Pneumáticos de Fórmula 1
Os Pneumáticos de Fórmula Un xogan un papel importante no rendemento dun coche de Fórmula 1. Os pneumáticos experimentaron cambios significativos ao longo da historia da Fórmula Un, con diferentes fabricantes e utilizando diversas especificacións.
Historia
[editar | editar a fonte]Os pneumáticos de Fórmula 1 só teñen un parecido superficial cun pneumático normal de estrada. Mentres que estes últimos teñen unha vida útil de ata 80.000 km, os pneumáticos usados na Fórmula Un están construídos para durar menos da distancia dunha carreira. Pero, hai que sinalar que os pneumáticos de estrada non están suxeitos a un estilo de condución que busca o máximo absoluto na adhesión dos pneumáticos. Polo tanto, estas comparacións non son realmente válidas e deben ser postas en contexto. O obxectivo de cada pneumático determina o composto de caucho que é utilizado.
Durante as décadas de 1950 e 1960, os pneumáticos de Fórmula Un foron subministrados por Dunlop, Englebert, Firestone, Continental e Goodyear. En 1958, Dunlop presentou o seu pneumático de carreiras R5, substituíndo o tecido de algodón dos pneumáticos R1 a R4 anteriores por un tecido de nailon, permitindo unha redución de 5´44 kg. no peso do pneumático.[1] Durante a década de 1960, Dunlop introduciu carcasas de nailon melloradas, reduciu a relación de aspecto, aumentou significativamente o ancho dos pneumáticos e o uso de caucho sintético.[1]
Os pneumáticos slick presentáronse na Fórmula Un por Firestone no Gran Premio de España de 1971.[2] O Ferrari 312T de 1975 utilizou un pneumático liso Goodyear de 26,0"×16,2"-13" (diámetro x ancho total) na parte traseira nunha pina de 13" × 18", cun pneumático Goodyear de 20,0" × 9,2" -13" na parte dianteira nunha pina de 13 × 10".[3]
Nesta época os pneumáticos de Fórmula 1 facíanse e raiabanse practicamente a man por un operario, polo que practicamente non había ningún pneumático igual o que provocaba constantes vibracións e desviacións. Moitos anos despois Clay Regazzoni contaba que enterárase que durante a súa estacia en Ferrari como compañeiro de equipo de Niki Lauda perdera 9 de cada 10 carreiras ante o seu compañeiro, que o motivo foi que Lauda se levaba moi ben con Goodyear polo que lle permitían, antes da cualificación, elixir os pneumáticos que ía montar, e el elixía os pneumáticos feitos polo mesmo operario e no mesmo día, para que foran o máis iguais posibles. Ata ese punto son importantes os pneumáticos.
En 1998 presentáronse os pneumáticos rañurados con 3 sucos nos pneumáticos dianteiros e 4 sucos nos pneumáticos traseiros.[4] Entre 1999 e 2008, as regulacións mantiveron un mínimo de 4 sucos, coa intención de frear os coches (un pneumático liso, sen fendas, é mellor en condicións secas). Non podían ter máis de 355 mm de ancho diante e 380 mm na parte traseira, e o diámetro máximo é de 660 mm (670 mm para os pneumáticos de choiva).[5] Os pneumáticos lisos foron reintroducidos no comezo da tempada de 2009, xunto cos cambios na aerodinámica destinados a cambiar o equilibrio cara ao agarre mecánico nun intento de aumentar os adiantamentos.
En 2005, prohibiuse o cambio de pneumáticos na Fórmula Un, polo tanto, os compostos eran máis duros xa que os pneumáticos tiñan que durar a distancia de carreira (uns 300 km). Os cambios de pneumáticos volveron en 2006, tralo dramático e sumamente politizado Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.
Na tempada de 2007 Bridgestone converteuse no único fornecedor de pneumáticos da Fórmula Un logo da retirada de Michelin, e presentou catro compostos de pneumáticos, dos cales elíxense dous para cada carreira. Os pneumáticos máis duros son máis duradeiros, pero teñen menos agarre e os pneumáticos máis brandos dan máis agarre, pero son menos duradeiros. Ambos compostos teñen que ser utilizados por cada vehículo durante a carreira, a menos que se utilicen pneumáticos de choiva ou intermedios durante a mesma, nese caso, esta regra xa non se aplica.
En condicións de choiva extrema, con auga estancada profunda, como no Gran Premio de Europa de 2007, os coches de F1 non poden seguir o ritmo do coche de seguridade, debido ao risco de aquaplaning. Nas carreiras con choiva, como o Gran Premio do Canadá de 2011, os pneumáticos son incapaces de proporcionar seguridade suficiente, polo que a carreira pode ser suspendida. A carreira pode deterse de forma definitiva, ou suspenderse por un tempo ata que os coches poidan correr de novo con seguridade.
O 2 de novembro de 2009, Bridgestone anunciou a súa retirada da Fórmula Un ao final da tempada 2010.[6][7] Michelin, Cooper Avon e Pirelli mostraron interese en asumir o papel de fornecedor de pneumáticos. En xuño de 2010, anunciouse que Pirelli sería o único fornecedor da tempada 2011 e asinaría un contrato de 3 anos.[8] Durante agosto de 2010, Pirelli iniciou o seu programa de probas co Toyota TF109 no Circuíto de Mugello con Nick Heidfeld como o piloto de probas.[9]
Con Pirelli como único fornecedor de pneumáticos, as regras en relación cos pneumáticos eran as mesmas que na tempada 2010. Todos os equipos tiñan que utilizar todos os tipos de composto de pneumático seco fornecidos para a carreira, e os pilotos que facían a Q3 tiñan que usar os mesmos pneumáticos que utilizaban para establecer o tempo máis rápido de clasificación para empezar a carreira. Pero, a forma de marcar as diferentes especificacións dos pneumáticos foi cambiada. En lugar da franxa verde que marcaba o composto máis brando, as letras de cada especificación dos pneumáticos, terían unha cor específica. O composto duro terían letras prateadas, o composto medio tería letras brancas, os pneumáticos brandos terían letras amarelas e os pneumáticos súper brandos terían letras vermellas. Nos pneumáticos de mollado, os pneumáticos intermedios terían as letras azul claro e os pneumáticos de mollado terían as letras laranxas.[10]
No Gran Premio de Malaisia de 2011, Pirelli introduciu unha liña de cor ao redor do exterior da lamia no máis brando dos dous compostos secos. Isto debeuse á confusión producida durante a primeira carreira da tempada. Esta medida dise que foi para encher o espazo libre, unha solución permanente que empezaría na primeira carreira europea da tempada. A liña de cor xa apareceu no Gran Premio da China.[11] Desde o Gran Premio de Turquía, esta solución permanente púxose en práctica; o composto opcional tería unha nova marca.[12] O pneumático opcional tiña dúas raias grosas entre os logos Pirelli P Zero e cada un dos pneumáticos, o que fai máis fácil ver a cor da marca cando o pneumático vira. O pneumático duro mantivo as mesmas marcas de antes, aínda que avanzada a tempada actualizou a parede lateral coas novas marcas.
Segundo a normativa, os dous compostos, o composto principal (máis duro) e o opcional (máis suave) deben ser utilizados nas carreira en seco, senón serán descualificados da carreira. Se unha carreira é suspendida e aínda non se utilizaron os dous pneumáticos, impoñerase unha penalización de 30 segundos. Este requisito non se aplicará se foi necesario utilizar pneumáticos de choiva.[13]
Para tempada 2016 Pirelli utilizará o seu novo e quinto composto chamado "ultrasoft" (ultra brando en galego), que só poderá ser utilizado en circuítos urbanos, e os equipos poderán elixir os seus dous compostos para cada carreira, entre tres alternativas que se designarán para cada Gran Premio. Por outra banda, un conxunto do composto máis brando terá que ser gardado para o seu uso só na Q3. Os dous conxuntos obrigatorios elixidos por Pirelli poden ser de dous compostos diferentes, dos tres que sexan designados para a fin de semana. Estes conxuntos, obviamente, serán idénticos para cada equipo. Os 10 xogos restantes poden ser elixidos por cada equipo, a partir dos tres compostos designados para a fin de semana.
Os equipos farán as súas eleccións nun prazo fixado por Pirelli. Comunicarán as súas decisións á FIA, que á súa vez diralle Pirelli cantos pneumáticos subministrará. As opcións para cada vehículo manterase en segredo ata 2 semanas antes da carreira. Se un equipo non cumpre coa data límite, a elección farase pola FIA.
Unha vez tomadas as decisións para cada vehículo, a FIA asignara os pneumáticos ao chou a través dun código de barras, como actualmente. As decisións tomadas por cada equipo poden variar para cada un dos seus coches, polo que cada piloto dentro do mesmo equipo pode ter unha asignación diferente. Os pneumáticos distínguense por diferentes marcas de cor nas paredes laterais, como actualmente.
Para a tempada 2017, presentáronse pneumáticos Pirelli significativamente máis anchos nos eixos dianteiro e traseiro, mentres que o diámetro total dos pneumáticos aumentou en 10 mm. O tamaño do pneumático dianteiro aumentou a 305/670-R13 respecto ao anterior 245/660-R13, mentres que o tamaño do pneumático traseiro aumentou a 405/670-R13 respecto ao 325/660-R13 anterior.[14] En 2017 e 2018, o Campionato da FIA de Fórmula 2 continuou empregando o tamaño Pirelli F1 anterior aos pneumáticos de 2017.
Pirelli presentou dous novos compostos de pneumáticos para a tempada 2018 de F1, Hiperbrando (rosa) e Superduro (laranxa). O pneumático Duro converteuse en azul xeo.[15]
De cara á tempada 2019, Pirelli reduciu o rango de pneumáticos de sete a cinco compostos para o tempo seco, e tamén eliminaron o sistema de nomeamento de pneumáticos de xeito que os pneumáticos se denotarán en cada gran premio independentemente como duros, medios e brandos con laterais brancas amarelas e vermellas respectivamente en lugar de ter un nome e unha cor separados para cada un dos cinco pneumáticos. O cambio implementouse para que os fanáticos informais puidesen comprender mellor o sistema de pneumáticos.
Escándalo Gran Premio dos Estados Unidos de 2005
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.
O venres 17 de xuño de 2005, durante a sesión de adestramentos da tarde, Ralf Schumacher, que pilotaba un Toyota, estrelouse con forza na curva 13 do Circuíto de Indianápolis, ao parecer a consecuencia dun fallo na roda traseira esquerda. A curva 13 do circuíto de Indianápolis é unha de alta velocidade peraltada, única desta característica nas carreiras de Fórmula Un, que causa unha maior carga lateral (horizontal).[16] Esta presión pode facer que as paredes laterais do pneumático se arqueen e se desgasten en lugares anormais.[17]
Ao día seguinte, Michelin informou que os pneumáticos que facilitara aos seus sete equipos clientes, BAR, McLaren, Red Bull, Renault, Toyota, Sauber e Williams, eran perigosas para o uso a alta velocidade nesta curva, e anunciou a súa intención de traer outro xogo de pneumáticos da súa sede en Clermont-Ferrand.[18] Pero, os pneumáticos substitutos, que eran do tipo utilizado no Gran Premio de España a principios dese ano, resultaron ter o mesmo problema cando se probaron.[19]
Nunha carta ao director de carreira da FIA Charlie Whiting, os representantes de Michelin Pierre Dupasquier e Nick Shorrock revelaron que non sabían a causa de falla das rodas de Schumacher, e a menos que os coches pasaran máis lentos pola curva 13, os pneumáticos de Michelin serían perigosos e non aptos para o seu uso durante a carreira.[20] Whiting respondeu expresando a súa sorpresa de que Michelin non trouxera un segundo xogo de pneumáticos, e suxire que os equipos foran informados da velocidade máxima de seguridade na curva 13, ofrecéndose a controlar as volta e penalizar calquera exceso de velocidade nos coches de Michelin. Tamén desestimou varias solucións que foran propostas polos equipos, insistindo en que o uso dos pneumáticos traídos durante a noite darían lugar a sancións, negándose a transformar a curva do óvalo nunha chicana delimitada con conos, xa que se o deseño da pista fora cambiado a carreira no sería validada pola FIA (sería unha carreira fóra de campionato). Argumentando ademais que tal cambio sería inxusto para os equipos calzados con Bridgestone, os cales viñeran preparados con pneumáticos apropiados. Os equipos con pneumáticos Michelin, incapaces de alcanzar un acordo coa FIA, decidiron non participar. A carreira tivo lugar a continuación, participando só os tres equipos Bridgestone ( Ferrari, Jordan e Minardi). A carreira foi gañada por Michael Schumacher.
Pneumáticos lisos
[editar | editar a fonte]Os pneumáticos lisos caracterízanse por unha banda de rodadura desprovista de bloques ou sucos. Pirelli presentou unha nova gama de pneumáticos para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020. O número de opcións de seco dispoñibles reduciuse a só cinco opcións, distinguíndose exclusivamente por tres cores en cada carreira: branco para o duro, amarelo para o medio e vermello para o brando. Agora, a diferenza dos últimos anos, a partir de 2019 cada composto estará asociado cun código numérico en lugar dunha cor. A numeración irá de C1 a C5, sendo C1 o máis duro e C5 o máis brando. Estas novas gomas deseñáronse para ofrecer unha maior resistencia ao sobrequecemento e proporcionar maior consistencia en cada período. Por suposto, a gama de opcións dispoñibles inclúe un pneumático de auga e un pneumático intermedio, ambos revisados. Os diferentes compostos aseguran que os pneumáticos adecúense a unha ampla variedade de circuítos, segundo o tipo de asfalto, o número e a dificultade das curvas, e a velocidade máxima nas rectas.
C0
[editar | editar a fonte]O pneumático C1 do ano pasado converteuse no C0 de 2023, é o pneumático máis duro da gama, que se destinará para os circuítos con maiores esixencias de carga de enerxía nos pneumáticos. Será o composto ideal se o circuíto ten un asfalto moi abrasivo, se as temperaturas son especialmente elevadas e se hai numerosas zonas ao longo da pista onde as tensións ás que están sometidos os pneumáticos son elevadas. Este composto require un proceso de calefacción máis longo pero ofrece a máxima durabilidade e baixa degradación.
C1
[editar | editar a fonte]Este composto de 2023 sitúase entre o C1 e o C2 do ano pasado para reducir a diferenza de rendemento entre os dous compostos máis duros anteriores, o C1 baséase no C2, proporcionando menos degradación ao tempo que ofrece un rendemento sólido. o C1 considérase unha alternativa ao C0, os dous non serán seleccionados xuntos para ningunha carreira desta tempada
C2
[editar | editar a fonte]Co C2 identifícase o antigo composto "medio". É un pneumático versátil, aínda que está situado na parte máis dura do espectro, polo que se converterá no protagonista nos circuítos rápidos, con altas temperaturas e moita enerxía. Esta tapa demostrou unha gran diversidade de temperaturas de funcionamento e adaptabilidade a unha ampla gama de circuítos.
C3
[editar | editar a fonte]Ofrece un excelente equilibrio entre rendemento e durabilidade, aínda que con énfase no rendemento. Destaca pola súa gran adaptabilidade e pódese empregar como unha opción máis branda nos circuítos máis esixentes para o pneumático e, ao mesmo tempo, como unha opción máis dura nos circuítos urbanos que non son excesivamente severos para os pneumáticos.
C4
[editar | editar a fonte]Funciona perfectamente en circuítos estreitos e virados. Goza dun quecemento rápido e un rendemento máximo, a cambio dunha vida útil bastante limitada. En definitiva, a consistencia mellorada demostrada polos compostos de 2018 significa que un caucho máis brando debería permitir unha maior versatilidade.
C5
[editar | editar a fonte]O máis rápido feito por Pirelli, aínda que a compensación lóxica é unha vida útil bastante menor que outras opcións da gama. Son os pneumáticos máis brandos da gama, deseñados para os circuítos máis lentos con baixo desgaste e degradación, onde se require o máximo agarre mecánico da goma. Úsanse normalmente en circuítos urbanos, especialmente en Mónaco, e tamén en circuítos onde o asfalto é especialmente brando
Pneumáticos de mollado
[editar | editar a fonte]Os pneumáticos de choiva caracterízanse por unha banda de rodadura con canles. Ofrécense dous tipos: de choiva extrema ou intermedio. Os primeiros recoñécense facilmente polas profundas canles da banda, así como as láminas que permiten drenar a auga do asfalto mollado. Os intermedios incorporan canles menos profundas deseñados para rodar en superficies húmidas ou molladas lixeiramente, así como en condicións meteorolóxicas incertas.
Verde intermedio
[editar | editar a fonte]O intermedio é o máis versátil dos pneumáticos de choiva, dispersando aproximadamente 25 litros de auga por segundo a máxima velocidade. Pódense utilizar en mollado, ou ben coa pista en proceso de secado. Este é o único pneumático que non cambiou en comparación co ano pasado.
Azul de choiva
[editar | editar a fonte]Os pneumáticos de mollado dispersan ata 65 litros de auga por segundo a máxima velocidade (con respecto aos 60 litros do ano pasado), polo que son a solución máis eficaz para a choiva intensa. A última evolución do Cinturato azul ofrece unha elevada eficacia en pista seca, cun aumento da durabilidade. O pneumático de choiva conta cun novo composto e un debuxo da banda traseira redeseñado para reducir aínda máis o aquaplaning. O resultado deste intenso traballo é que mellora a facilidade de condución nunha ampla variedade de condicións.
Nº | Detalles do composto | Banda de rodaxe | Condicións de condución | Velocidade | Agarre | Durabilidade | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C0 | Duro (Branco) |
Liso | Seco | 6 – Máis lento | 6 – Menor agarrre | 1 – Máis duradeiro | |||||
C1 | Medio (Amarelo) |
5 | 5 | 2 | |||||||
C2 | Brando (Vermello) |
4 | 4 | 3 | |||||||
C3 | 3 | 3 | 4 | ||||||||
C4 | 2 | 2 | 5 | ||||||||
C5 | 1 – Máis rápido | 1 – Máis agarre | 6 – Menos duradeiro | ||||||||
– | Intermedio (Verde) |
Banda de rodaxe con sucos |
Mollado (auga non estancada) |
— | |||||||
– | Mollado (Azul) |
Mollado (auga estancada) |
— | ||||||||
Fonte:[21] |
Fabricantes
[editar | editar a fonte]Desde a tempada 2011 en diante, o fabricante italiano Pirelli é o único fornecedor de pneumáticos.
Fornecedores anteriores:
Fornecedores
[editar | editar a fonte]Ordenados por número de carreiras gañadas. O fornecedor que está competindo na tempada 2018 móstrase en negra. Estes resultados son correctos ata o final do Gran Premio de Abu Zabi de 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Evolution of Race Tyres". Stuckey Tires. Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ Ernst, Kurt (12 de agosto de 2013). "Montjuic, 1971: When Formula 1 met racing slicks". Hemmings Daily. Consultado o 2019-05-01.
- ↑ /f1db/cars/335/ferrari-312t "Ferrari 312T - F1technical.net"
|url=
incorrecto (Axuda). f1technical.net. Consultado o 2019-11-07. - ↑ http://www.f1technical.net/articles/1
- ↑ "Formula One 2009 Technical Regulations" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 11 de xullo de 2008. Consultado o 2008-11-21.
- ↑ Tejada, Carlos (3 de novembro de 2009). "Bridgestone to Drop Formula One Pact". The Wall Street Journal. p. B8. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Bridgestone to quit F1 after 2010". Autosport. 2 de novembro de 2009.
- ↑ formula1.com confirming Pirelli for 2011
- ↑ "Pirelli commence tyre testing". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 08 de abril de 2014.
- ↑ "Six colors for Pirelli F1 Tyres". Biser3a (en inglés). 20 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Pirelli tweak ahead of Malaysia [1][Ligazón morta] 7 de abril de 2011
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2011. Consultado o 08 de abril de 2014.
- ↑ http://www.formula1.com/inside_f1/rules_and_regulations/sporting_regulations/8680/
- ↑ "GP2 series to use Pirelli's F1 tyres in 2011 - Formula 1 News" (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ "GP2 series to use Pirelli's F1 tyres in 2011 - Formula 1 News" (en inglés). Consultado o 17 de novembro de 2018.
- ↑ Michelin: Tyres not flawed, just unsuitable. www.crash.net Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 2 de decembro de 2006
- ↑ Bridgestone take pop at Michelin over USGP '05. www.crash.net Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 2 de decembro de 2006
- ↑ Michelin looking to fly in new tyres www.-itv-f1.com Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved 5 de agosto de 2006
- ↑ Stoddart comments on US Grand Prix www.motorsport.com Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. Retrieved 5 de agosto de 2006
- ↑ Letters between representatives of Michelin and Charlie Whiting, the FIA Formula One Race Director www.newsonf1.net. Retrieved 5 de agosto de 2006
- ↑ "F1® tires". Pirelli. 6 de marzo de 2021.
- ↑ In depth tyre manufacturers history in F1 www.statsf1.com. Retrieved 17 de agosto de 2007
- ↑ Goodyear era o único fornecedor de pneumáticos na F1 en 1987–1988 e 1992–1996.
- ↑ "Pirelli". StatsF1. Consultado o 12 October 2021.
- ↑ Pirelli é o único fornecedor de pneumáticos na F1 desde o inicio da tempada 2011.
- ↑ Bridgestone provided tyres in a limited capacity at the 1976 e Gran Premio do Xapón de 1977, then for the full season from 1997 through 2010.
- ↑ Bridgestone era o único fornecedor de pneumáticos na F1 en 1999–2000 e 2007–2010.
- ↑ Firestone era o único fornecedor de pneumáticos nas 500 Millas de Indianápolis desde 1950 a 1960.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pneumáticos de Fórmula 1 |