[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Perianto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perianto co cáliz e a corola ben diferenciados

O perianto ou periantio (do grego perí, ao redor e anthós, flor) é unha estrutura floral que corresponde á envoltura que rodea aos órganos sexuais; constitúe a parte non reprodutiva da flor.

Está formada por dous tipos de pezas:

  • a corola, formada polos pétalos, que son as pezas coloreadas das flores. A súa función é atraer aos animais polinizadores.
  • o cáliz, a parte verde da flor, ten unha consistencia máis forte que a corola e as súas pezas chámanse sépalos. Ás veces os pétalos e os sépalos teñen a mesma cor, nese caso chámanse tépalos.

Tipos de perianto

[editar | editar a fonte]