tribune (ed.). "Smashing Pumpkins strip down for tour kick-off in Portland". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ Kreps, Daniel; Kreps, Daniel (2016-03-27). "Watch Smashing Pumpkins Reunite With James Iha at L.A. Show". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-04-21.
- ↑ "Live Review: The Smashing Pumpkins reunite with James Iha in Chicago (4/14)". Consequence of Sound (en inglés). 2016-04-15. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Billy Corgan Reconciles With Ex-Smashing Pumpkins Bassist D’arcy Wretzky, Addresses Reunion Rumors". Spin. 2016-08-16. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ DiVita, Joe. "Billy Corgan Eyeing 2018 With Potential Double Album". Loudwire (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ "Smashing Pumpkins' drummer hints at 2018 reunion for original line-up". NME (en inglés). 2017-06-29. Consultado o 2021-12-25.
- ↑ Burks, Tosten (2018-01-17). "Billy Corgan Teases Smashing Pumpkins Reunion on Instagram". Billboard (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ "Billy Corgan details new Smashing Pumpkins album". DIY (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ "It looks like Smashing Pumpkins' reunion album is finished, but who's the bassist?". NME (en inglés). 2018-02-08. Consultado o 2021-12-25.
- ↑ Blistein, Jon; Blistein, Jon (2018-02-15). "Smashing Pumpkins Plot Reunion Tour Culling From First Five Albums". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ February 15, Dan Snierson; EST, 2018 at 01:08 PM. "Smashing Pumpkins reunite for tour — without D'arcy Wretzky". EW.com (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ Kreps, Daniel; Kreps, Daniel (2018-02-14). "D'arcy Wretzky Slams Billy Corgan, Smashing Pumpkins Reunion". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-12-25.
- ↑ Kreps, Daniel; Kreps, Daniel (2018-02-13). "Smashing Pumpkins Explain D'arcy Absence Ahead of Rumored Reunion". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-12-29.
- ↑ Coscarelli, Joe (2018-03-22). "Smashing Pumpkins Say They’re Happy Now. Can They Keep It Together?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-12-29.
- ↑ "THE SMASHING PUMPKINS' Shiny and Oh So Bright Tour @ The American Airlines Arena (July 24th, 2018)". Sonic Perspectives (en inglés). 2018-07-28. Consultado o 2021-12-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: The Smashing Pumpkins |