[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Resurs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un satélite Resurs-O1-N4 antes do lanzamento.

Resurs é unha familia de satélites de observación da Terra soviéticos e rusos.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites Resurs comezaron sendo satélites derivados dos satélites de recoñecemento Zenit para fins civís. O seu obxectivo era a busca e investigación de recursos naturais de interese para a Unión Soviética e como forma de cooperación internacional. O primeiro satélite Resurs foi lanzado en 1979. Os primeiros Resurs usaban cápsulas para devolver a película fotográfica a terra para ser revelada e examinada. Versións máis avanzadas xa enviaban as imaxes por radiocomunicacións.[1]

Resurs-F1 (GRAU 17F40, 17F41 e 17F43)

[editar | editar a fonte]

Os primeiros satélites Resurs usaban a denominación F1, da que houbo tres series, cada unha cun índice GRAU distinto (17F40, 17F41 e 17F43). A diferenza entre as tres series non está clara. Os Resurs-F1 17F40 foron os primeiros satélites Resurs e, ao igual que os Zenit, usaban o método de devolver a terra a película fotográfica despois de tomar imaxes das zonas de interese. Funcionaban usando unha batería en vez de paneis solares, o que lles daba unha autonomía de 14 días aínda que podían aguantar dez días adicionais en modo de baixo consumo. Usaban o sistema fotográfico Priroda-4, que consistía nun sistema con tres canais multiespectrais usando dúas cámaras KFA-1000 e tres KATE-200. A resolución máxima conseguida era de 5 metros. Lanzáronse 53 Resurs-F1 entre 1979 e 1993, con só dous fallos.[2][3][4]

Resurs-F1M

[editar | editar a fonte]

Os Resurs-F1M eran unha versión mellorada dos Resurs-F1M. Seguían usando o método de retorno mediante cápsula e só se lanzaron dúas unidades, en 1997 e 1999.[5]

Resurs-F2

[editar | editar a fonte]

Os Resurs-F2 estaban baseados nos Resurs-F1 e usaban paneis solars como fonte de enerxía, o que lles permitía permanecer ata 30 días en órbita. Usaban o sistema de imaxe SA-M, consistente en catro cámaras MK-4 cunha resolución de ata 5 metros e cunha capacidade de xeolocalización superior ao relacionarse co sistema de indización estelar SA-3R de a bordo. Lanzáronse dez Resurs-F2, todos a bordo de foguetes Soiuz U, entre 1987 e 1995.[6]

Resurs-OE

[editar | editar a fonte]

Resurs-OE foi un prototipo para dos satélites Resurs-OE. Foi lanzado o 24 de xullo de 1983 mediante un foguete Vostok 2M. Usaba o mesmo bus que os satélites meteorolóxicos Meteor 2 en lugar de basearse nos satélites Zenit. Reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xaneiro de 2013.[7]

Resurs-O1

[editar | editar a fonte]

Os Resurs-O1 foron os primeiros Resurs en usar un bus diferente ao dos satélites Zenit, usando o mesmo bus que os Meteor 2. Transmitían as imaxes directamente a terra en lugar de usar unha cápsula co material fotográfico. Como instrumentos levaban a bordo dous exploradores multiespectrais de alta resolución e dous de media resolución (só un no Resurs-O1 número 2). Lanzáronse tres Resurs-O1, os dous primeiros mediante foguetes Vostok 2M e o terceiro mediante un Zenit 2, en 1985, 1988 e 1994.[8][9]

Resurs-O1 4

[editar | editar a fonte]

Resurs-O1 4 estaba baseado no bus dos satélites Meteor-3. Levaba máis instrumentación que os seus antecesores: un explorador multiespectral de alta resolución, un de media resolución, unha cámara de televisión para estudar a luz reflectida pola superficie e atmosfera terrestres, un medidor de radiación, un medidor de irradiación solar, un telescopio de partículas cargadas e un radiómetro. Foi lanzado o 10 de xullo de 1998 mediante un foguete Zenit 2.[10]

Resurs-DK

[editar | editar a fonte]

Resurs-DK ou Resurs-DK 1 foi un satélite da familia Resurs lanzado para a busca de recursos naturais, facer estudos ecolóxicos, servir de baliza para emerxencias mariñas, estudar a superficie do mar e do xeo, as condicións meteorolóxicas nas zonas polares e para servir de ligazón entre estacións terrestres. Estaba baseado nos satélites Yantar-4KS1M e levaba unha cámara pancromática de barrido cunha resolución de 0,9 m. Levaba acaroado o experimento rusoitaliano PAMELA para o estudo dos raios cósmicos e o experimento ARINA para a investigación de electróns e protóns de alta enerxía. Cunha masa de 6570 kg, foi lanzado o 15 de xuño de 2006 mediante un foguete Soiuz U. Deixou de funcionar en 2016.[11]

Os satélites Resurs-P están baseados no Resurs-DK 1 e usan un sistema de cámaras cunha resolución de 1 m. A bordo levan tamén o sistema AIS de seguimento e recepción de sinais de buques.[12]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
Resurs-F1 17F41 1 5 de setembro de 1979 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 2 6 de xuño de 1980 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 3 31 de xullo de 1980 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 4 3 de setembro de 1980 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 5 2 de xullo de 1981 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 6 27 de agosto de 1981 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 7 25 de maio de 1982 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 8 8 de xuño de 1982 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 9 20 de agosto de 1982 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 10 10 de febreiro de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 11 17 de maio de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 12 7 de xuño de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 13 20 de xullo de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-OE 24 de xullo de 1983 Vostok 2M Éxito
Resurs-F1 17F41 14 5 de agosto de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 15 14 de setembro de 1983 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 16 16 de febreiro de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 17 15 de xuño de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 18 22 de xuño de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 19 19 de xullo de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 20 16 de agosto de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 21 30 de agosto de 1984 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 22 22 de maio de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 23 7 de xuño de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 24 21 de xuño de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 25 7 de agosto de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 26 29 de agosto de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-O1 1 3 de outubro de 1985 Vostok 2M Éxito
Resurs-F1 17F41 27 13 de decembro de 1985 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F41 28 28 de maio de 1986 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 1 10 de xullo de 1986 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 2 2 de agosto de 1986 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 3 31 de outubro de 1986 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 4 21 de maio de 1987 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 5 18 de xuño de 1987 Soiuz U Fallo
Resurs-F1 17F40 6 15 de setembro de 1987 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 1 26 de decembro de 1987 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F40 7 18 de febreiro de 1988 Soiuz U Éxito
Resurs-O1 2 20 de abril de 1988 Vostok 2M Éxito
Resurs-F1 17F43 1 31 de maio de 1988 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 2 7 de xullo de 1988 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 3 27 de xullo de 1988 Soiuz U Fallo
Resurs-F2 2 23 de agosto de 1988 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 4 9 de setembro de 1988 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 3 12 de xaneiro de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 5 25 de maio de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 6 27 de xuño de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 7 18 de xullo de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 4 15 de agosto de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 8 6 de setembro de 1989 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 9 29 de maio de 1990 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 5 17 de xullo de 1990 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 10 16 de agosto de 1990 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 11 7 de setembro de 1990 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 6 21 de maio de 1991 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 12 28 de xuño de 1991 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 13 23 de xullo de 1991 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 7 21 de agosto de 1991 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 8 29 de abril de 1992 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 14 23 de xuño de 1992 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 15 19 de agosto de 1992 Soiuz U Éxito
Resurs 500 (Zvezda Kolumba) 15 de novembro de 1992 Soiuz U Éxito
Resurs-F2 9 21 de maio de 1993 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 16 25 de xuño de 1993 Soiuz U Éxito
Resurs-F1 17F43 17 24 de agosto de 1993 Soiuz U Éxito
Resurs-O1 3 4 de novembro de 1994 Zenit 2 Éxito
Resurs-F2 10 26 de setembro de 1995 Soiuz U Éxito
Resurs-F1M 1 18 de novembro de 1997 Soiuz U Éxito
Resurs-O1 4 10 de xullo de 1998 Zenit 2 Éxito
Resurs-F1M 2 28 de setembro de 1999 Soiuz U Éxito
Resurs-DK 1 15 de xuño de 2006 Soiuz U Éxito
Resurs-P 1 25 de xuño de 2013 Soiuz 2-1b Éxito
Resurs-P 2 26 de decembro de 2014 Soiuz 2-1b Éxito
Resurs-P 3 13 de marzo de 2016 Soiuz 2-1b Éxito
Resurs-P 4 31 de marzo de 2024 Soiuz 2-1b Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "Resurs" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-F1 (17F40)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-F1 (17F41)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-F1 (17F43)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-F1M (17F43M)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  6. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-F2 (17F42)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-OE (11F651)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  8. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-O1 N1, 2 (11F697)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  9. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-O1 N3 (11F697)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  10. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-O1 N4 (11F697)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  11. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-DK (46KS)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  12. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Resurs-P 1, 2, 3, 4, 5 (47KS)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]