[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sega (compañía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sega
Logo
Tiponegocio, empresa, desenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Data de fundación3 de xuño de 1960
Nº de empregados5.349 (valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Traballos destacadosThe House of the Dead, Die Hard Arcade, Flashgal, Crazy Taxi, Out Run, Zaxxon, Golden Axe, Alien Storm e Action Fighter
Eventos/ActividadesSega 2011 data breach
Organización matrizSEGA Group Corporation
Organización subsidiariaAtlus, The Creative Assembly, Hardlight, Sega-AM2, Sonic Team, Relic Entertainment, Sega Fave, SEGA of America, SEGA Europe, Sega Wow e Smilebit
SedeShinagawa
PaísXapón
Na rede
https://www.sega.com, https://www.sega.co.jp, http://sega-games.co.jp/ e https://www.sega.co.jp/release/sega-games/index.html
Facebook: sega.jp Twitter: SEGA_OFFICIAL Instagram: segaofficial LinkedIn: sega Youtube: UCVkqs_Q88BDmyaWwjYJ8_Ig Twitch: SEGAofJAPAN Musicbrainz: 78d45bf6-e976-4bff-85c2-6decef23a956 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

SEGA (株式会社セガ) é unha compañía internacional de videoxogos que traballa en software e hardware. Nos principios do ano 2001, Sega deixou de facer videoconsolas, e agora só traballa en xogos doutras consolas e máis en máquinas de salóns recreativos (arcade).

As oficinas principais de SEGA, tamén denominadas as de SEGA of Japan, están sitas en Toquio, Xapón. As oficinas norteamericanas, as de SEGA of America, están localizadas en San Antonio (Texas, EUA). As oficinas europeas, de SEGA of Europe, localízanse en Londres (Inglaterra).

SEGA foi fundada no 1940 co nome de Standard Games en Honolulú (Hawai), por Martin Bromely, Irving Bromberg, e James Humpert. En 1951, Bromely quixo mover a compañía a Toquio (Xapón), e en maio do 1952, Service Games of Japan foi rexistrado.

No 1954, outro estadounidense, David Rosen, namorouse de Toquio e fundou a súa propia compañía, Rosen Enterprises, Inc. no Xapón. A súa compañía empezou a importar xogos de arcade. Rosen Enterprises e Service Games of Japan combináronse en 1965, e formaron SEGA Enterprises. Ao cabo dun ano, o videoxogo Periscope, un simulador, foi lanzado.

No 1969, Gulf and Western Industries compraron Sega Enterprises, e Rosen quedou como CEO da división de Sega. Liderado por Rosen, Sega continuou a crecer. Nos salóns recreativos, Sega foi coñecida polos xogos Frogger e Zaxxon. No 1983, Sega lanzou a súa primeira videoconsola, o SG-1000.

No mesmo ano tivo lugar a crise dos videoxogos de 1983. Con poucos cartos, Gulf & Western vendeu a parte de Sega dos EUA a Bally Manufacturing Corporation. A parte xaponesa de SEGA foi comprada por 38 millóns de dólares por un grupo liderado por Rosen e Hayao Nakayama, un negociante xaponés. Nakayama foi o novo CEO de SEGA no Xapón, e Rosen foi o xefe nos EUA.

No 1984, a compañía xaponesa CSK comprou SEGA, e cambiou o nome a SEGA Enterprises Ltd, con sede no Xapón. No 1986, creouse Sega of America e lanzou o primeiro xogo de Alex Kidd, Alex Kidd in Miracle World.

En 1990 Sega cambiou a unha nova mascota, Sonic the Hedgehog, e empezou a tentar vender xogos a xente máis vella. Combinado co Mega Drive e Genesis, Sega controlaba o 65 % do mercado de videoxogos na América do Norte. Porén, no 1994 o poder de SEGA caeu ao 35 % despois de que Nintendo tivo éxito con xogos para o Super Nintendo Entertainment System, como Donkey Kong Country e Super Metroid.

No 1994, Sega lanzou o Sega Saturn no Xapón e máis na América do Norte no 1995. O Saturn tivo éxito no Xapón, pero fracasou case completamente na América do Norte. Sega lanzou o Sega Dreamcast no Xapón o 27 de novembro de 1998, na América do Norte o 9 de setembro de 1999, e o 14 de outubro de 1999 na Europa. No 2000, Sega Enterprises Ltd trocou o seu nome a Sega Corporation.

No 2001 Sega parou de fabricar a Dreamcast por mor de que a Dreamcast foi superada en vendas pola Playstation 2 e a Sega non podía competir con Sony. O Dreamcast, aínda que non tivo moito éxito, ten moitos fans, especialmente no Xapón.

Do 2001 ata o presente

[editar | editar a fonte]

Dende o 2001, Sega só traballa en xogos de arcade e xogos para videoconsolas doutras compañías. En agosto do 2003, a compañía CSK vendeu 22% de Sega á compañía Sammy. No 2004, Sammy comprou a maioría de Sega Corporation por US$1.1 mil millóns, e formaron a compañía Sega Sammy Holdings.

No 25 de xaneiro de 2005, Sega vendeu Visual Concepts, o cal traballaba en varios xogos de Sega Sports, como os series NFL2K e NBA2K, a Take Two Interactive por US$24 millóns.

No 9 de marzo de 2005, Sega adquiriu Creative Assembly, creador dos xogos Medieval: Total War e Rome: Total War.

Primeiras consolas

[editar | editar a fonte]

A primeira videoconsola da Sega foi o SG-1000, lanzado no Xapón no 1983. O SG-1000 non foi lanzado na América do Norte, pero lanzouse na Australia, en Nova Zelandia, e nalgunhas nacións europeas, como a Italia e máis a España.

No 1984, Sega lanzou o SG-1000 Mark II e unha versión de ordenador, o SC-3000. O SG-1000 e o SG-1000 Mark II tiveron pouco éxito comparado co Famicom de Nintendo.

Master System

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Master System.

Mega Drive/Genesis

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Mega Drive.

Ampliacións:

Artigo principal: Sega CD.
Artigo principal: Sega 32X.
Artigo principal: Sega Saturn.

Dreamcast

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dreamcast.

Portátiles

[editar | editar a fonte]

Sega Game Gear

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sega Game Gear.

Sega Nomad

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sega Nomad.

Sega Mega Jet

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Sega Mega Jet.

Sega inventou moitas series de xogos nos últimos quince anos:

  • Panzer Dragoon - serie de xogos de aventura.
  • serie Phantasy Star - xogos de rol, algúns teñen funcionalidades on-line.
  • Sega Sports - xogos de fútbol americano, baloncesto, hockey sobre xeo, e tenis .
  • Sonic the Hedgehog - serie de xogos de plataformas.
  • Shinobi - serie de xogos de plataformas.
  • Virtua Fighter - serie de xogos de loita.
  • Shining Force - serie de xogos de rol.
  • House of the Dead - serie de xogos de pistolas.
  • Crazy Taxi - serie de xogos de conducir taxis.
  • Football Manager - serie de xogos de xestión de equipos de fútbol.

Estrutura interna

[editar | editar a fonte]

Internamente, a compañía tiña varios equipos de xogos creados nos anos 80, chamados os equipos AM.

Nome orixinal. Nome (despois do 2000). Xogos.
AM1 Wow Entertainment House of the Dead, Sega Bass Fishing, Die Hard Arcade, Dynamite Cop.
AM2 Sega-AM2 Virtua Fighter, Virtua Cop, Daytona USA, Out Run, Shenmue, Space Harrier, After Burner, Ferrari F355 Challenge, Fighting Vipers.
AM3 Hitmaker Crazy Taxi, Virtual On e Virtua Tennis.
AM4 Amusement Vision, Ltd. Super Monkey Ball, Virtua Striker, F-Zero GX/F-Zero AX.
AM5 Sega Rosso Initial D Arcade Stage.
AM6 Smilebit Jet Set Radio, Panzer Dragoon Orta.
AM7 Overworks Streets of Rage, Shinobi, Skies of Arcadia, Phantasy Star.
AM8 Sonic Team Sonic the Hedgehog, NiGHTS Into Dreams, Burning Rangers]], Chu Chu Rocket, Phantasy Star Online, Puyo Pop, Billy Hatcher.
AM9 SEGA United Game Artists Sega Rally Championship, Sega Rally 2, Space Channel 5, Rez.
Digital Media Wave Master Son e música.

Despois do primeiro xogo de Sonic the Hedgehog, Sega AM8 cambiou o seu nome a Sonic Team. No 2003 United Game Artists combinouse con Sonic Team.

Campañas de publicidade

[editar | editar a fonte]

Sega ten unha longa historia de lemas orixinais.

  • Now, there are no limits (Agora non hai límites)
  • Welcome To The Next Level (Benvido ao seguinte nivel)
  • Sega does what Nintendon't. (Sega fai o que Nintendo non fai)
  • The "Sega Scream" (O grito de SEGA)
  • Do me a favor, plug me into a Sega (Faime un favor, conéctame a unha Sega [falado por unha televisión])
  • To be this good takes AGES, to be this good takes SEGA (Para seres tan bo leva moitos anos, para seres tan bo colle unha SEGA)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]