[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Henry David Thoreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry David Thoreau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Henry Thoreau Editar o valor en Wikidata
12 de xullo de 1817 Editar o valor en Wikidata
Wheeler-Minot Farmhouse (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1862 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Concord (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSleepy Hollow Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónHarvard College
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita, Ética, filosofía política, filosofía social, Filosofía da relixión, naturalismo e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, escritor, abolicionista, naturalista, ecoloxista, tradutor, autobiógrafo, autor de diarios, filósofo, ensaísta, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTranscendentalismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía occidental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Thoreau Editar o valor en Wikidata  e Cynthia Dunbar Editar o valor en Wikidata
IrmánsSophia Thoreau
Helen L. Thoreau
John Thoreau Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1828464 BNE: XX929953 Bitraga: 1114 iTunes: 2038261 Musicbrainz: 47c0ed92-ba15-468c-ae77-4f9426297a82 Discogs: 813281 IMSLP: Category:Thoreau,_Henry_David WikiTree: Thoreau-1 Find a Grave: 1030 Editar o valor en Wikidata


Henry David Thoreau, nado en Concord, Massachusetts, o 12 de xullo de 1817 e finado en Concord o 6 de maio de 1862, foi un escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e mais polo seu tratado Civil disobedience.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lapis. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.

Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.

En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influente en Tolstoi e en Gandhi.

Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen aínda unha forte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadás e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]
  • A Week on the Concord and Merrimac Rivers (1839).
  • Desobediencia civil (Civil disobedience, 1849).
  • Slavery in Massachusetts (1854).
  • Walden (1854).
  • A Plea for Captain John Brown (1860).
  • Camiñando (Walking, 1862)
  • Excursions (1863).
  • Vida sen fundamento (Life Without Principle, 1863)
  • The Maine Woods (1864).
  • Cape Cod (1865).
  • Early Spring in Massachusetts (1881).
  • Summer (1884).
  • Winter (1888).
  • Autumn (1892).
  • Miscellanies (1894).

Publicacións en galego

[editar | editar a fonte]
  • Desobediencia civil e Vida sen fundamentos, edición conxunta de Edicións Positivas (primeira edición, maio de 2002), con tradución a cargo de Pablo Seoane.
  • Camiñando, edición de Axóuxere, de 2012, con tradución a cargo de Elva Souto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]