[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pobo kurdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo kurdo
Nena kurda de Mardin.
Poboación
Poboación total:
36,4–45,6 millóns (2017)
Rexións principais:
Turquía Turquía14,3 a 20 millóns
Irán8,2 a 12 millóns
Iraq5,6 a 8,5 millóns
Siria2 a 3,6 millóns
Armenia37 500[1]
Xeorxia Xeorxia13 861[2]
Acerbaixán6 100[3]
Aspectos culturais
LinguaLingua kurda (kurdo central, kurdo do norte, kurdo do sur, zazaki e goraní)
RelixiónIslam dende o século VII
(Sunnismo, pero tamén xiísmo e sufismo)
con minorías de deísmo, agnosticismo, iezidismo, zoroastrianism, cristianismo e xudaísmo
Grupos
relacionados
Outros pobos iranianos
Cidade do Kurdistán.

Os kurdos[4] son un pobo iranio que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da primeira guerra mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Feitos da historia moderna kurda

[editar | editar a fonte]

Persoeiros kurdos históricos

[editar | editar a fonte]
  • Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Kurdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder do estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.
  1. Statistics of Armenia (ed.). "Information from the 2011 Armenian National Census" (PDF) (en armenia). Consultado o 27 de maio de 2014. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  3. Statistical Yearbook of Azerbaijan 2014. 2015. p. 80. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kurdo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]