[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Swing (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benny Goodman, un dos primeiros músicos de swing en acadar sona internacional.

O swing é unha interpretación do pulso no que a duración dos tempos difire en función de se son fortes ou débiles. Duke Ellington dixo del que It doesn't mean a thing if it ain't got that swing ("Non vale nada se non ten ese swing").

Características

[editar | editar a fonte]

O swing é unha forma de tocar jazz (para moitos a única), que apareceu a mediados dos anos vinte e consiste en leves alteracións do beat que fan que o ritmo, no canto de ser cadrado e sólido se "abanee". Así, nun tema en 4/4 un músico clásico ou tradicional acentuará no primeiro e terceiro tempo e se o tema é sincopado no segundo e no cuarto, pero se o músico ten swing acentuará un pouco antes ou despois do tempo e fará que o ritmo teña "swing".

A fusión da forma de tocar swing co Jazz de Big Band deu lugar á música que arrasou os Estados Unidos nos anos trinta, os mozos acudían en tropel aos salóns de baile a danzaren ao ritmo das súas orquestras favoritas e acudían como auténticos hooligans a apoialas nas guerras de bandas.

Grandes bandas e músicos de swing

[editar | editar a fonte]
  • Duke Ellington
  • Count Basie
  • Fletcher Henderson
  • Jimmie Lunceford
  • Bennie Goodman
  • Glenn Miller
  • Artie Shaw