Palau Reial de Pedralbes
Aparencia
Palau Reial de Pedralbes | |
---|---|
Fachada principal | |
Coordenadas | 41°23′18″N 2°07′01″L / 41.38841667, 2.11702778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palau Reial de Pedralbes (en galego: Pazo Real de Pedralbes) é un edificio situado nunha ampla zona de xardíns no distrito de Les Corts da cidade de Barcelona.
Entre 1919 e 1931 foi a residencia oficial da Familia real española nas súas visitas á cidade. Entre 1932 e 2013 foi sede do Museo de Cerámica e do Museo das Artes Decorativas ata que se trasladaron ao edificio HUB da plaça de les Glòries Catalanes. Dende 2010 é a sede permanente da Secretaría Xeral da Unión polo Mediterráneo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau Reial de Pedralbes |