[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tamargueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tamargueira común, Tamarix gallica, é unha especie vexetal da familia das Tamaricáceas, orixinario do oeste do Mediterráneo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Arbusto ou arboriña caducifolia de 6 a 8 metros de altura, pólas longas e flexíbeis, un chisco pénsiles, que non creban facilmente e coa casca é parda avermellada escura, sendo as pólas máis novas listrosas e lampiñas. As follas son moi miúdas, a xeito de escamas, con forma ovado agudas e con abrazadeiras no baseamento, miden de 1,5 a 4 mm de longo e posúen unha cor verde glauca. As flores son albas ou rosa pálido, agrupadas en espigas grosas e cilíndricas de 3 a 6 cm de longo, que nacen sobre as ramiñas do ano e que aparecen á vez cás follas. Posúen 5 pétalo e 5 estames; brácteas florais triangulares, cápsula ovada. Florece na primavera, entre abril e o verán. O froito é unha cápsula de apertura espontánea con 3 valvas e sementes cun penacho plumaoso.

En solos húmidos e algo salinos, nos areais e lagoas costeiras e nos bosques de ribeira, especialmente cando hai depósitos subsalinos ou margas. Asóciase cos loendros (Nerium oleander) e mais cos salgueiros. Prefire climas secos e calorosos.

Distribución

[editar | editar a fonte]
Flores da tamargueira común.

Esténdese polo oeste da zona mediterránea, sur de Francia, Península Ibérica, acadando polo norte o sur de Inglaterra, e polo sur o deserto do Sáhara. En Galicia é pouco común.

Observacións

[editar | editar a fonte]

A madeira é moi apreciada coma combustíbel. As pólas ao seren flexíbeis serviron para facer maromas para as noras e coma atadeiros. As tamargueiras reprodúcense facilmente de espeques e abacelamentos. Son moi indicados para fixar dunas e as ribeiras dos ríos.

Pola súa resistencia á salinidade emprégase moito en Galicia como árbore ornamental aliñada en ringleiras nos paseos marítimos coma o de Sanxenxo.

Usos medicinais: adstrinxente, antidiarreico, cicatrizante.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A Tamarix gallica foi descrita por Linneaus e publicada en Species Plantarum 1: 270–271. 1753.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome galego e portugués tamargueira vén da verba latina tamarix (coincidente co xénero), nome que lle daban os romanos, crese derivado do río Tamaris da provincia hispánica Tarraconense, posibelmente o actual Tambre- en cuxas ribeiras medraban estes gamallos.

O nome específico gallica, alude á Gallia, a Francia dos romanos, lugar onde a planta é igualmente nativa.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Tamariscus gallicus (L.) All.
  • Tamariscus narbonensis Garsault
  • Tamariscus pentander Lam.[2]
var. indica (Willd.) Ehrenb.
  • Tamarix indica Willd.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  • Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  • Long, R. W. & O. K. Lakela. 1971. Fl. Trop. Florida i–xvii, 1–962. University of Miami Press, Coral Cables.
  • Munz, P. A. 1974. Fl. S. Calif. 1–1086. University of California Press, Berkeley.
  • Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley.
  • Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  • Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
  • Zuloaga, F. O. 1997. Catálogo de las plantas vasculares de la Argentina. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 74(1–2): 1–1331.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]