Meteor (satélites)
Meteor é unha familia de satélites meteorolóxicos soviéticos e rusos.[1][2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Meteor agrupa toda unha serie de familias de satélites meteorolóxicos que comezaron a ser desenvolvidos na época soviética e continuaron evolucionando ata seguir sendo usados pola actual Rusia nas súas formas máis modernas. Os satélites Meteor orixinais comezaron a ser lanzados en 1964 e foron os primeiros satélites meteorolóxicos da Unión Soviética.[1][2][3][4][5]
Meteor 1
[editar | editar a fonte]Meteor 1 foi a primeira serie de satélites meteorolóxicos soviéticos. Foron desenvolvidos por VNIIEM, tiñan unha masa duns 2200 kg e estaban estabilizados nos tres eixos, cun corpo presurizado e dous paneis solares. Eran inxectados en órbitas polares duns 600 km de altura. Levaban os seguintes instrumentos a bordo:
- Unha cámara de televisión baseada en vidicon para o rango espectral entre 0,3 e 0,8 micrómetros cunha resolución de entre 1,25 e 3 km.
- Unha cámara infravermella para o entre entre 8 e 12 micrómetros, cunha resolución de 15 km.
- Un sensor de radiación para medir o fluxo de radiación solar, a radiación térmica da superficie terrestre e da cobertura de nubes e da atmosfera. Funcionaba no rango de lonxitudes de onda de entre 0,3 e 3,30 micrómetros, cunha resolución de 40 x 50 km.
Lanzáronse 38 Meteor 1 entre 1964 e 1977, todos mediante foguetes Vostok-2M, aínda que os once primeiros foron nomeados baixo a denominación Kosmos e só a partir da décimo segunda unidade se empezou a usar a denominación Meteor 1. Ademais, as unidades 18, 25 e 28 a 31 coa denominación oficial foron realmente parte da serie Meteor-Priroda.[6]
Meteor 2
[editar | editar a fonte]Meteor 2 foi a continuación mellorada dos Meteor 1. Levaban a bordo tres cámaras de televisión para o espectro visible e infravermello, un radiómetro de cinco canais e outro para medir densidades de fluxo no espazo próximo á Terra. Meteor 2-21 levaba a bordo ademais un retrorreflector para medicións por láser desde terra.[7]
Lanzáronse 21 Meteor 2 entre 1975 e 1992, os primeiros mediante foguetes Vostok-2M e o resto mediante foguetes Tsiklon-3. Os satélites tiñan unha masa duns 1300 kg e eran inxectados en órbitas polares de 850 x 950 km de altura.[7]
Meteor 3
[editar | editar a fonte]Meteor 3 foi a terceira xeración de satélites meteorolóxicos polares soviéticos. Tiñan unha masa de entre 2150 e 2250 kg e eran inxectados en órbitas heliosincrónicas. A bordo levaban os seguintes instrumentos:
- Os sistemas de cámaras de televisión MR-2000M e MR-900B.
- O radiómetro infrevermello Klimat.
- Un espectrómetro multicanal.
- O medidor de radiación RMK-2.
Ademais Meteor 3-6 levaba o instrumento TOMS da NASA, similar ao que levaba o satélite Nimbus 7, e Meteor 3-7 levaba unha serie de instrumentos proporcionados por Francia e Alemaña.[8]
Lanzáronse 7 Meteor 3 entre 1984 e 1994, o primeiro deles infrutuoso, e todos mediante foguetes Tsiklon-3.[8]
Meteor 3M
[editar | editar a fonte]Meteor 3M debía ser a serie que continuara aos Meteor 3, pero finalmente se lanzou unha única unidade, co resto sendo canceladas. Meteor 3M-1 levaba a bordo o instrumento estadounidense SAGE-3. Levaba tamén a cámara MR-2000-M1, un radiómetro Klimat e os instrumentos MIVZA, MTVZA, MSU-E, SFM-2, KGI-4C e MSGI-5EI. O satélite, con 2477 kg de masa, foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un Zenit-2 a unha órbita polar de 996 x 1016 km de altura e deixou de funcionar o 6 de marzo de 2006 debido a un problema co seu sistema de enerxía, máis alá do seu tempo de vida esperado de 3 anos.[9]
Meteor-M 1
[editar | editar a fonte]Meteor-M é a xeración de satélites que debía substituír os Meteor 3M e da cal se lanzou tamén unha única nave. O satélite, Meteor-M 1, tiña unha masa duns 2900 kg e leva os seguintes instrumentos a bordo:[10]
- MSU-MR: unha cámara multiespectral de baixa resolución para o estudo da cobertura nubosa.
- KMSS: unha cámara multicanal para estudo da superficie terrestre.
- MTVZA-GYa: unha cámara e sondador para a obtención de perfís atmosféricos de temperatura, humidade e vento a nivel do mar.
- Severjanin: un radar de apertura sintética en banda X para a monitorización do xeo.
- DCS: un sistema de recolección de datos.
- GGAK-M: un conxunto de instrumentos helioxeofísicos.
Foi lanzado o 17 de setembro de 2009 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat.[10]
Meteor-M 2
[editar | editar a fonte]Meteor-M 2 é a continuación de Meteor-M 1. Teñen unha masa de 2750 kg e son lanzados mediante foguetes Soiuz-2-1b. Levan os seguintes instrumentos a bordo:[11][12]
- MSU-MR: unha cámara multiespectral de baixa resolución para o estudo da cobertura nubosa.
- KMSS-2: unha cámara multicanal para estudo da superficie terrestre.
- MTVZA-GYa: unha cámara e sondador para a obtención de perfís atmosféricos de temperatura, humidade e vento a nivel do mar.
- IKFS-2: un sondador infravermello para perfiles atmosféricos de humidade e temperatura.
- BRK-SSPD: un sistema de recolección de datos.
- RK-SM-MKA: un sistema de radio para axuda en rescates.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] |
---|---|---|---|
Kosmos 44 | 28 de agosto de 1964 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 58 | 26 de febreiro de 1965 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 100 | 17 de decembro de 1965 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 118 | 11 de maio de 1966 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 122 | 25 de xuño de 1966 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 144 | 28 de febreiro de 1967 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 156 | 27 de abril de 1967 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 184 | 24 de outubro de 1967 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 206 | 14 de marzo de 1968 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 226 | 12 de xuño de 1968 | Vostok-2M | Éxito |
Kosmos 265 | 1 de febreiro de 1969 | Vostok-2M | Fallo |
Meteor-1 1 | 26 de marzo de 1969 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 2 | 6 de outubro de 1969 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 3 | 17 de marzo de 1970 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 4 | 28 de abril de 1970 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 5 | 23 de xuño de 1970 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 6 | 15 de outubro de 1970 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 7 | 20 de xaneiro de 1971 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 8 | 17 de abril de 1971 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 9 | 16 de xullo de 1971 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 10 | 29 de decembro de 1971 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 11 | 30 de marzo de 1972 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 12 | 30 de xuño de 1972 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 13 | 26 de outubro de 1972 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 14 | 20 de marzo de 1973 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 15 | 29 de maio de 1973 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 16 | 5 de marzo de 1974 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 17 | 24 de abril de 1974 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 19 | 28 de outubro de 1974 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 20 | 17 de decembro de 1974 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 21 | 1 de abril de 1975 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 1 | 11 de xullo de 1975 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 22 | 18 de setembro de 1975 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 23 | 25 de decembro de 1975 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 24 | 7 de abril de 1976 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 26 | 15 de outubro de 1976 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 2 | 6 de xaneiro de 1977 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-1 27 | 5 de abril de 1977 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 3 | 14 de decembro de 1977 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 4 | 1 de marzo de 1979 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 5 | 31 de outubro de 1979 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 6 | 9 de setembro de 1980 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 7 | 14 de maio de 1981 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 8 | 25 de marzo de 1982 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 9 | 14 de decembro de 1982 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 10 | 28 de outubro de 1983 | Vostok-2M | Éxito |
Meteor-2 11 | 5 de xullo de 1984 | Tsiklon-3 | Éxito |
Kosmos 1612 (Meteor-3 1) | 27 de novembro de 1984 | Tsiklon-3 | Fallo parcial |
Meteor-2 12 | 6 de febreiro de 1985 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 1 | 24 de outubro de 1985 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 13 | 26 de decembro de 1985 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 14 | 27 de maio de 1986 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 15 | 5 de xaneiro de 1987 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 16 | 18 de agosto de 1987 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 17 | 30 de xaneiro de 1988 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 2 | 26 de xullo de 1988 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 18 | 28 de febreiro de 1989 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 3 | 24 de outubro de 1989 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 19 | 27 de xuño de 1990 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 20 | 28 de setembro de 1990 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 4 | 24 de abril de 1991 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 5 | 15 de agosto de 1991 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-2 21 | 31 de agosto de 1993 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3 6 | 25 de xaneiro de 1994 | Tsiklon-3 | Éxito |
Meteor-3M 1 | 10 de decembro de 2001 | Zenit-2 | Éxito |
Meteor-M 1 | 17 de setembro de 2009 | Soiuz-2-1b | Éxito |
Meteor-M 2 | 8 de xullo de 2014 | Soiuz-2-1b Fregat-M | Éxito |
Meteor-M 2-1 | 28 de novembro de 2017 | Soiuz-2-1b Fregat-M | Fallo |
Meteor-M 2-2 | 5 de xullo de 2019 | Soiuz-2-1b Fregat-M | Éxito |
Meteor-M 2-3 | 27 de xuño de 2023 | Soiuz-2-1b Fregat | Éxito |
Meteor-M 2-4 | 29 de febreiro de 2024 | Soiuz-2-1b Fregat | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Meteor M 11F614" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "Meteor 2" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Mark Wade (2020). "Meteor 3" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Mark Wade (2020). "Meteor-3M" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2020). "Meteor-M" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-1" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-2 (11F632)" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-3 (17F45)" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-3M (17F45M)" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-M 1" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-M 2-1, 2-2, 2-3, 2-4, 2-5, 2-6" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meteor-M 2" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meteor |