Museo do Mamut de Barcelona
Museo do Mamut | |
---|---|
Entrada do centro | |
Coordenadas | |
País | Cataluña |
Cidade | Barcelona |
Tipo | Museo Paleontolóxico |
Inauguración | 2010 |
Na rede | |
http://www.museomamut.com | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo do Mamut (en catalán: Museu del Mamut) foi un museo paleontolóxico que se atopaba en Barcelona e que contiña unha exposición adicada ós animais da Idade do xeo. O museo contaba cunha colección de esqueletos de mamuts recollidos en expedicións en América e o Canadá, así como unha reprodución a escala real destes animais prehistóricos. O museo pechou en outubro do ano 2016.
Historia
[editar | editar a fonte]O museo, aberto no ano 2010, atopábase nunha zona de interese arqueolóxico e estaba incluído no Plan especial de protección arquitectónica histórica da cidade de Barcelona. No edificio onde se localizaba o museo salienta a galería gótica edificada durante a segunda metade do século XII con pedra de Montjuïc, xa que é o único edificio gótico non relixioso de Barcelona que ten arcos góticos na planta baixa. O edificio ten o nome de Casa de la Custòdia xa que serviu de custodia ó Papa durante a procesión de 1762 por mor da chuvia torrencial, feito que se lembra no vestíbulo do edificio cunha placa.
O 8 de febreiro de 2012 foi detido o ex-director do centro acusado de roubar diversas pezas valiosas do museo, como vinte cairos de marfil, diamantes e ouro, ocorrido tres días antes. Segundo os Mossos d'Esquadra, o antigo responsable do centro conservaba aínda as chaves de acceso.[1]
O 25 de outubro de 2016 o museo pechou as portas por mor da falta de fondos.[2] Tres anos despois, en 2019, os propietarios do palacio anunciaron que o recinto reconverteríase nun luxoso spa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 324.cat, ed. (8 de febreiro de 2012). "Detenen l'exdirector del Museu del Mamut pel robatori de 20 ullals". Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ Blanchar, Clara. El Museu del Mamut tancarà a finals d’octubre per falta de mitjans (10 de xullo de 2016).
- ↑ Farrés, Cristina (14-01-2019). "El antiguo museo del Mamut de Barcelona se transformará en un spa de lujo". El Español.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |