Stephen Crane
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1871 Newark, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 5 de xuño de 1900 (28 anos) Badenweiler (Imperio Alemán) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | tuberculose | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Evergreen Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Ateísmo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Syracuse Claverack College (en) The Pennington School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | escritor, beisbolista, novelista, poeta, xornalista, guionista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1886 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Movemento | Realismo literario | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pseudónimo literario | Johnston Smith | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | béisbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pais | Jonathan Townley Crane e Mary Helen Peck Crane | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Крейн Стивен) Encyclopædia Britannica Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Stephen Crane, nado en Newark, Nova Jersey, o 1 de novembro de 1871 e finado en Badenweiler o 5 de xuño de 1900, foi un xornalista, escritor e poeta estadounidense. Prolífico durante a súa relativamente curta vida, escribiu obras notables na tradición realista así coma exemplos temperáns de naturalismo e impresionismo estadounidense. A crítica moderna recoñeceuno coma un dos escritores máis innovadores da súa xeración.
O noveno fillo sobrevivente nunha familia de protestantes metodistas, Crane comezou a escribir relatos cando tiña catro anos e xa publicara varios artigos a idade de 16 anos. Amosando pouco interese nos estudos universitarios, deixou a universidade no ano 1891 para traballar coma xornalista e escritor. A súa primeira novela publicada foi un relato de 1893 sobre o Bowery titulado Maggie: A Girl of the Streets, xeralmente considerado pola crítica coma a primeira obra literaria do naturalismo estadounidense. Acadou a aclamación internacional en 1895 pola súa novela sobre a guerra civil estadounidense The Red Badge of Courage, que escribiu sen ter ningunha experiencia en combate.
En 1896 Crane viuse envolto nun escándalo público de moita sona tras comparecer coma testemuña no xuízo dunha suposta prostituta, unha coñecida del chamada Dora Clark. Posteriormente nese mesmo ano aceptou unha oferta de traballo para viaxar a Cuba como correspondente de guerra. Mentres esperaba pola pasaxe en Jacksonville, Florida, coñeceu a Cora Taylor, comezando unha relación con ela. De camiño a Cuba o navío no que viaxaba, o SS Commodore, afundiuse fronte a costa de Florida, deixándoo a el e outros pasaxeiros á deriva nun bote durante unhas 30 horas. Crane describiu esta experiencia no seu relato "O bote"[1] (orix. "The Open Boat"). Durante os últimos anos da súa vida foi correspondente na guerra greco-turca acompañado por Cora, recoñecida como a primeira muller correspondente de guerra, e posteriormente a parella trasladouse a vivir en Inglaterra, onde trabou amizade con outros escritores coma Joseph Conrad e H. G. Wells. Perseguido polas dificultades económicas e problemas de saúde, Crane faleceu por mor dunha tuberculose nun sanatorio da Selva Negra en Alemaña á idade de 28 anos.
No momento da súa morte Crane estaba considerado coma unha figura importante na literatura estadounidense. Tras ser case esquecido durante dúas décadas, a crítica reviviu o interese na súa vida e na súa obra. A escrita de Crane caracterizouse por posuír unha vívida intensidade, dialectos distintivos e ironía. As temáticas habitualmente tratadas por Crane inclúen o medo, as crises espirituais e o illamento social. Malia estar recoñecido principalmente por A insignia vermella do valor[2], considerado un clásico da literatura estadounidense, tamén se coñece a Crane pola súa poesía, obra xornalística e relatos curtos coma "The Open Boat", "The Blue Hotel", "The Bride Comes to Yellow Sky" e O monstro[3]. A súa obra deixou unha profunda impresión en varios escritores do século XX, entre eles Ernest Hemingway, e considérase que serviu de inspiración para os modernistas e imaxistas.
O seu relato "Unha ilusión vermella e branca", contido na compilación de relatos O relato policial. De Poe a Conan Doyle (Ir Indo, 1997), foi traducido á lingua galega por Carme Villán[4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Stephen Crane naceu o 1 de novembro de 1871 en Newark, Nova Jersey, fillo de Jonathan Townley Crane, pastor da igrexa episcopal metodista, e Mary Helen Peck Crane, filla do crego George Peck.[5] Foi o décimo cuarto e último fillo da parella. Ós 45 anos de idade, Helen Crane sufrira a morte temperá dos seus catro fillos previos, todos deles falecidos ó ano de nacer.[6] Alcumado "Stevie" pola súa familia, os seus oito irmáns sobreviventes eran Mary Helen, George Peck, Jonathan Townley, William Howe, Agnes Elizabeth, Edmund Byran, Wilbur Fiske, e Luther.[7]
A familia Crane descendía de Jaspar Crane, un dos fundadores da Colonia de New Haven, que emigrara dende Inglaterra no ano 1639.[8] Stephen recibiu o seu nome dun dos fundadores putativos de Elizabethtown, Nova Jersey, quen segundo a tradición familiar chegara dende Inglaterra ou Gales no ano 1665,[9] así como polo seu bisavó Stephen Crane (1709–1780), un patriota da guerra revolucionaria que servira como delegado de Nova Jersey no Primeiro Congreso Continental en Filadelfia.[10] Nun escrito posterior de Crane describiu o seu pai, o Dr. Crane, coma "un home simple, bo e de gran mente" que escribira numerosos folletos sobre teoloxía.[11] Malia que a súa nai era unha portavoz popular da Woman's Christian Temperance Union e unha muller moi relixiosa, Crane escribiu que non cría que "ela fora tan limitada coma moitos dos seus amigos ou familia".[12] A Stephen criouno principalmente a súa irmá Agnes, 15 anos maior ca el.[10] A familia trasladouse a Port Jervis, Nova York, no ano 1876, onde o Dr. Crane converteuse no pastor da igrexa metodista Drew, posición que mantivo ata a súa morte.[10]
Na súa infancia Stephen tivo problemas de saúde frecuentes e sufría arrefriados constantes.[13] Cando case tiña dous anos de idade o seu pai escribiu no seu diario que o seu fillo máis novo puxérase "tan enfermo que estamos preocupados por el". Malia a súa fráxil natureza, Crane era un neno intelixente que aprendeu só a ler antes de cumprir os catro anos.[7] Segundo o seu pai a súa primeira inquietude neste aspecto foi ós tres anos de idade, mentres imitaba a escrita do seu irmán Townley, cando lle preguntou a súa nai "como se deletrea a O?"[14] En decembro de 1879 Crane escribiu un poema sobre o desexo de que lle regalasen un can polo Nadal. Titulado "I'd Rather Have –", é o primeiro poema sobrevivente que se coñece del.[15] Stephen non comezou a asistir de forma regular á escola ata xaneiro de 1880,[16] pero non tivo dificultades para completar dous cursos en seis semanas. Rememorando este feito, escribiu posteriormente que "sona coma a mentira dunha nai nun té benéfico, pero recordo que me adiantei moi rápido e que o meu pai estaba moi satisfeito comigo".[17]
O seu pai faleceu o 16 de febreiro de 1880, ós 60 anos de idade, cando Stephen tiña oito. Ó seu funeral asistiron unhas 1 400 persoas, máis do dobre ca súa propia congregación.[18] Trala morte do seu marido, a señora Crane trasladouse a vivir a Roseville, preto de Newark, deixando a Stephen ó coidado do seu irmán máis vello Edmund, con quen viviu xunto a uns primos en Sussex County.[19] Posteriormente mudouse a vivir co seu irmán William en Port Jervis, avogado de profesión, onde residiu durante varios anos.[20] A súa irmá Helen levouno con ela a Asbury Park a vivir co seu irmán Townley e a muller deste, Fannie. Townley era xornalista de profesión, director do departamento de Long Branch para o New-York Tribune e Associated Press, ademais de servir coma editor do Asbury Park Shore Press. Agnes, outra das súas irmás, trasladouse con eles e comezou a traballar na escola de Asbury Park ademais de asumir o coidado de Stephen.[21] Nun par de anos a familia Crane sufriu máis perdas. Primeiro Townley e Fannie perderon os seus dous fillos menores. A propia Fannie faleceu a causa da enfermidade de Bright en novembro de 1883, mentres que Agnes Crane caeu enferma e faleceu o 10 de xuño de 1884 á idade de 28 anos, a causa dunha meninxite.[22]
Educación
[editar | editar a fonte]Crane escribiu o seu primeiro relato do que se ten constancia cando tiña 14 anos de idade, titulado "Uncle Jake and the Bell Handle".[23] A finais de 1885 enrolouse no Pennington Seminary, un internado a uns 11 km ó norte de Trenton,[24] do que o seu pai fora director dende 1849 ata 1858.[10] Pouco despois de comezar neste internado, a súa nai sufriu un colapso nervioso,[25] o que o Asbury Park Shore Press cualificou de "unha aberración temporal da mente".[26] Aparentemente recuperada a comezos de 1886, a finais dese mesmo ano o seu outro fillo Luther Crane, de 23 anos de idade, faleceu tras caer diante dun tren mentres traballaba coma controlador de tráfico para Erie Railroad.[27]
Tras dous anos Crane deixou Pennington e trasladouse a Claverack College, unha escola de corte militar. Rememorando posteriormente o tempo que pasou en Claverack, cualificouno coma "o período máis feliz da miña vida malia que non me decatara del".[28] Un dos seus compañeiros de clase recordábao como un estudante moi culto pero errático, con sorte de aprobar os exames de matemáticas e ciencias, e aínda así "avanzado moi lonxe dos seus compañeiros estudantes no seu coñecemento da Historia e Literatura", as que consideraba as súas materias favoritas.[29] Malia obter un moi bo rexistro no campo de adestramento e no campo de béisbol, polo xeral Crane non sobresaíu nos estudos.[30] Ó non ter un segundo nome, algo habitual entre os outros estudantes, adoptou a sinatura de "Stephen T. Crane" para "gañarse o recoñecemento coma un compañeiro máis".[29] Crane estaba considerado un mozo amigable, pero tamén malhumorado e rebelde. Saltábase clases en ocasións para xogar ó béisbol, destacando neste deporte na posición de catcher.[31] Tamén amosaba un grande interese no programa de adestramento militar da escola, escalando con rapidez nos rangos do batallón de estudantes.[32] Un dos seus compañeiros describiuno coma "fisicamente atractivo sen ser guapo", mais tiña un carácter distante e reservado e non foi alguén popular en Claverack.[33] Malia a súa debilidade académica, a experiencia que conseguiu en Claverlack e as anécdotas dos empregados veteranos da guerra civil que traballaban alí serviríanlle posteriormente á hora de escribir The Red Badge of Courage.[34]
A mediados de 1888 Crane comezou a traballar como axudante do seu irmán Townley nunha axencia de novas de Nova Jersey, continuando este traballo tódolos veráns ata o ano 1892.[35] A súa primeira publicación baixo a súa sinatura propia foi un artigo sobre a viaxe do explorador Henry M. Stanley na procura do misioneiro escocés David Livingstone en África, que se publicou na tirada de febreiro de 1890 de Vidette, no Claverack College.[36] Ós poucos meses a súa familia convenceuno de que non optase por unha carreira militar e que se mudase ó Lafayette College en Easton, Pensilvania, para estudar unha carreira de enxeñaría de minas.[37] Rexistrouse en Lafayette o 12 de setembro, involucrándose rapidamente en actividades extracurriculares. Volveu xogar ó béisbol e uniuse á fraternidade máis grande, Delta Épsilon, ademais de unirse a dúas sociedades literarias rivais entre elas, Washington e Franklin.[38] Crane adoitaba non asistir ás clases e finalizou o semestre aprobando catro dos sete cursos que tomara.[39]
Pasado o semestre Crane trasladouse á Universidade de Syracuse, enrolándose coma candidato non graduado na Escola de Artes Liberais.[40] Aloxouse na casa da fraternidade Delta Épsilon e uniuse ó equipo de béisbol da universidade. Só asistiu á clase de literatura inglesa no segundo trimestre, e mantívose en residencia sen tomar ningún curso no terceiro semestre.[41] Concentrándose na súa escrita, comezou a experimentar co ton e estilo mentres que probaba con varios temas.[42] Publicou o relato de ficción "Great Bugs of Onondaga" de forma simultánea no Syracuse Daily Standard e no New York Tribune.[43] Declarando a universidade coma "unha perda de tempo", Crane decidiu converterse nun escritor e xornalista a tempo completo. Asistiu a unha última reunión da fraternidade o 12 de xuño de 1891, tralo que deixou finalmente a universidade por completo.[44]
Escritor a tempo completo
[editar | editar a fonte]No verán de 1891 Crane adoitaba acampar cuns amigos na zona próxima de Sullivan County, Nova York, onde o seu irmán Edmund ocupaba unha casa obtida por medio dos negocios da asociación William's Hartwood Club do seu irmán. Usou esta zona como ambientación xeográfica para varios relatos curtos, publicados postumamente nunha colección baixo o título Stephen Crane: Sullivan County Tales and Sketches.[45] Crane amosoulle dúas destas obras ó editor do Tribune Willis Fletcher Johnson, amigo da familia, quen aceptou incluílas na publicación. "Hunting Wild Dogs" e "The Last of the Mohicans" foron os primeiros de catorce contos sen asinar sobre Sullivan County publicados no Tribune entre febreiro e xullo de 1892. A maiores, Crane amosoulle tamén a Johnson un bosquexo do que sería a súa primeira novela, Maggie, unha muller da vida.[46][47]
Ese mesmo verán Crane coñeceu e trabou amizade co autor Hamlin Garland, quen estivera dando charlas locais sobre literatura americana e as artes expresivas. O 17 de agosto Garland dera unha charla sobre o novelista William Dean Howells, da que Crane escribiu un artigo para o Tribune.[48] Garland converteuse nun mentor e promotor de Crane, impresionado pola súa honestidade intelectual. Porén, a súa relación deterioraríase en anos posteriores, xa que Garland non aprobaba a suposta inmoralidade de Crane ó vivir cunha muller casada con outro home.[49]
En agosto de 1891 Stephen mudouse a vivir á casa do seu irmán Edmund en Lakeview, ás aforas de Paterson, Nova Jersey. Dende alí realizou viaxes frecuentes á Nova York, escribindo artigos sobre os seus empobrecidos distritos residenciais.[50] Crane centrouse de forma particular no Bowery, un pequeno e antigamente próspero barrio na parte sur de Manhattan. Trala guerra civil, as tendas e mansións do Bowery deixaran paso a saloons, salas de baile, bordeis e albergues para indixentes, todos eles frecuentados por Crane, nas súas propias palabras, co propósito de investigar. Sentíase atraído pola natureza humana que atopaba nos barrios baixos, considerándoa "aberta e sinxela, sen nada agochado".[50] Considerando que ata entón non se escribira nada honesto e imparcial sobre o Bowery, Crane propúxose facelo el mesmo, escollendo este barrio como a ambientación da súa primeira novela.[51] O 7 de decembro de 1891 a nai de Crane, con problemas de saúde e depresión polas mortes de varios dos seus fillos, faleceu ós 64 anos de idade.[25]
Malia a súa fraxilidade física e os seus problemas de saúde,[52] empeorada por mor do seu estilo de vida,[25] na primavera de 1892 Crane comezou un romance con Lily Brandon Munroe, unha muller casada que estaba separada do seu marido.[52] En declaracións posteriores de Munroe, ela afirmou que Crane "non era un home guapo", pero que admiraba os seus "extraordinarios ollos grises con forma de améndoa".[53] Stephen rogoulle que fuxise canda el, pero a familia dela opoñíase a súa relación xa que Crane carecía de cartos e expectativas, e ela finalmente rexeitouno en abril de 1898.[52][54]
Entre o 2 e o 11 de setembro de 1892 Crane publicou uns dez artigos sobre asuntos de Asbury Park. Malia que segundo un compañeiro seu do Tribune Crane "non se distinguía de calquera outro rapaz de vinte anos que gañara unha reputación por dicir e escribir cousas brillantes",[55] ese mesmo verán os seus artigos tomaron un ton máis escéptico.[56] Xerouse unha controversia por un artigo que escribiu sobre un desfile da asociación Junior Order of United American Mechanics (JOUAM), titulado "Parades and Entertainments". Publicado o 21 de agosto, este artigo xustapoñía os "bronceados, corcovados e ordinarios" homes que marchaban "ensuciados de po" cos espectadores vestidos en "traxes de verán, con parasoles de encaixe, pantalóns de tenis, sombreiros de palla e sorrisos indiferentes".[57] Considerando que foran ridiculizados, algúns dos membros da JOUAM sentíronse ofendidos e escribíronlle ó editor do xornal. O propietario do Tribune, Whitelaw Reid, era candidato republicano á vicepresidencia ese ano, o que suscitou unha maior sensibilidade á hora de tratar o problema no xornal. Aínda que Townley escribiu un artigo para o Asbury Park Daily Press defendendo o seu irmán, o Tribune emitiu unha rápida resposta para os seus lectores, cualificando o artigo de Crane coma "unha peza de correspondencia aleatoria, aprobada polo editor sen darse conta".[58] O xornal non volveu publicar ningún outro traballo de Crane despois do ano 1892.[59]
Vida en Nova York
[editar | editar a fonte]Crane tiña problemas para gañarse a vida coma escritor por libre, contribuíndo con bosquexos e artigos en varios xornais de Nova York.[60] En outubro de 1892 trasladouse a unha hospedaxe en Manhattan compartindo residencia cun grupo de estudantes de medicina.[61] Durante este tempo expandiu ou refixo por completo Maggie: A Girl of the Streets, tratando o tema dunha rapaza que "florece nunha poza de barro" e convértese nunha vítima das circunstancias.[62] No verán de 1893 Crane levoulle o manuscrito desta obra a Richard Watson Gilder, que rexeitou publicala no The Century Magazine.[63]
Crane decidiu publicara a novela de forma privada, empregando os cartos que herdara da súa nai.[64] A novela publicouse a finais de febreiro ou comezos de marzo de 1893 por medio dunha pequena imprenta que adoitaba imprimir libros médicos e folletos relixiosos. A páxina do título mecanografada para a solicitude de dereitos de autoría para a Biblioteca do Congreso indicaba unicamente: "A Girl of the Streets, / A Story of New York. / —By—/Stephen Crane.", e o nome de "Maggie" engadiuse posteriormente ó título.[65] Crane usou o pseudónimo "Johnston Smith" para a publicación inicial da novela, comentándolle posteriormente ó seu amigo artista Corwin Knapp Linson sobre esta elección: "[o nome] era o máis común que puiden pensar. Tiña un amigo editor chamado Johnson, e engadinlle o "t", e ninguén puido atoparme entre a multitude de Ninguéns."[66] Hamlin Garland escribiu unha crítica da obra no número de xuño de 1893 da revista The Arena, chamándoa "o estudo dos suburbios máis veraz e orixinal que xamais lin".[67] Malia esta primeira crítica positiva, Crane deprimiuse e quedou desamparado ó ter gastado 869 dólares para unhas 1 100 copias da novela, que non vendeu e da que acabou por regalar uns cen exemplares. Nun reconto posterior declarou: "Canto agardaba a publicación e imaxinaba a sensación que cría que xeraría. Caín de fouciños. Ninguén semellaba darse conta dela ou preocuparse por ela... Pobre Maggie! Foi un dos meus primeiros amores".[68]
En marzo de 1893 Crane pasaba horas no estudio de Linson mentres lle pintaban o seu retrato. Fascinábanlle as cuestións históricas do século, en gran medida adicadas ás batallas famosas e líderes militares da guerra civil estadounidense.[69] Frustrado polas frías historias existentes sobre o tema, afirmou: "Pregúntome se algúns deses tipos non contan como se sentían neses fragmentos. Contan o suficiente sobre o que fixeron, pero demostran menos emoción ca unha rocha".[70] Crane volveu centrarse nestas revistas durante as visitas subsecuentes ó estudio de Linson, e eventualmente convenceuse de escribir unha novela de guerra. En declaracións posteriores afirmou que estivera "traballando de forma inconsciente no detalle da historia durante gran parte da súa infancia" e que imaxinara "historias de guerra dende que deixara os bombachos".[71]
"Un río, tinguido de ámbar na sombra dos seus baixíos, revolvéndose ós pes do exército; e pola noite, cando o regato se convertera nunha negrura aflixida, un podía ver a través del o brillo vermello coma se fosen uns ollos de fogueiras hostís apostadas nas cimas baixas dos montes distantes." —Stephen Crane, The Red Badge of Courage (Tradución do orixinal)[72]
|
Esta novela sería finalmente The Red Badge of Courage. Malia non posuír ningunha experiencia en combate,[73] dende un primeiro momento Crane quixo amosar como se sentía un nunha guerra escribindo "un retrato psicolóxico do medo"[74] Concibindo a súa historia dende o punto de vista dun mozo soldado que nos comezos está cheo de soños infantís sobre a gloria da guerra e que rapidamente queda desilusionado pola realidade da guerra, Crane tomou prestado o apelido do soldado, "Fleming", do nome de solteira da súa cuñada. Posteriormente chegou a declarar que os primeiros parágrafos chegáranlle á mente con "cada palabra no seu lugar, cada coma, cada punto fixado".[74] Traballando principalmente polas noites, escribía dende a media noite ata as catro ou cinco da mañá. Como non podía permitirse mercar unha máquina de escribir, escribía con coidado a tinta en papel de tamaño legal, tachando palabras en raras ocasións, e cando si decidía cambiar algo, reescribía a páxina enteira.[75]
Mentres traballaba nesta a súa segunda novela, continuou escribindo outras obras, concentrándose na publicación de historias para previr a pobreza. A New York Press publicou o relato "An Experiment in Misery", baseado nas súas propias experiencias no Bowery. A maiores escribía tamén cinco ou seis poemas diarios.[76] A comezos de 1894 amosoulle algúns dos seus poemas a Hamlin Garland, quen afirmou que lera uns trinta deles cunha "impresión cada vez maior".[77] Aínda que Garland e William Dean Howells animaron a Crane a que tentase publicar a súa poesía, o seu verso libre era moi pouco convencional para a maioría. Tras unha breve negociación, Copeland & Day aceptou o primeiro libro de poemas de Crane, The Black Riders and Other Lines, aínda que non se publicaría ata despois da propia publicación de The Red Badge of Courage. Recibiu un 10 % das regalías, e a editorial aseguroulle que o libro estaría nun formato "máis severamente clásico que calquera outro libro aínda por publicarse en América".[78]
Na primavera de 1894 Crane ofreceulle o manuscrito terminado de The Red Badge of Courage a McClure's Magazine. A revista demorou a súa resposta sobre a novela, e mentres tanto ofreceulle unha tarefa para escribir sobre as minas de carbón de Pensilvania.[79] "In the Depths of a Coal Mine", a historia que escribiu incluíndo ilustracións de Linson, foi publicada por McClure's nunha serie de xornais cun gran número de cambios de edición. Crane non estivo de acordo con estas edicións, comentándolle a Linson: "Porqué diaños me enviaron alí arriba entón? Queren que o público imaxinen as minas de carbón como salas de baile douradas cos mineiros comendo xeados en camisas con pecheiras?"[80]
Tras descubrir que McClure's non tiña medios para pagarlle, Crane levoulle a novela a Irving Bacheller, quen acordou publicar The Red Badge of Courage en forma de serie. Entre o 3 e o 9 de decembro de 1894 a obra publicouse desta forma nunha media ducia de xornais nos Estados Unidos.[81] Aínda que tiña moitos cortes nesta edición, Bacheller afirmou que causara sensación, afirmando que "a súa calidade sentiuse e recoñeceuse inmediatamente".[82] A editorial de cabeceira no Philadelphia Press do 7 de decembro afirmou que Crane "é un nome novo agora, pero todo o mundo falará del se continua como comezou".[83]
Viaxes e fama
[editar | editar a fonte]A finais de xaneiro de 1895 Crane partiu no que el mesmo denominou "unha moi longa e arrevesada viaxe xornalística" cara ó oeste.[84] Ao mesmo tempo que escribía artigos para Bacheller, viaxou a Saint Louis (Missouri), Nebrasca, Nova Orleáns, Galveston (Texas) e finalmente Cidade de México.[85] Irving Bacheller afirmou posteriormente que enviara a Crane a México "para que procurase unha nova cor",[86] que o autor atopou na forma de vida nos suburbios mexicanos.[87] Mentres que consideraba a clase baixa de Nova York magoante, a "superioridade" da alegría dos campesiños mexicanos causoulle impresión e "incluso rexeitou aflixirse por eles".[87]
De volta a Nova York cinco meses despois, Crane uniuse ó club Lantern (tamén deletreado "Lanthom" ou "Lanthorne") organizado por un grupo de xoves escritores e xornalistas.[88] Este club, localizado no faiado dunha vella casa en William Street preto da Ponte de Brooklyn, facía a función dunha especie establecemento público de bebidas e estaba decorado para asemellarse a un camarote dun barco.[89] Alí Crane tomaba unha boa comida ó día, malia que ós seus amigos preocupábanlle, en palabras de Nelson Greene, "o seu fumar constante, demasiado café, falta de comida e mala dentadura".[90] Vivindo case na pobreza e anticipando ansiosamente a publicación dos seus libros, Crane comezou a traballar en dúas novas novelas: The Third Violet e George's Mother.[91]
Copeland & Day publicou The Black Riders pouco tempo despois da volta de Crane a Nova York en maio, pero recibiu críticas negativas na súa maioría, polo estilo pouco convencional dos poemas e o uso do verso libro. Un artigo na revista Bookman chamáballe a Crane "o Aubrey Beardsley da poesía",[92] e un comentarista do Chicago Daily Inter-Ocean afirmou que "non hai unha soa liña de poesía dende a primeira ata a última páxina. Leaves of Grass de Whitman foi máis luminoso en comparación. Demencia poética houbese sido un mellor nome para o libro".[88] En xuño dese ano o New York Tribune desestimou o libro coma "unha chea de lixo".[93] Pola súa banda a Crane aparentemente agradoulle que o libro "provocase algo de rebumbio".[94]
En contraste á acollida que tivo a súa poesía, The Red Badge of Courage recibiu a aclamación popular trala súa publicación por parte de D. Appleton & Company en setembro de 1895. Durante os catro meses seguintes o libro mantívose nas primeiras seis posicións de varias listas de best-séllers por todo o país.[95] Segundo H. L. Mencken, irrompeu na escena literaria "coma un fulgor de relampo saíndo dun ceo de inverno despexado".[95] A novela fíxose popular tamén en Gran Bretaña. Joseph Conrad, futura amizade de Crane, escribiu que a novela "detonou... co impacto e forza dun proxectil de doce polgadas cargado cun grande explosivo".[95] Appleton publicou dúas ou tres tiradas en 1895, e outras once en 1896.[96] Malia que algúns críticos consideraban que a obra era demasiado gráfica e profana, tivo unha boa recepción pola súa representación realista da guerra e o seu estilo de escrita único. O Detroit Free Press declarou que The Red Badge daríalles ós lectores "unha imaxe tan vívida das emocións e horrores do campo de batalla que rezarán para que os seus ollos nunca contemplen a realidade".[97]
Procurando capitalizar no éxito de The Red Badge, McClure ofreceulle a Crane un contrato para escribir unha serie sobre os campos de batalla da guerra civil. Como xa era un desexo propio del visitar os campos de batalla que quería describir, Crane aceptou a tarefa.[98] Tras visitar varios campos de batalla no norte de Virxinia, incluíndo Fredericksburg, produciu cinco relatos máis sobre a guerra: "Three Miraculous Soldiers", "The Veteran", "An Indiana Campaign", "An Episode of War" e The Little Regiment.[99]
Escándalo
[editar | editar a fonte]Ós 24 anos de idade Crane viuse involucrado nun caso de moita sona relacionado cunha suposta prostituta chamada Dora Clark. O 16 de setembro de 1896 ás 2 da mañá,[100] acompañou a dúas rapazas de coro e a Clark dende Nova York City's Broadway Garden, un popular "balneario" onde se entrevistara coas mulleres para unha serie que estaba a escribir.[101] Tras deixar a unha delas no tranvía, un policía de paisano chamado Charles Becker arrestou ás outras dúas por prostitución, ameazando a Crane con arrestalo a el tamén se tentaba interferir. Unha das mulleres foi posta en liberdade tras confirmar Crane a afirmación de que era a súa muller, pero Clark foi acusada e levada a comisaría. En contra da suxestión do sarxento de policía, Crane fixo unha declaración confirmando a inocencia de Dora Clark, afirmando: "Só sei que mentres estivo comigo actuou de forma respectable, e que a acusación do policía é falsa".[102] Clark quedou en liberdade en base a este testemuño. Os medios apropiáronse da historia, e as novas espalláronse ata Filadelfia e Boston, cos xornais enfocándose na coraxe amosada por Crane.[103] A historia de Stephen Crane, como se chegou a coñecer, pasou en pouco tempo a ser unha fonte de escarnio. O Chicago Dispatch de forma particular burlouse del nun artigo: "Stephen Crane queda respectuosamente informado que a asociación con mulleres de vida alegre non é necesariamente unha 'Red Badge of Courage' (Insignia Vermella ó Coraxe)".[104]
Un par de semanas tralo seu xuízo, Clark acusou de falso arresto a Becker. Ó día seguinte o oficial atacou fisicamente a Clark en presenza de testemuñas por acusalo. Crane, que marchara unha tempada a Filadelfia para escapar da presión pública, volveu a Nova York para testemuñar no xuízo de Becker malia que o entón Comisionado de Policía e coñecido de Crane, Theodore Roosevelt, recomendáralle non facelo.[105] Nese momento a defensa puxo o seu obxectivo en Crane. A policía rexistrou o seu apartamento e entrevistou a varios dos seus coñecidos, procurando probas incriminantes para reducir o efecto do seu testemuño.[106] Levaron a cabo unha investigación cruzada vigorosa para procurar dar a imaxe de que Crane era un home de moralidade dubidosa. A acusación probou que adoitaba frecuentar bordeis, pero el afirmou que isto era simplemente por motivos de investigación.[107] Trala fin do xuízo o 16 de outubro Becker quedou en liberdade sen cargos, mentres que a reputación de Crane quedou arruinada.[108]
Cora Taylor e o naufraxio do Commodore
[editar | editar a fonte]Tras aceptar un pago de 700 dólares en ouro español por parte de Bacheller-Johnson para traballar coma correspondente de guerra en Cuba pola inminencia da guerra hispano-estadounidense, Crane, que naquel entón contaba con 25 anos de idade, deixou Nova York o 27 de novembro de 1896 nun tren en dirección a Jacksonville, Florida.[109] Ó chegar a Jacksonville rexistrouse no Hotel St. James baixo o alias de Samuel Carleton para manter o anonimato mentres procuraba unha pasaxe a Cuba.[110] Mentres esperaba por un transporte, visitou a cidade e os bordeis locais. Ós poucos días coñeceu a Cora Taylor, de 31 anos, propietaria do céntrico prostíbulo Hotel de Dream. Proveniente dunha familia respectable de Boston,[111] Taylor (de nome legal Cora Ethel Stewart) xa estivera casada en dúas ocasións; o seu primeiro marido, Vinton Murphy, divorciouse dela aducindo adulterio. En 1889 Cora casara de novo co capitán británico Donald William Stewart, ó que deixou en 1892 por outro home, aínda que legalmente aínda estaba casada.[112] Cando Crane chegou á Jacksonville Taylor xa levaba alí uns dous anos. Levaba un estilo de vida bohemio, rexentaba un negocio e era unha figura coñecida e respectada localmente. Os dous pasaron bastante tempo xuntos mentres Crane agardaba polo transporte. Finalmente conseguiu o permiso para partir cara ó porto cubano de Cienfuegos o día de Noitevella, a bordo do SS Commodore.[113]
"Ningún deles coñecía a cor do ceo. Os seus ollos divisaban a nivel, fixados nas ondas que varrían cara eles. Estas ondas eran da tinta da lousa, agás por arriba, onde eran de branco escumoso, e tódolos homes coñecían as cores do mar." —Stephen Crane, "The Open Boat"
(Tradución do orixinal)[114] |
O navío partiu de Jacksonville cuns 27 ou 28 homes a bordo e unha carga de subministracións e munición para ós rebeldes cubanos.[115] No río St. Johns e a uns 3 km de Jacksonville, o Commodore golpeou un banco de area no medio dunha densa néboa e sufriu danos no seu casco. Malia que foi arrastrado fóra do banco de area ó día seguinte, volveu encallar de novo en Mayport, sufrindo danos de novo.[116] Esa mesma noite abriuse unha brecha na sala de máquinas e as bombas de auga non funcionaron, o que provocou que o buque quedase á deriva a uns 26 km da enseada Mosquito. Segundo o barco ía enchéndose de auga, Crane describiu a sala de máquinas coma "unha escena sacada da cociña do hades."[117] A tripulación baixou os botes salvavidas do Commodore a primeiras horas da mañá do 2 de xaneiro de 1897, e o navío afundiuse finalmente ás 7 da mañá. Crane foi un dos últimos en deixar o barco, nun bote duns 3 m. Nesta experiencia, que contou no relato curto "The Open Boat", Crane e outros tres homes (incluíndo o capitán do barco) loitaron fronte á costa de Florida durante un día e medio ata que tentaron levar o bote ata Daytona Beach. O pequeno bote deuse a volta por mor das ondas, forzando os catro homes exhaustos a nadar ata a beira da praia, e un deles faleceu no intento.[118] Crane perdera o ouro recibido pola viaxe, polo que contactou a Cora Taylor pedíndolle axuda. Cora viaxou ata Daytona e volveu a Jacksonville con Crane ó día seguinte, catro días despois da súa partida no Commodore.[119] Este desastre saíu nas portadas de varios xornais por todo o país. Os rumores de que o navío sufrira unha sabotaxe comezaron a circular de forma abondosa, pero nunca chegaron a probarse.[120] Retratado de forma favorable e heroica na prensa, Crane saíu desta experiencia coa súa reputación moi mellorada, senón recuperada por completo, tralos ataques recibidos polo asunto de Dora Clark.[120]
Guerra greco-turca
[editar | editar a fonte]Crane marchou de Jacksonville o 11 de xaneiro de 1987 cara a Nova York, onde solicitou un pasaporte para Cuba, México e as Indias Occidentais. Pasando unhas tres semanas en Nova York, completou "The Open Boat" e visitou de forma periódica Port Jervis para ver os seus familiares.[121] Porén, para entón xa se formaran bloqueos ó longo da costa de Florida por mor do aumento das tensións con España, polo que Crane non conseguiu atopar un transporte que o levase a Cuba,[73] e vendeulle "The Open Boat" a Scribner's por 300 dólares a comezos de marzo.[122] Determinado a traballar coma correspondente de guerra, Crane asinou co New York Journal de William Randolph Hearst para cubrir o inminente conflito greco-turco.[73] Convenceu o xornal para que enviase a Cora, que vendera o Hotel de Dream,[123] canda el na súa viaxe, converténdose nunha das primeiras mulleres correspondentes de guerra.[124][73]
O 20 de marzo partiron primeiro cara Inglaterra, e chegaron posteriormente a Atenas a comezos de abril. Entre o 17 de abril (cando Turquía lle declarou a guerra a Grecia) e o 22 de abril, Crane escribiu o seu primeiro artigo publicado sobre a guerra, "An Impression of the 'Concert' ".[125] Cando marchou cara ó Epiro no noroeste, Taylor ficou en Atenas, escribindo baixo o pseudónimo "Imogene Carter" para o New York Journal.[124] A primeira gran batalla que presenciou Crane foi o asalto turco nas forzas gregas do xeneral Constantine Smolenski en Velestino. Crane escribiu: "É algo grande examinar o exército do inimigo. Só que cando e como ocupa un lugar no corazón é algo difícil de describir."[126] Durante esta batalla Crane atopou un cachorro de can, ó que adoptou de forma inmediata chamándolle "Velestino".[127] Grecia e Turquía asinaron un armisticio o 20 de maio, finalizando desta forma o conflito de 30 días de duración, e Crane e Taylor trasladáronse a Inglaterra, levando consigo a dous irmáns gregos coma serventes e ó can Velestino.[128]
Guerra hispano-estadounidense
[editar | editar a fonte]Tras pasar uns días en Limpsfield, Surrey, Crane e Taylor asentáronse en Ravensbrook, unha casa de ladrillo en Oxted.[129] Referíndose a si mesmos coma o Señor e a Señora Crane, a parella viviu abertamente en Inglaterra, aínda que Crane agochou a relación ós seus amigos e familiares nos Estados Unidos.[130] Admirado en Inglaterra, Crane sentíase atacado no seu país de orixe, do que escribiu: "Parece que hai tantos en América que queren matarme, soterrarme e esquecerme simplemente por crueldade e envexa e a miña falta de mérito".[131] O seu can Velestino enfermou e faleceu pouco tempo despois da súa chegada a Inglaterra, o 1 de agosto de 1987. Crane, que tiña grande aprecio polos cans,[132] escribiulle unha carta emotiva a un amigo unha hora despois do pasamento do can, afirmando: "Durante once días loitamos coa morte por el, pensando en nada máis que a súa vida".[133] A zona de Limpsfield-Oxted era fogar para membros da Sociedade Fabiana, e unha zona frecuentada por escritores coma Edmund Gosse, Ford Madox Ford e Edward Garnett. Ademais destes Crane coñeceu tamén ó novelista de orixe polaca Joseph Conrad en outubro de 1897, co que mantivo o que o propio Crane cualificou de "acolledora amizade sen fin".[134]
Aínda que Crane sentíase seguro entre iguais, as fortes críticas negativas da súa recentemente publicada novela The Third Violet estaban minguando a súa reputación literaria. A crítica cebouse tamén coas súas cartas de guerra, cualificándoas de egocéntricas.[135] Malia que para entón The Red Badge of Courage levaba catorce edicións nos Estados Unidos e seis en Inglaterra, Crane estaba quedándose sen cartos. Para sobrevivir financeiramente, traballou a un ritmo moi acelerado, escribindo de forma prolífica para ámbolos dous mercados.[136] Escribiu historias nunha rápida sucesión, entre elas O monstro, "The Bride Comes to Yellow Sky", "Death and the Child" e "The Blue Hotel".[133] Tamén comezou a asignar un prezo as súas novas obras de ficción, esperando que por exemplo "The Bride" lle reportase uns 175 dólares.[137]
A finais de 1897 a súa crise financeira empeorou.[138] Amy Leslie, xornalista de Chicago e antiga amante de Crane, demandouno por uns 550 dólares.[139] O New York Times informou que Leslie déralle 800 dólares en novembro de 1896 pero que el só lle devolvera un cuarto desa cantidade.[140] En febreiro foi chamado a declarar para responder a afirmación de Leslie, e aparentemente chegaron a un acordo sen ter que ir a xuízo, xa que non existe rexistro do mesmo.[141] Mentres tanto, Crane sentíase "cargado de problemas" e "contra a parede" polos gastos.[142] Confioulle ó seu axente que tiña unha débeda de 2 000 dólares pero que conseguiría "vencela" con máis produción literaria.[143]
Pouco despois de que o USS Maine estoupara no porto da Habana o 15 de febreiro de 1898, baixo circunstancias sospeitosas, Blackwood's Magazine ofreceulle un adianto de 60 libras para que escribise unha serie de artigos "dende a zona de guerra en caso de que estalase a guerra" entre os Estados Unidos e España.[134] A súa saúde estaba empeorando, e comezaban a ser aparentes os sinais dunha tuberculose,[144] que podería ter contraído xa na súa infancia.[145] Case sen ingresos das súas historias rematadas, aceptou o traballo e partiu cara Nova York.[146] Crane solicitou un pasaporte e marchou a Key West dous días antes de que o Congreso declarase a guerra a España.[147]
A comezos de xuño foi testemuña do establecemento dunha base estadounidense en Cuba cando os Marines capturaron a baía de Guantánamo.[148] Trasladouse canda eles ata a beira do mar, planeando "conseguir impresións e escribilas segundo se movía o espírito",[149] e rememoraría posteriormente "esta prolongada traxedia da noite" no relato de guerra "Marines Signaling Under Fire at Guantanamo".[150] Trala demostrar unha disposición ó servizo en batalla en Cuzco levando mensaxes ós comandantes de compañía, Crane foi encomendado de forma oficial pola súa "axuda material durante a acción".[151] A primeiros de xullo Crane foi enviado de volta ós Estados Unidos para recibir tratamento médico por mor dunha alta febre.[152] Inicialmente diagnosticóuselle febre amarela, e posteriormente malaria.[153] Pasou varias semanas descansando nun hotel de Old Point Comfort en Virxinia. Malia que enviara máis de vinte artigos nos tres meses que estivera cubrindo a guerra, o director comercial do World considerou que o xornal non recibira un traballo suficiente para o que lle pagaran e despediuno.[154] Como represalia Crane asinou un contrato co New York Journal, desexando volver a Cuba. Viaxou primeiro ata Porto Rico e dende alí ata A Habana. En setembro comezaron a circular rumores de que Crane, que estaba a traballar de forma anónima, estaba ou ben morto ou desaparecido.[155] Enviaba artigos e relatos de forma esporádica, escribindo sobre o ambiente na Habana, as atestadas beirarrúas da cidade e outros temas, pero ó pouco tempo viuse de novo nunha precaria situación financeira. Pola súa banda Taylor, que quedara soa en Inglaterra, tamén pasaba dificultades económicas, e a súa preocupación pola situación de Crane ía en aumento, xa que non mantiveron unha comunicación directa ata finais dese ano.[156] Finalmente Crane partiu da Habana e chegou a Inglaterra o 11 de xaneiro de 1899, e reuniuse con Cora o 17 dese mesmo mes.[157]
Morte
[editar | editar a fonte]A parella levaba un ano sen pagar o alugamento de Ravensbrook, e tralo seu retorno á Inglaterra Crane contratou a un avogado para actuar como garante das súas débedas, trasladándose xunto a Cora a Brede Place,[158] un palacete en Sussex datado do século XIV sen electricidade nin tubaxe[159] que lles ofreceron uns amigos a cambio dun modesto alugueiro.[160] A mudanza semellou darlle esperanzas a Crane, mais os seus problemas económicos non cesaron. Decidindo que non podía seguir permitíndose escribir para publicacións americanas, pasou a concentrarse nas publicacións inglesas.[161]
Crane obrigouse a si mesmo a escribir de forma febril durante os primeiros meses que pasaron en Brede, chegando a dicirlle ó seu publicador que estaba "facendo máis traballo agora do que fixen en ningún outro período da miña vida".[162] A súa saúde empeorou, e cara finais de 1899 consultou a varios dos seus amigos sobre centros de saúde.[163] The Monster and Other Stories estaba en produción, e War Is Kind, a súa segunda colección de poemas, publicárase nos Estados Unidos en maio, pero ningún dos seus libros posteriores a The Red Badge of Courage tivera bos resultados de vendas, polo que mercou unha máquina de escribir para aumentar a produción. Active Service, unha novela baseada na súa experiencia de correspondencia, publicouse en outubro, e o crítico do New York Times cuestionou "se o propio autor de 'Active Service' realmente ve algo destacable neste heroe de xornais".[164]
En decembro a parella organizou unha elaborada festa de Nadal en Brede, á que asistiron Conrad, Henry James, H. G. Wells e outros amigos da parella e que durou varios días.[165] O 29 de decembro Crane sufriu unha hemorraxia pulmonar severa. En xaneiro de 1900 conseguira recuperarse o suficiente como para traballar nunha nova novela, The O'Ruddy, completando 25 dos 33 capítulos planeados. Tiña plans de viaxar coma correspondente a Xibraltar para escribir bosquexos de Santa Helena, lugar dunha prisión Boer,[166] pero a finais de marzo e comezos de abril sufriu dúas novas hemorraxias.[167] Taylor ocupouse de gran parte da correspondencia de Crane neste tempo, escribíndolle a varios amigos na procura de axuda financeira. A parella tiña planeado viaxar ó continente, pero Conrad, nunha última visita a Crane, afirmou que a súa "esgotada cara era suficiente para dicirme que era a máis desoladora de tódalas esperanzas".[168]
O 28 de maio a parella chegou a Badenweiler, Alemaña, a un centro de saúde no bordo da Selva Negra. Malia a súa pobre condición de saúde, Crane continuou ditando episodios fragmentados para completar The O'Ruddy.[169] Finalmente faleceu o 5 de xuño de 1900, á idade de 28 anos. No seu testamento deixoulle todo o que tiña a Taylor,[170] quen levou o seu corpo ata Nova Jersey, onde foi soterrado no Evergreen Cemetery.[171]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Estilo e técnica
[editar | editar a fonte]A ficción de Stephen Crane categorízase tipicamente como representativa do naturalismo, do realismo americano, do impresionismo ou dunha mestura dos tres. Por exemplo, o crítico Sergio Perosa escribiu no seu ensaio "Stephen Crane fra naturalismo e impressionismo" que a súa obra presenta unha simbiose de ideais naturalistas e métodos impresionistas.[172] Cando lle preguntaron en 1896 se escribiría ou nun unha autobiografía, Crane respondeu: "Non me atrevo a dicir que son honesto. Unicamente digo que son case tan honesto como o permite unha débil maquinaria mental".[173] As semellanzas entre as técnicas estilísticas da escrita de Crane e a pintura impresionista —incluíndo o uso da cor e o chiaroscuro— adoitan citarse para apoiar a teoría de que Crane non só era un impresionista pero que tamén estivo influenciado por ese movemento.[174] H. G. Wells remarcou "a grande influencia do estudio de artista" na obra de Crane, citando unha pasaxe de The Red Badge of Courage coma exemplo:[175]
"Ó anoitecer a columna dividiuse en pezas rexementais, e os fragmentos adentráronse nos campos para acampar. As tendas brotaron coma estrañas plantas. As fogueiras, coma peculiares flores vermellas, salpicaron a noite.... Dende esta pouca distancia os moitos lumes, coas formas negras de homes pasando dun lado ó outro perante os raios carmesí, facían efectos estraños e satánicos."The Red Badge of Courage (Tradución do orixinal)[176]
Malia non existir evidencia directa de que Crane formulase unha teoría precisa do seu traballo, rexeitou de forma vehemente a sentimentalidade, afirmando que "unha historia debería ser lóxica na súa acción e fiel ó personaxe... a verdade da vida mesma foi a única proba, os máis grandes artistas foron os máis sinxelos, e sinxelos porque foron verdadeiros"."[177]
O poeta e biógrafo John Berryman suxeriu que houbo tres variacións básicas, ou "normas", do estilo narrativo de Crane.[178] A primeira, "flexible, lixeira, abrupta e nerviosa", exemplificada en The Red Badge of Courage, mentres que a segunda, "maxestade elástica", relacionaríase a "The Open Boat" e a terceira, "moito máis pechada, circunstancial e normal no sentimento e sintaxe", a obras posteriores coma O monstro.[179] Porén, a obra de Crane non se pode determinar por estilo soamente seguindo unha cronoloxía, xa que a súa ficción non só non ten lugar nunha rexión particular de personaxes semellantes, senón que tamén varía dende o ton serio á escrita informativa e á ficción lixeira.[180] Considérase que a súa escrita, tanto de ficción coma de non ficción, motívase de forma consistente pola inmediatez e ó mesmo tempo é concentrada, vívida e intensa.[181] As súas novelas e relatos curtos conteñen características poéticas coma prosa taquigráfica, suxestionabilidade, cambios de perspectiva e elipses entre frases e dentro delas.[182] Da mesma forma, a omisión xoga un gran papel na súa obra, xa que os nomes dos seus protagonistas non adoitan usarse e en ocasións non se nomean en absoluto.[183]
Os primeiros revisores da súa obra adoitaron criticalo pola frecuente incorporación da linguaxe coloquial nos diálogos, imitando os acentos rexionais dos seus personaxes cunha estilización coloquial.[184] Isto é máis aparente na súa primeira novela, na que Crane ignorou o tratamento romántico e sentimental da ficción de suburbios.[185] No seu lugar concentrouse na crueldade e aspectos sórdidos da pobreza, expresados por medio da insolencia do cru dialecto e obscenidades do Bowery, que utilizou de forma profusa.[186][187]
Temas principais
[editar | editar a fonte]A obra de Crane adoita encamiñarse temáticamente a partir de preocupacións naturalistas e realistas, incluíndo ideais contra realidades, crises espirituais e medo. Para Thomas Gullason, estas temáticas tórnanse particularmente evidentes nas súas primeiras tres novelas, Maggie: A Girl of the Streets, The Red Badge of Courage e George's Mother.[188] Os tres personaxes principais destas procuran unha forma de conseguir facer realidade os seus soños, pero finalmente sofren de crises de identidade.[189] A Crane fascináballe a guerra e a morte, así coma o lume, a desfiguración, o medo e a valentía, cuestións todas elas que lle inspiraron para escribir moitas obras baseadas neses conceptos.[190] En The Red Badge of Courage o personaxe protagonista desexa as heroicidades da batalla pero finalmente témea, demostrando a dicotomía da valentía e da covardía, experimentando a ameaza da morte, da miseria e a perda propia.[191]
O illamento extremo da sociedade e da comunidade tamén é aparente na súa obra. Segundo Robert Shulman, durante as escenas de batalla máis intensas de The Red Badge of Courage, a historia céntrase principalmente "nas respostas internas da falta de consciencia propia dos outros".[192] En "The Open Boat", "An Experiment in Misery" e outras historias Crane utiliza a luz, o movemento e a cor para expresar graos de incerteza epistemolóxica.[193] De forma semellante a outros escritores naturalistas, Crane fai un escrutinio da posición do home, illado non só da sociedade senón tamén de Deus e da natureza. Para Maurice Bassan, "The Open Boat", por exemplo, distánciase do optimismo romántico e da afirmación do lugar do home no mundo concentrándose no illamento dos personaxes.[194]
Os seus coetáneos cualificaron a Stephen Crane de realista, naturalista, impresionista, simbolista, expresionista e ironista.[195] Tralo seu pasamento os críticos lérono coma nihilista, existencialista, neorromántico, sentimentalista, protomodernista, puntillista, visionista, imaxista e, segundo Sorrentino, "naturalista sombrío".[196] Segundo Anthony Splendora, o editor de varias obras de Crane, Daniel Hoffman, cualificouno a mediados de século coma un "prediscípulo do Novo Criticismo", e a finais coma "un heroe proto-deconstrucionista anti-artista" que "saltou o modernismo, aterrando en terreo posmodernista".[195] Pola súa banda, Sergio Perosa escribiu: “O crítico vaga por un labirinto de posibilidades, que cada novo xiro tomado pola ficción de Crane semella explotar ou negar”.[197]
Para Anthony Splendora, un feito innegable sobre a obra de Crane é que "a morte perségueo, coma un ameazante eclipse ensombrece os mellores esforzos, cada un deles incluíndo final sinalado dun personaxe principal".[198] Splendora elaborou que alegoricamente, "The Blue Hotel," para el no pináculo do formato de historia curta, podería ser incluso unha "autotanatografía", a exteriorización ou obxectificación intencional do autor, neste caso co propósito de purga, da súa propia morte inminente. Tamén indicou que a personaxe desa historia pode tomarse, seguindo a teoría psicanalítica, coma un substituto, unha vítima de sacrificio para ser purgada de forma ritual.[198]
Transcendendo esta "escura circunstancia de composición",[199] Crane tiña un obxectivo e impulso particular na súa creación: máis aló das tautoloxías de que toda arte é alteridade e ata certo punto formal mimese, Crane procurou e atopou "unha forma de catarse" na escrita.[200] Esta visión ten en conta a súa unicidade, especialmente operativa por medio do seu "desgusto" notorio coa relixión e crenzas da súa familia.[201] [202] O seu libro favorito, por exemplo, era Life on the Mississippi de Mark Twain, no que só se menciona en dúas ocasións a Deus, unha nunha ironía e outra nun engano.[195] Ademais de desafiar especificamente a Deus, incluso os seus personaxes máis esperanzados, coma por exemplo os sobreviventes de "Open Boat", non mencionan ningunha deidade, especificando tan só unha "natureza indiferente".[203] O seu antiteísmo evidénciase na súa caracterización da raza humana coma "piollos agarrándose a unha lámpada perdida no espazo".[204] Segundo Splendora, é posible que Crane utilizase o espazo físico formal da relixión, dispoñible grazas á "Morte de Deus",[203] coma un contorno para a súa arte.[195]
Novelas
[editar | editar a fonte]Dende a publicación en 1893 de Maggie: A Girl of the Streets, a crítica recoñeceu a Crane principalmente coma novelista. Esta obra foi rexeitada inicialmente por varias editoriais por mor das súas representacións atípicas e realistas da guerra de clases, o que chocaba cos relatos sentimentais da época. En lugar de enfocarse na clase media ou moi alta, os personaxes da novela son os habitantes de clase baixa do Bowery de Nova York.[205] A personaxe principal, Maggie, descende ata a prostitución tras ser levada por mal camiño polo seu amante. Segundo Bettina Knapp, malia que o argumento da novela é sinxelo, o seu ton dramático, ritmo rápido e retrato da vida no Bowery converteuna en memorable.[206] Para ela Maggie non é tan só un reconto da vida nos suburbios, senón que representa símbolos eternos. No seu primeiro bosquexo Crane non lle deu nome ós personaxes, identificándoos no seu lugar por epítetos: Maggie era a moza que "floreceu nunha poza de lama", mentres que o seu amante Pete era un "cabaleiro".[206] A novela está dominada pola ironía ácida e a ira, así coma a moralidade destrutiva e o sentimento de traizón. A crítica chegou a cualificala coma "a primeira flor escura do Naturalismo Americano" polos seus elementos distintivos de ficción naturalista.[207]
Escrita trinta anos trala fin da guerra civil e antes de que Crane tivese ningunha experiencia de batalla,[73] The Red Badge of Courage foi innovadora tanto estilisticamente coma psicoloxicamente. Descrita habitualmente coma unha novela de guerra, céntrase menos na propia batalla e máis na psique do personaxe principal e nas súas reaccións e respostas na guerra.[208] Crese que Crane baseou a batalla ficticia da novela na batalla de Chancellorsville, e que puido ter entrevistado a veteranos do 124ª Rexemento de Infantaría Voluntario de Nova York, coñecido coma os "Orange Blossoms", en Port Jervis.[209] Contada dende un punto de vista limitado en terceira persoa, reflicte a experiencia militar de Henry Fleming, un mozo soldado que foxe do combate. The Red Badge of Courage é notable polas súas vívidas descricións e a súa prosa de boa cadencia, elementos que axudan a crear suspense dentro da historia.[210] De forma semellante, ó substituír os nomes dos personaxes por epítetos ("a xuventude", "o soldado farrapeiro"), Crane introduce unha calidade alegórica na súa obra, conseguindo que os personaxes apunten a unha característica específica do ser humano.[211] Ó igual que a súa primeira novela, The Red Badge of Courage ten un ton profundamente irónico que incrementa a súa severidade segundo avanza a novela. O propio título da obra é irónico: Henry desexa "que el tamén recibise unha ferida, unha insignia vermella de coraxe", facéndose eco do desexo de recibir unha ferida de guerra. Porén, a ferida que recibe (da culata dun rifle dun soldado da Unión que foxe) non é unha insignia de valentía, senón de vergoña.[212]
A novela expresa unha forte conexión entre a humanidade e a natureza, unha preocupación habitual e prominente na ficción e poesía de Crane durante toda a súa carreira. Mentres que outros escritores coetáneos coma Ralph Waldo Emerson, Nathaniel Hawthorne ou Henry David Thoreau centráronse nunha ligazón simpatética entre os dous elementos, Crane escribiu dende a perspectiva de que a consciencia humana distánciase da natureza. En The Red Badge of Courage, esta distancia emparéllase cun gran número de referencias a animais, e a homes con características animalísticas.[213] Dende o rexurdimento da popularidade de Crane nos anos 1920, The Red Badge of Courage considerouse unha das obras principais da literatura estadounidense. Fixéronse numerosas antoloxías da novela, incluíndo unha na colección de 1942 Men at War: The Best War Stories of All Time, editada por Ernest Hemingway. Na súa introdución, Hemingway escribiu que a novela "é un dos mellores libros da nosa literatura, e inclúoo porque é tanto unha obra coma un gran poema".[214]
As novelas posteriores de Crane non recibiron tantas louvanzas da crítica. Tralo éxito de The Red Badge of Courage, Crane escribiu outro relato ambientado no Bowery, George's Mother, unha obra menos alegórica e máis persoal que as dúas previas, centrada no conflito entre unha muller relixiosa e moderada (posiblemente baseada na propia nai de Crane) e o seu único fillo sobrevivente, un soñador inxenuo.[215] A resposta da crítica a esta obra foi mixta. The Third Violet, un romance que escribiu rapidamente trala publicación de The Red Badge of Courage, adoita considerarse coma o seu intento de chegar a audiencia máis popular.[216] Crane considerábaa unha "pequena historia tranquila", e maila que contén detalles autobiográficos, os personaxes considéranse pouco auténticos e estereotipados.[217] A súa penúltima novela, Active Service, ambiéntase na guerra greco-turca de 1897, da que o autor era familiar. Malia destacar pola súa visión satírica das populares obras melodramáticas e pasionais do século XIX, a novela non tivo éxito. A crítica acorda en xeral que a obra de Crane sufriu neste punto por mor da velocidade na que escribía para poder cubrir o seu alto nivel de gastos.[218] A súa última novela, unha obra picaresca de suspense titulada The O'Ruddy, rematouna Robert Barr a título póstumo e publicouse en 1903.[219]
Relatos curtos
[editar | editar a fonte]Crane escribiu diversos tipos de relatos de ficción ós que cualificou de forma indiscriminada de "historias", "contos" e "bosquexos". Por este motivo, a crítica tivo problemas para facer unha clara clasificación da súa obra. Mentres que "The Open Boat" e "The Bride Comes to Yellow Sky" adoitan considerarse relatos curtos, outros identifícanse de diversas formas.[220]
Nunha entrevista con Herbert P. Williams en 1896, un xornalista do Boston Herald, Crane declarou: "Non considero que as historias curtas sexan completamente diferentes en carácter de outras ficcións. Paréceme que as historias curtas son as cousas máis sinxelas que escribimos".[221] Ó longo da súa relativamente curta carreira literaria escribiu máis dun cento de relatos curtos e bosquexos de ficción. As súas primeiras obras baseábanse en excursións campestres dos seus anos de xuventude. Estas historias coñecéronse eventualmente coma The Sullivan County Tales and Sketches.[222] Consideraba estes "bosquexos", na súa maioría humorísticos e considerados dun nivel máis baixo que a súa ficción posterior, coma "artigos de moitos tipos", xa que eran parte de ficción e parte de xornalismo.[223]
A temática destas historias presenta unha gran variación. Os seus primeiros bosquexos sobre Nova York e contos do Bowery describen os resultados da industrialización, inmigración e do crecemento das cidades e os seus suburbios. A colección de seis relatos The Little Regiment tratou o tema familiar da Guerra Civil, tema co que acadou a fama con The Red Badge of Courage.[224] Malia ter semellanzas con esta novela, considerouse que a The Little Regiment faltáballe vigor e orixinalidade. O propio Crane decatouse das limitacións destes relatos e escribiu: "Inventei a suma da miña invención con relación á guerra e esta historia mantenme nunha desesperanza interna".[225]
The Open Boat and Other Tales of Adventure (1898) contén trece relatos curtos que tratan sobre tres períodos da vida de Crane: a súa infancia en Asbury Park, a súa viaxe ó oeste e a México en 1895, e a súa aventura en Cuba no ano 1897.[226] Esta colección obtivo unha boa acollida e incluíu varias das seus relatos considerados de maior éxito.[227][228] O seu relato O monstro, publicado orixinalmente na colección de 1899 The Monster and Other Stories, tivo unha recepción mixta. O escritor e novelista Julian Hawthorne chegou a cualificala de "atrocidade para a arte e a humanidade", mentres que o tamén escritor William Dean Howells considerouna "a mellor historia curta americana".[229]
Publicáronse outras dúas coleccións dos seus relatos a título póstumo. En agosto de 1900 publicouse The Whilomville Stories, unha colección de trece historias que Crane escribira durante o último ano da súa vida. A obra trata principalmente da infancia, e as historias están inspiradas por eventos que tiveron lugar en Port Jervis, onde Crane vivira dende os seis anos ata os once.[230] Centrándose na América das pequenas vilas, estas historias tenden cara ó sentimentalismo, pero manteñen a percepción máis realista das vidas dos nenos neses lugares. Posteriormente en setembro de 1900 publicouse Wounds in the Rain,[231] que contén relatos de ficción baseados nos artigos de Crane escritos para o World e o Journal durante a guerra hispano-estadounidense. Entre estas historias, que Crane escribiu estando xa moi enfermo, inclúense "The Price of the Harness" e "The Lone Charge of William B. Perkins", e son historias dramáticas, irónicas e en ocasións humorísticas.[232]
Malia a súa prolífica produción, só catro historias —"The Open Boat", "The Blue Hotel", "The Bride Comes to Yellow Sky" e O monstro— recibiron unha atención extensiva dos estudosos.[233] H. G. Wells considerou "The Open Boat" coma "sen ningunha dúbida, a coroa de toda a súa obra", sendo unha das obras de Crane máis estudadas e debatidas.[234]
Poesía
[editar | editar a fonte]Moitos diaños vermellos escaparon do meu corazón —Stephen Crane
(Tradución do orixinal)[235] |
Os poemas de Crane, ós que el prefería chamar "liñas", non reciben habitualmente o mesmo nivel de atención escolar que a súa ficción, e non houbo unha antoloxía que contivera a súa poesía ata 1926.[236] Aínda que non se coñece exactamente cando comezou a escribir poesía de forma seria, nunha ocasión afirmou que o seu obxectivo poético xeral era "dar as miñas ideas da vida ó completo, tanto como a coñezo".[237] O estilo poético usado nos seus dous libros de poesía, The Black Riders and Other Lines e War is Kind, foi pouco convencional para o seu tempo xa que estaban escritos en verso libre sen rima, métrica ou incluso títulos para obras individuais. Adoitan ser composicións curtas, e malia que varios poemas, coma por exemplo "Do not weep, maiden, for war is kind", usan estanzas e refráns, a maioría deles non utilizan estes elementos.[238] Crane tamén se diferencia dos seus coetáneos e doutros poetas posteriores en que a súa obra poética contén alegorías, dialéctica e situacións narrativas.[239]
A crítica Ruth Miller afirmou que Crane escribiu "unha poesía intelectual en lugar dunha poesía que evoca sentimento, unha poesía que estimula a mente no lugar de excitar o corazón".[237] Nos poemas de organización máis complexa, o significado dos estados da mente ou dos sentimentos é ambiguo, mais os poemas de Crane tenden a afirmar certas actitudes elementais, crenzas, opinións e posicións sobre Deus, o home e o universo.[237] En particular, The Black Riders é esencialmente un concepto dramático e os poemas fornecen continuidade dentro da estrutura dramática. Inclúe tamén unha interacción dramática na que é habitual unha voz principal que informa dun incidente visto ou experimentado. A segunda voz ou as voces adicionais representan un punto de vista que se revela coma inferior, e cando chocan entre elas emerxe a actitude dominante.[240]
Legado
[editar | editar a fonte]En catro anos Crane publicou cinco novelas, dous volumes de poesía, tres coleccións de relatos curtos, dous libros de historias de guerra e numerosas obras curtas de ficción e artigos.[241] A súa obra máis destacada é principalmente The Red Badge of Courage, considerada un clásico da literatura estadounidense,[242][243] e adaptada en varias ocasións ó cinema, no 1951 nunha versión de John Huston e no 1974 noutra versión dirixida por Lee Phillips.[244][245] No momento da súa morte, Crane convertérase nun dos escritores máis coñecidos da súa xeración. O seu estilo de vida excéntrico, os seus frecuentes artigos nos xornais, a súa asociación con outros autores famosos e o seu estado de expatriado convertérono nunha especie de celebridade internacional.[246] Malia que a maioría de historias sobre a súa vida tenden a amosar unha visión romántica, os rumores sobre o seu suposto uso de drogas e problemas de alcoholismo persistiron durante moito tempo trala súa morte.[247]
A comezos dos anos 1920 Crane e a súa obra quedaran case esquecidos por completo. A audiencia erudita non puxo a súa atención na obra de Crane ata que Thomas Beer publicou a súa biografía en 1923, seguida da obra The Work of Stephen Crane (1925–1927) do editor Wilson Follett.[248] A súa reputación viuse favorecida polo apoio de escritores amigos del coma Joseph Conrad, H. G. Wells e Ford Madox Ford, que ou ben publicaron coleccións da súa obra ou comentaron sobre o tempo que pasaron con Crane. A biografía de 1950 escrita por John Berryman axudou tamén a establecelo coma un dos autores importantes da literatura americana, e dende 1951 houbo unha produción continua de artigos, monografías e reedicións adicados á obra de Crane e ó estudo da mesma.[249]
Crane está considerado un dos escritores máis innovadores dos anos 1890.[250] Os seus coetáneos, incluíndo Conrad e James, así coma escritores posteriores coma Robert Frost, Ezra Pound e Willa Cather, louvaron a Crane coma un dos espíritos creativos de maior claridade do seu tempo.[251] Wells describiu a obra de Crane coma "a primeira expresión da apertura de mente dun novo período, ou, polo menos, a fase empática inicial dunha nova iniciativa".[207] Wells afirmou que "sen lugar a discusión", Crane era "o mellor escritor da nosa xeración, e a súa morte a destempo foi unha perda irrecuperable para a nosa literatura".[252] Conrad escribiu que Crane fora un "artista" e un "visionario cun don para resaltar o importante na superficie das cousas e cun entendemento incomparable das emocións primitivas".[253] A obra de Crane serviu de inspiración para varios escritores posteriores. Ademais de sinalar semellanzas entre The Red Badge of Courage e a obra A Farewell to Arms de Ernest Hemingway,[254] os estudosos da ficción de Crane determinaron que foi unha inspiración importante para Hemingway e outros modernistas.[255] En 1936 Hemingway escribiu en The Green Hills of Africa: "Os bos escritores son Henry James, Stephen Crane e Mark Twain. Esa non é a orde na que son bos. Non hai unha orde para os bos escritores".[256] A poesía de Crane considérase precursora do movemento imaxista,[257] mentres que os relatos "The Open Boat", "The Blue Hotel", O monstro e "The Bride Comes to Yellow Sky" están xeralmente considerados pola crítica coma os exemplos das súas mellores obras.[258]
Varias institucións e lugares levaron a cabo diversas iniciativas para manter o legado de Crane. Badenweiler e a casa na que faleceu convertéronse nunha especie de lugar turístico pola súa asociación co autor. Alexander Woollcott declarou sobre o feito de que, pasado xa tempo trala morte de Crane, os turistas do lugar eran dirixidos cara a habitación na que falecera.[259] A Universidade de Columbia posúe unha colección de correspondencia persoal de Crane e Taylor que data dende o ano 1895 ata 1908,[260] ademais doutros materiais que adquiriu no momento da morte de Cora Taylor. A súa Colección Crane é unha das maiores existentes en relación a material do autor.[261] A universidade organizou unha exhibición titulada The Tall Swift Shadow of a Ship at Night: Stephen and Cora Crane, dende o 2 de novembro de 1995 ata o 16 de febreiro de 1996, retratando a vida da parella e incluíndo correspondencia e outros obxectos e documentos relacionados con eles.[261] Preto do que fora o fogar do seu irmán Edmund, en Sullivan County, onde Crane viviu durante un tempo, hai unha lagoa que leva o seu nome.[262] A casa de Crane en Asbury Park, Nova Jersey, onde o autor viviu cos seus irmáns durante nove anos, opera a modo de museo adicado a súa vida e obra.[263] Pola súa banda, a Universidade de Syracuse celebra unha serie de conferencias anuais sobre Stephen Crane patrocinadas pola Fundación Dikaia.[264]
Lista de obras
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- — (1893). Maggie, unha muller da vida (Maggie: A Girl of the Streets) (en inglés). Nova York.
- — (1895). A insignia vermella do valor: Un episodio da guerra civil (The Red Badge of Courage) (en inglés). Nova York: D. Appleton & Company.[265]
- — (1896). George's Mother (en inglés). Nova York: Edward Arnold.
- — (1897). The Third Violet (en inglés). Nova York: D. Appleton and Company.
- — (1899). Active Service (en inglés). Nova York: Frederick A. Stokes Company.
- —; Barr, Robert (1903). The O'Ruddy (en inglés). Nova York: Frederick A. Stokes Company.
Segundo Wertheim hai fontes que informan que tras un encontro cun prostituto na primavera de 1894, Crane comezou unha novela sobre o tema titulada Flowers of Asphalt. Segundo estas fontes abandonou o proxecto e nunca se recuperou o manuscrito.[266]
Coleccións de relatos curtos
[editar | editar a fonte]- — (1896). The Little Regiment and Other Episodes from the American Civil War (en inglés). Nova York: Appleton.
- — (1898). The Open Boat and Other Tales of Adventure (en inglés). Nova York: Doubleday & McClure.
- — (1899). The Monster and Other Stories (en inglés). (Contén só The Monster, "The Blue Hotel" e "His New Mittens"). Nova York: Harper & Brothers Publishers.
- — (1900). Whilomville Stories (en inglés). Nova York e Londres: Harper.
- — (1900). Wounds in the Rain: War Stories (en inglés). Nova York: Frederick A. Stokes Company.
- — (1901). Great Battles of the World (en inglés). Filadelfia: Lippincott.
- — (1901). The Monster (en inglés). (Contén The Monster, "The Blue Hotel", "His New Mittens", "Twelve O'Clock", "Moonlight on the Snow", "Manacled" e "An Illusion in Red and White"). Londres: Harper.
- — (1902). Last Words (en inglés). Londres.
Coleccións de poesía
[editar | editar a fonte]- — (1895). The Black Riders and Other Lines (en inglés). Boston: Copeland and Day.
- — (1899). War is Kind (en inglés). Nova York: Frederick A. Stokes Company.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Publicado no compilatorio Contos do mar (TrisTram, 1997)
- ↑ Traducida por Laura Sáez e publicada na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.
- ↑ Traducida por Iago Nicolás Ballesteros e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2022.
- ↑ Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1997, Editorial Galaxia e Fundación Caixagalicia.
- ↑ Davis 1998, p. 4.
- ↑ Stallman 1968, p. 1.
- ↑ 7,0 7,1 Davis 1998, p. 10.
- ↑ Littell, John (1851). Family records, or, Genealogies of the first settlers of Passaic Valley and vicinity above Chatham, with their ancestors and descendants as far as can now be ascertained (en inglés). Feltville: D. Felt. pp. 100–101. OL 23359397M.
- ↑ Davis 1998, p. 5.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Wertheim & Sorrentino 1994, p. 1.
- ↑ Stallman 1968, p. 6.
- ↑ Beer 1972, p. 49.
- ↑ Stallman 1968, p. 3.
- ↑ Berryman 1962, p. 10.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 21.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 17.
- ↑ Stallman 1968, p. 7.
- ↑ Davis 1998, pp. 15–16.
- ↑ Wertheim 1997, p. 71.
- ↑ Crane, Stephen (2008). Mellors, Anthony; Robertson, Fiona, eds. The Red Badge of Courage and Other Stories (en inglés). Oxford University Press. p. 247. ISBN 9780199552542.
- ↑ Davis 1998, p. 17.
- ↑ Davis 1998, p. 19.
- ↑ Davis 1998, p. 20.
- ↑ Davis 1998, p. 21.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 Sorrentino 2014, p. 90.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 34.
- ↑ Davis 1998, p. 22.
- ↑ Davis 1998, p. 23.
- ↑ 29,0 29,1 Davis 1998, p. 24.
- ↑ Regan, Robert (1998). "Crane, Stephen (1871–1900)". Encyclopedia of World Biography (en inglés) 4 (2ª ed.). Detroit: Gale Research. OL 694973M.
- ↑ Stallman 1968, p. 19.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 41.
- ↑ Davis 1998, p. 28.
- ↑ Moses, Edwin (2007). "Stephen Crane". En Kellman, Steven G.; Magill, Frank Northen. Magill's Survey of American Literature (en inglés) 2. Salem Press. ISBN 9781587652875.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 44.
- ↑ Stallman 1968, p. 24.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 51.
- ↑ Davis 1998, p. 30.
- ↑ Davis 1998, p. 31.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 56.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 59.
- ↑ Davis 1998, p. 35.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 61.
- ↑ Davis 1998, p. 37.
- ↑ Sorrentino 2006, pp. 34–35.
- ↑ Wertheim 1997, p. 183.
- ↑ Sorrentino 2014, p. 91.
- ↑ Stallman 1968, p. 34.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 359.
- ↑ 50,0 50,1 Davis 1998, p. 42.
- ↑ Berryman 1962, p. 31.
- ↑ 52,0 52,1 52,2 Davis 1998, p. 47.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 74.
- ↑ Wertheim 1997, p. 232.
- ↑ Davis 1998, p. 48.
- ↑ Kwiat 1980, p. 131.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 77.
- ↑ Davis 1998, p. 50.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 79.
- ↑ Kwiat 1980, p. 134.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 81.
- ↑ Davis 1998, pp. 55–56.
- ↑ Wertheim 1997, p. 131.
- ↑ Wertheim 1997, pp. 209–210.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 83.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 84.
- ↑ Wertheim 1997, p. 123.
- ↑ Stallman 1968, p. 70.
- ↑ Davis 1998, p. 63.
- ↑ Linson 1958, p. 37.
- ↑ Davis 1998, p. 64.
- ↑ Crane 1895, p. 1.
- ↑ 73,0 73,1 73,2 73,3 73,4 Sorrentino 2006, p. 11.
- ↑ 74,0 74,1 Davis 1998, p. 65.
- ↑ Davis 1998, p. 74.
- ↑ Davis 1998, p. 82.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 98.
- ↑ Davis 1998, pp. 92–93.
- ↑ Davis 1998, p. 87.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 110.
- ↑ Davis 1998, p. 94.
- ↑ Davis 1998, p. 95.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 117.
- ↑ Davis 1998, p. 99.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 121.
- ↑ Stallman 1968, p. 141.
- ↑ 87,0 87,1 Stallman 1968, p. 144.
- ↑ 88,0 88,1 Wertheim & Sorrentino 1994, p. 132.
- ↑ Davis 1998, p. 119.
- ↑ Davis 1998, p. 120.
- ↑ Wertheim, S. (1976). "Stephen Crane Remembered". Studies in American Fiction (en inglés) (The Johns Hopkins University Press) 4 (1): 45–64. doi:10.1353/saf.1976.0007.
- ↑ Davis 1998, p. 117.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 135.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 134.
- ↑ 95,0 95,1 95,2 Davis 1998, p. 129.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 141.
- ↑ Davis 1998, p. 127.
- ↑ Davis 1998, p. 138.
- ↑ Davis 1998, p. 143.
- ↑ Bloom, Harold (2002). Stephen Crane (en inglés). Nova York: Chelsea House Publishers. p. 13. ISBN 0-7910-6345-3.
- ↑ Benfey 1992, p. 175.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 206.
- ↑ Davis 1998, p. 158.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 208.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 210.
- ↑ Davis 1998, p. 163.
- ↑ Benfey 1992, p. 179.
- ↑ Davis 1998, p. 167.
- ↑ Davis 1998, p. 168.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 222.
- ↑ Benfey 1992, p. 187.
- ↑ Davis 1998, p. 176.
- ↑ Davis 1998, p. 178.
- ↑ Crane, Stephen (1993). The Open Boat and Other Stories (en inglés). Nova York: Courier Dover Publications. p. 57. ISBN 0-486-27547-7.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 232.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 233.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 234.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 236.
- ↑ Davis 1998, p. 186.
- ↑ 120,0 120,1 Davis 1998, p. 187.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 240.
- ↑ Berryman 1962, p. 166.
- ↑ Benfey 1992, p. 202.
- ↑ 124,0 124,1 Davis 1998, p. 200.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 249.
- ↑ Davis 1998, p. 204.
- ↑ Berryman 1962, p. 178.
- ↑ Berryman 1962, p. 184.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 266.
- ↑ Davis 1998, p. 219.
- ↑ Davis 1998, p. 225.
- ↑ Linson 1958, p. 107.
- ↑ 133,0 133,1 Berryman 1962, p. 188.
- ↑ 134,0 134,1 Davis 1998, p. 245.
- ↑ Davis 1998, p. 211.
- ↑ Davis 1998, p. 214.
- ↑ Davis 1998, p. 223.
- ↑ Davis 1998, p. 236.
- ↑ Berryman 1962, p. 205.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 285.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 290.
- ↑ Davis 1998, p. 239.
- ↑ Davis 1998, pp. 241–242.
- ↑ Benfey 1992, p. 240.
- ↑ Davis 1998, p. 273.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 298.
- ↑ Davis 1998, p. 248.
- ↑ Berryman 1962, p. 221.
- ↑ Davis 1998, p. 252.
- ↑ Davis 1998, p. 253.
- ↑ Davis 1998, p. 254.
- ↑ Davis 1998, p. 267.
- ↑ Benfey 1992, p. 251.
- ↑ Davis 1998, p. 270.
- ↑ Davis 1998, p. 282.
- ↑ Davis 1998, p. 288.
- ↑ Crane, Stephen; Wertheim, Stanley; Sorrentino, Paul (1988). The correspondence of Stephen Crane (en inglés) 2. Columbia University Press. p. 406. ISBN 9780231060028.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 361.
- ↑ Davis 1998, p. 292.
- ↑ Benfey 1992, p. 257.
- ↑ Davis 1998, p. 294.
- ↑ Davis 1998, p. 296.
- ↑ Benfey 1992, p. 262.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 408.
- ↑ Benfey 1992, p. 268.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 401.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 428.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 441.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, p. 442.
- ↑ Benfey 1992, p. 271.
- ↑ Mank, Gregory William (2016). Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons (en inglés) (3ª ed.). McFarland. p. 164. ISBN 9781476625997.
- ↑ Nagel 1980, p. 8.
- ↑ Wolford 1989, p. 99.
- ↑ Rogers, Rodney O. (1969). "Stephen Crane and Impressionism". Nineteenth Century Fict (en inglés) 24 (3): 292–304. doi:10.2307/2932859.
- ↑ Wells, H. G. (1900). "Stephen Crane, from an English Standpoint". North American Monthly Review (en inglés) 171: 233–242. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ Crane 1895, Cap. 2.
- ↑ Nagel 1980, p. 18.
- ↑ Bergon 1975, p. 2.
- ↑ Berryman 1962, p. 284.
- ↑ Gibson 1968, p. 146.
- ↑ Bergon 1975, p. 5.
- ↑ Bergon 1975, p. 26.
- ↑ Bloom, Harold (1996). Stephen Crane's The Red Badge of Courage (en inglés). Nova York: Chelsea House Publishers. p. 5. ISBN 978-0-585-25371-8.
- ↑ Bergon 1975, p. 6.
- ↑ Gandal, Keith (1997). The Virtues of the Vicious: Jacob Riis, Stephen Crane and the Spectacle of the Slum (en inglés). Oxford University Press. pp. 39-40. ISBN 9780195354973.
- ↑ Davis 1998, p. 55.
- ↑ Beer 1972, p. 84.
- ↑ Gullason 1961, p. 60.
- ↑ Gullason 1961, p. 61.
- ↑ Davis, Linda H. (1995). "The Red Room: Stephen Crane and Me". The American Scholar (en inglés) 64 (2): 207–220. JSTOR 41212317.
- ↑ Shulman 1978, p. 444.
- ↑ Shulman 1978, p. 442.
- ↑ Shulman 1978, p. 443.
- ↑ Bassan 1967, p. 7.
- ↑ 195,0 195,1 195,2 195,3 Splendora 2015, p. 47.
- ↑ Sorrentino 2014, p. 11.
- ↑ Bassan 1967, p. 80.
- ↑ 198,0 198,1 Splendora, Anthony (2015). "Dead tilt : playing for keeps at "The Blue Hotel," the prize and the price" (PDF). Janus Head (en inglés) 14 (2): 135–157. OCLC 919314566. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Delbanco, Nicholas (2013). The Art of Youth: Crane, Carrington, Gershwin, and the Nature of First Acts (en inglés). HMH/New Harvest. pp. 66-67. ISBN 978-0-544-11446-3.
- ↑ Sorrentino 2014, p. 131.
- ↑ Beer, Thomas (1941). The mauve decade: American life at the end of the nineteenth century (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. p. 139. OL 18818587M.
- ↑ Sorrentino 2014, p. 25.
- ↑ 203,0 203,1 Splendora 2015, p. 46.
- ↑ Nothstein, Todd W. (2008). Long, Kim Martin, ed. "Performance and Perspective on a Space-Lost Bulb: The Value of Impressionism in Stephen Crane’s “The Blue Hotel”" (PDF). EAPSU Online: A Journal of Critical and Creative Work (en inglés) (English Association of Pennsylvania State Universities) 5: 209. ISSN 1548-1964. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2017. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Gibson 1988, p. 2.
- ↑ 206,0 206,1 Knapp 1987, p. 44.
- ↑ 207,0 207,1 Knapp 1987, p. 1.
- ↑ Gibson 1988, p. 3.
- ↑ Sorrentino 2006, p. 59.
- ↑ Knapp 1987, p. 61.
- ↑ Knapp 1987, pp. 62–63.
- ↑ Gibson 1988, p. 42.
- ↑ Gibson 1988, p. 74.
- ↑ Gibson 1988, p. 15.
- ↑ Knapp 1987, p. 86.
- ↑ Gibson 1968, p. 140.
- ↑ Knapp 1987, pp. 99–100.
- ↑ Knapp 1987, p. 119.
- ↑ Gibson 1968, p. 145.
- ↑ Schaefer 1996, p. ix.
- ↑ Wolford 1989, p. 90.
- ↑ Wolford 1989, p. 3.
- ↑ Wolford 1989, p. 5.
- ↑ Wolford 1989, p. x.
- ↑ Knapp 1987, p. 163.
- ↑ Knapp 1987, p. 145.
- ↑ Weatherford 2013, p. 19.
- ↑ Burt, Daniel S. (2004). The Chronology of American Literature: America's Literary Achievements from the Colonial Era to Modern Times (en inglés). Houghton Mifflin Harcourt. p. 294. ISBN 9780618168217.
- ↑ Sorrentino 2006, p. 139.
- ↑ Wertheim & Sorrentino 1994, pp. 13-30.
- ↑ Schaefer 1996, p. 89.
- ↑ Knapp 1987, p. 170.
- ↑ Wolford 1989, p. 115.
- ↑ Schaefer 1996, p. 314.
- ↑ Katz 1972, p. 49.
- ↑ Bassan 1967, p. 64.
- ↑ 237,0 237,1 237,2 Bergon 1975, p. 25.
- ↑ Bassan 1967, p. 62.
- ↑ Bassan 1967, p. 65.
- ↑ Katz 1972, p. xxxv.
- ↑ Davis 1998, p. 332.
- ↑ Thompson, G. R. (2012). Reading the American Novel 1865-1914 (en inglés). John Wiley & Sons. p. 141. ISBN 9780631234067.
- ↑ "A Life of Desperate Resolution". Saturday Review (en inglés) 43 (1). 1960. ISSN 0036-4983.
- ↑ "The Red Badge of Courage (1951)" (en inglés). IMDb. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ "The Red Badge of Courage (1974)" (en inglés). IMDb. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ Weatherford 1997, p. 2.
- ↑ Davis 1998, p. 333.
- ↑ Cazemajou 1969, p. 5.
- ↑ Cazemajou 1969, p. 6.
- ↑ Benfey 1992, p. 3.
- ↑ Knapp 1987, p. 2.
- ↑ Davis 1998, p. 334.
- ↑ Bassan 1967, p. 123.
- ↑ Stallman 1968, p. 176.
- ↑ Robertson, Michael (1997). Stephen Crane, Journalism, and the Making of Modern American Literature (en inglés). Nova York: Columbia University Press. p. 9. ISBN 0-231-10969-5.
- ↑ Gibson 1988, p. 14.
- ↑ Bassan 1967, p. 63.
- ↑ Weatherford 1997, p. 27.
- ↑ Davis 1998, p. 337.
- ↑ "Stephen Crane Papers" (en inglés). Columbia University Rare Book and Manuscript Library. Consultado o 7 de agosto de 2008.
- ↑ 261,0 261,1 "Stephen Crane's Life, Love are Chronicled". Columbia University Record (en inglés) (Universidade de Columbia) 21 (9). 3 de novembro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2014.
- ↑ Stallman 1968, p. 113.
- ↑ "The Crane House" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2008.
- ↑ "Social historian Eric Lott to deliver Stephen Crane lecture Oct 7" (en inglés). Universidade de Syracuse. 22 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ A insignia vermella do valor: Un episodio da guerra civil e Maggie, unha muller da vida foron traducidas por Laura Sáez e están publicadas en BIVIR.
- ↑ Wertheim 1997, p. 110.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Stephen Crane |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bassan, Maurice, ed. (1967). Stephen Crane : a collection of critical essays (en inglés). Nova Jersey: Prentice-Hall. OL 5537761M.
- Beer, Thomas (1972). Stephen Crane: A Study in American Letters (en inglés). Nova York: Knopf. ISBN 0-374-90519-3. OL 5285540M.
- Benfey, Christopher (1992). The Double Life of Stephen Crane (en inglés). Nova York: Knopf. ISBN 0-394-56864-8.
- Bergon, Frank (1975). Stephen Crane's Artistry (en inglés). Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-03905-0.
- Berryman, John (1962). Stephen Crane (en inglés). Meridian Books. ISBN 9781122051644.
- Crane, Stephen (1972). Katz, Joseph, ed. The Complete Poems of Stephen Crane (en inglés). Cornell University Press. ISBN 0-8014-9130-4.
- Cazemajou, Jean (1969). Stephen Crane (en inglés). University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-0526-2.
- Davis, Linda H. (1998). Badge of Courage: The Life of Stephen Crane (en inglés). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-89919-934-8. OL 352384M.
- Gibson, Donald B (1968). The Fiction of Stephen Crane (en inglés). Carbondale: Southern Illinois University Press. OL 5604387M.
- Gibson, Donald B (1988). The Red Badge of Courage: Redefining the Hero (en inglés). Boston: Twayne Publishers. ISBN 0-8057-7961-2.
- Gullason, Thomas A. (1961). "Thematic Patterns in Stephen Crane's Early Novels". Nineteenth Century Fict (en inglés) 16 (1): 59–67. doi:10.2307/2932848.
- Knapp, Bettina L. (1987). Stephen Crane (en inglés). Nova York: Ungar Publishing Co. ISBN 0804424683. OL 2731033M.
- Kwiat, Joseph J. (1980). "Stephen Crane, Literary-Reporter: Commonplace Experience and Artistic Transcendence". Journal of Modern Literature (en inglés) (Indiana University Press) 8 (1): 129–138. JSTOR 3831314.
- Linson, Corwin K. (1958). My Stephen Crane (en inglés). Syracuse University Press. OL 20325403M.
- Nagel, James (1980). Stephen Crane and Literary Impressionism (en inglés). Pennsylvania State University Press. ISBN 0-271-00267-0.
- Schaefer, Michael W. (1996). A Reader's Guide to the Short Stories of Stephen Crane (en inglés). Nova York: G.K. Hall & Co. ISBN 0-8161-7285-4.
- Shulman, Robert (1978). "Community, Perception, and the Development of Stephen Crane: From The Red Badge to "The Open Boat"". American Literature (en inglés) (Duke University Press) 50 (3): 441–460. JSTOR 2925137. doi:10.2307/2925137.
- Sorrentino, Paul (2006). Student Companion to Stephen Crane (en inglés). Westport: Greenwood Press. ISBN 0-313-33104-9.
- Sorrentino, Paul (2014). Stephen Crane: A Life of Fire (en inglés). Harvard University Press. ISBN 9780674049536.
- Splendora, Anthony (2015). "Book Review, "Stephen Crane: A Life of Fire," by Paul Sorrentino". The Humanist (en inglés) 75 (4): 46–47.
- Stallman, R. W. (1968). Stephen Crane: A Biography (en inglés). Nova York: G. Braziller. OL 5608635M.
- Weatherford, Richard M. (1997). Stephen Crane: The Critical Heritage (en inglés). Psychology Press. ISBN 9780415159364.
- Weatherford, Richard M. (2013). Stephen Crane (en inglés). Routledge. ISBN 9781136211744.
- Wertheim, Stanley (1997). A Stephen Crane Encyclopedia (en inglés). Greenwood Publishing Group. ISBN 9780313296925.
- Wertheim, Stanley; Sorrentino, Paul (1994). The Crane Log: A Documentary Life of Stephen Crane, 1871-1900 (en inglés). Nova York: G. K. Hall & Co. ISBN 9780816172924. OL 1401049M.
- Wolford, Chester L. (1989). Stephen Crane: A Study of the Short Fiction (en inglés). Boston: Twayne Publishers. ISBN 0-8057-8315-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Stephen Crane Articles". The Archive of American Journalism (en inglés).
- "The Stephen Crane Society" (en inglés).
- Nados en 1871
- Nados en Newark, Nova Jersey
- Finados en 1900
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Poetas dos Estados Unidos de América
- Poetas en lingua inglesa
- Xornalistas dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade de Syracuse
- Finados por tuberculose
- Estadounidenses de ascendencia inglesa