[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nina Hagen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNina Hagen

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Catharina Hagen Editar o valor en Wikidata
11 de marzo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Berlín Leste, República Democrática Alemá Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo e protestantismo Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, presentadora de televisión, actriz de dobraxe, compositora de cancións, actriz de cinema, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock, Neue Deutsche Welle (pt) Traducir e Swing Editar o valor en Wikidata
Influencias
The Tubes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano coloratura Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music
Columbia Records
Mercury Records Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosOtis Hagen, Cosma Shiva Hagen Editar o valor en Wikidata
PaisHans Oliva-Hagen Editar o valor en Wikidata  e Eva-Maria Hagen Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Myggans nöjeslexikon: 8 Hagen–Högl (en) Traducir, (sec:Hagen, Nina, p.9) Editar o valor en Wikidata
Páxina webninahagen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0353431 Allocine: 35582 Allmovie: p268718
BNE: XX1556303 Spotify: 7xZHrltZh8zIRvjimgABvj iTunes: 13501420 Musicbrainz: e4d32f51-bc57-42a4-8165-b80f7a86496d Songkick: 90506 Discogs: 53800 Allmusic: mn0000414016 Deezer: 8299 Genius: Nina-hagen Editar o valor en Wikidata

Catharina "Nina" Hagen, nada en Friedrichshain, Berlín Leste, o 11 de marzo de 1955,[1][2] é unha cantante e actriz alemá, famosa pola súa mestura de estilo punk e canto operístico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Hans Hagen, un guionista de orixe xudía, e de Eva-Maria Hagen, actriz e cantante, naceu en Berlín Leste cando a cidade e a actual Alemaña estaban divididas en dous estados.

Os seus pais divorciáronse cando ela tiña cinco anos. En 1965 ela e máis a súa nai mudáronse a unha vivenda de Friedrichstraße, onde coñeceron a Wolf Biermann, cantautor e artista, residente no mesmo edificio. Eva-María Hagen e Wolf Biermann comezaron unha relación que duraría sete anos, exercendo este último de figura paterna para Nina Hagen. Biermann fora acusado varias veces de contrarrevolucionario na entón República Democrática Alemá, por realizar críticas e burlas contra o réxime.[2]

Nina aprendeu ballet de moi nova e demostrou unha sorprendente aptitude para o canto, sendo considerada unha nena prodixio polas súas interpretacións de ópera. Deixou o colexio cando cursaba o décimo curso e uniuse á banda de versións Fritzens Dampferband.

Carreira musical

[editar | editar a fonte]
Nina Hagen en concerto o ano 2003.

Nina Hagen foi membro da banda Automobil, a cal tivo unha boa aceptación na República Democrática Alemá. Dese tempo é a canción Du hast den Farbfilm vergessen un éxito de vendas que apareceu na televisión da Alemaña do Leste e recentemente foi escollida por Angela Merkel para ser tocada na súa despedida. En 1976 Wolf Biermann, de coñecidas opinións contrarias ao goberno da RDA, foi convidado a presentarse nun espectáculo televisado alén do pano de aceiro. Biermann viaxou á RFA e executou a súa presentación televisiva. Cando as autoridades da RDA se negaron a permitirlle traspasar de volta a fronteira, a súa esposa, Eva-Maria Hagen protestou publicamente por este impedimento. Nina Hagen, xa convertida en estrela musical xuvenil, uniuse á protesta da súa nai e advertiu que seguiría os pasos do seu padrasto no musical e no político, pero dentro da RDA. Ante esta situación, as autoridades xermano-orientais outorgaron o permiso de saída a toda a familia Biermann-Hagen, pero sen opción de retorno.

En 1977 Nina Hagen formou na RFA a banda The Nina Hagen Band coa que un ano despois gravaría o disco homónimo que inclúe temas como "TV-Glotzer (White Punks On Dope)" (unha versión de The Tubes) e "Auf'm Bahnhof Zoo".

Máis tarde, durante unha xira europea, Hagen decidiu deixar a banda, aínda que seguiría cumprindo co contrato ao gravar un segundo álbum en 1979. Unbehagen (que en galego significa «incomodidade» ou «inquietude») foi producido con gravacións que a banda fixera en Berlín e coas partes vocais que Nina gravara en California. Este incluíu o tema "African Reggae" e "Lucky Number", unha versión de Lene Lovich.

Mentres tanto, coma personaxe pública, Nina Hagen foi chamando a atención dos medios. Protagonizou un escándalo durante a súa aparición nun talk show austríaco chamado Club 2, onde ilustrou (de xeito explícito, pero vestida) diferentes posturas de masturbación feminina e mantivo un intenso debate cos outros convidados, en particular con xornalista e escritor Humbert Fink.[3][4]

Tamén participou na película Cha Cha xunto á lenda do rock holandés, Herman Brood e á súa amiga Lene Lovich.

En 1982 Hagen realizou o seu primeiro disco como solista: NunSexMonkRock, unha disonante mestura de punk, funk e ópera. Ese mesmo ano comezou unha xira mundial con No Problem Orchestra.

En 1983 gravou o álbum Angstlos e fixo un pequeno tour europeo. Daquela as aparicións públicas de Nina Hagen facíanse estrañas e era frecuente que nas súas discusións incluísen temas relacionados con Deus, os extraterrestres e coa súa postura social e política. Tamén se declaraba defensora dos dereitos dos animais.

Do álbum Angstlos publicouse unha versión en inglés chamada Fearless (en galego: «Intrépido») que xerou dous dos máximos hits que se escoitaron nas discotecas norteamericanas: "Zarah" (unha versión da canción "Ich weiss, é wird einmal ein Wunder geschehen" de Zarah Leander) e o éxito de opéra/punk/disco, "New York, New York" (que chegou ao top 9 no Billboard). Esta canción é diametralmente oposta ao clásico do mesmo título cantado por Frank Sinatra e Liza Minnelli, e posiblemente por evitar confusións é citada por algunhas fontes como "New York, N.Y.". A cantante era tan célebre nesta época, que en 1985 participou no famoso concerto colectivo Rock in Rio.

Tamén en 1985 a estrela alemá lanzou Nina Hagen In Ekstasy; este álbum non tivo o éxito do anterior aínda que xerou algúns hits como "Universal Radio" e a versión punk de "My Way" (tema popularizado por Frank Sinatra). Dous anos despois, como celebración polos seus 18 anos no punk, gravou Punk Wedding EP. Realizou un novo álbum en 1989 ao que chamou simplemente Nina Hagen, que foi acompañado por outro tour europeo.

Nina Hagen múdouse a París coa súa filla Cosma Shiva, onde viviu toda a década. En 1991, cun novo disco chamado Street, comezou unha nova xira polo vello continente. Un ano despois conduciu un programa televisivo na cadea alemá RTL plus. En 1993 realizou Revolution Ballroom e dous anos máis tarde, integramente en alemán, Freud Euch, gravado en inglés como Beehappy en 1996. Este mesmo ano, Hagen colaborou co produtor de música electrónica Christopher Franke na canción da película Tenchi Muyo! in Love, titulada "Alchemy of Love". Durante esta etapa Hagen mantivo a súa personalidade chocante con vestimentas e coreografías infrecuentes;. Un exemplo foi súa aparición en 1994 interpretando "New York New York" nun programa musical dunha cadea televisiva privada española, cunha blusa de tul que deixaba á vista o seu peito.[5]

En 1998 Hagen conduciu un show semanal de ciencia ficción para a canle British Sci-Fi, e realizou unha nova xira por Alemaña. Ao ano seguinte gravou o álbum Namah Shivay, que foi distribuído exclusivamente en Internet. Ademais cantou "Witness" no álbum Adeus da banda de rock industrial KMFDM.

En 1999 gravou xunto ao Ensemble Modern, Max Raabe e baixo a dirección de HK Gruber, unha aclamada nova versión da Ópera dos Tres Reás (Die Dreigroschenoper), ópera de Bertolt Brecht e Kurt Weill, na cal interpretou o papel de Mrs. Peachum.[6]

No 2000, o seu tema "Schön ist die Welt" foi a canción oficial da Expo 2000. "Der Wind hat mir ein Lied erzählt", outra versión de Zarah Leander, converteríase no seu novo éxito ese mesmo ano. En febreiro de 2001 lanzou o álbum The Return of the Mother, acompañado por unha nova xira no seu país natal. Para este álbum Hagen, que apoia o negacionismo do VIH/SIDA, escribiu a canción "Handgrenade" on the álbum Return of the Mother f para Christine Maggiore.[7][8] Este mesmo ano colaborou con Rosenstolz e Marc Almond no single "Total eclipse/Die schwarze Witwe " que chegou a nñumero 22 nas listas de éxitos de Alemaña.

Ademais, colaborou con outras bandas como OOMPH! no tema "Fieber". Tamén interptetrou temas doutras bandas, como , unha versión da canción "Seemann" da banda alemá Rammstein que realizou con Apocalyptica.

Seguíronlle o LP Big Band Explosion (2003), que inclúe diversas versións co seu home, Lucas Alexander, e Heiß, unha compilación de grandes éxitos. O seguinte foi Journey to the Snow Queen, semellante a un audiolibro no que le o conto A raíña das neves co Crebanoces de Tchaikovsky's de fondo.

Aparicións en televisión e cine

[editar | editar a fonte]

Nina non foi só cantante, tamén apareceu no cine e nun episiodio da serie televisiva "ABC der Liebe", no ano 1979.[9]

Seguiu aparecendo en televisión ao longo da súa carreira, con máis de 15 aparicións até o momento, incluída a súa performance na película 7 Zwerge no ano 2006.[10] Nos anos posteriores tamén realizou performances como a voz dalgúns personaxes en películas de animación. Hagen deu voz á personaxe de Sally na dobraxe ao alemán de The Nightmare Before Christmas, película de Tim Burton.

Como actriz saíu nun polémico anuncio de protesta do PETA en 2009 xunto con Pamela Anderson, en contra do uso das peles animais en xeral, e nos avións en particular.[11]

En outubro de 2007 Nina Hagen protagonizou outro polémico incidente no programa Menschen bei Maischberger. Neste programa que tiña como tema "OVNIS, anxos, alieníxenas, non estamos sós?, Hagen empatizou coas persoas abducidas por aliens, falou dunha "influencia satánica " no mundo e entrou nunha intensa discusión co físico e xornalista científico Joachim Bublath.[12]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ten unha filla, nada en 1981, Cosma Shiva, produto da relación co guitarrista holandés Ferdinand Karmelk, morto en 1988.[1][2]

En 1989 mantivo unha relación co francés Frank Chevalier, froito da cal naceu o seu fillo Otis.[1] Entre 1996 e 2000 estivo casada con David Lynn. En xaneiro de 2004 casou co cantante dinamarqués Lucas Alexander Breinholm, do que se separou un ano despois.[13]

Hagen é vexetariana dende 1982[14] Foi bautizada en Schüttorf no ano 2009 polo pastor Karl-Wilhelm ter Horst da igrexa evanxélica.reformada.[15]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Nina Hagen Band (1978)
  • Unbehagen (1979)
  • Cha-Cha (banda sonora da película, con Herman Brood, Lene Lovich; 1979)
  • NunSexMonkRock (1982)
  • Angstlos (1983), regravado en inglés como Fearless (1984)
  • In Ekstase (1985), regravado en inglés como In Ekstasy (1985)
  • Punk Wedding EP (1987)
  • Nina Hagen (1989)
  • Street (1991)
  • Du hast dean Farbfilm vergessen from the Rock aus Deutschland series, compilación dos singles previos a Nina Hagen Band (1992)
  • Revolution Ballroom (1993)
  • Freud Euch (1995), regravado en inglés como Beehappy (1996)
  • Om Namah Shivay (1999)
  • Return of the Mother (2000)
  • Big Band Explosion (2003)
  • Irgendwo auf der Welt (2006)
  • Persoal Jesus (2010)
  • Volksbeat (2011)
  1. 1,0 1,1 1,2 "Punklady Nina Hagen wird 50". 7 de marzo de 2005. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nina Hagen Archiv". www.einfach-nina.de. Consultado o 2019-07-01. 
  3. "Nina Hagen on Club 2". Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  4. "Nina Hagen über ihren Club 2 Auftritt". Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  5. "Nina Hagen "New York" in Spain.-1994". You Tube. 3 de xuño de 2011. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  6. "Ensemble Modern - Mediathek - Texte - Unhinterfragt gute Laune verbreiten". www.ensemble-modern.com. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  7. "Aids 'denialism' gathers strange bedfellows". canada.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  8. "The HIV Disbelievers". Newsweek. Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  9. "ABC der Liebe (serie de TV 1974- )". 
  10. "Nina Hagen en Internet Movie Database". 
  11. Nina Hagen & Pamela Anderson in PETA Add 2009. 22 de abril 2016. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  12. Nina Hagen vertreibt Joachim Bublath. 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 1 de xullo de 2019-. 
  13. "Nina Hagen: Liebes-Aus mit River". BUNTE.de (en alemán). 23 de marzo de 2010. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  14. Biografía en dieterwunderlich.de(en alemán)
  15. "Mit 54 Jahren: Nina Hagen lässt sich taufen". Spiegel Online (en alemán). 147 de agosto de 2009. Consultado o 1 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]